Actualidade

Instalar Linux nun sistema Windows

Un dos principais problemas que se prantexa o usuario de Windows que pretende instalar GNU/Linux no seu PC é como facer as particións necesarias no disco duro sen estragar o Windows, dispoñendo así dun sistema con arranque dual Windows/Linux.

Nestes 4 vídeos en linux.com explican paso a paso e moi polo miúdo como facer estas particións utilizando o LiveCD do Gnome Partition Editor

En Francia deseñan un robot humanoide baseado en GNU/Linux

A empresa  Aldebaran Robotics , con sede en París, espera vender a principios do 2007 o seu primeiro robot para servizo doméstico, que operará baixo o sistema operativo GNU/Linux.

O principal obxectivo desta empresa é crear “androides” autónomos, robustos e de fácil programación. Este produto, coñecido como “Nao”, “competirá con outros modelos en termos de funcionalidade” segundo afirma a compañía.

A cidade de Groningen migra a OpenOffice

OpenOffice logoAs autoridades de Gronigen, cidade Holandesa, decidiron non renovar o seu contrato con Microsoft para o uso da suite ofimática MS Office. En troques, van optar polo uso de OpenOffice coma suite ofimática xa que esta permite traballar co formato ‘OpenDocument’, o que lle está facendo gañar moito peso no seu uso nas administracións públicas debido á súa natureza OpenSource e ao uso de estándares.

Xornadas de Novas Tecnoloxías no Concello de Rianxo para o mes de Agosto

Os luns e mércores do mes de agosto, ao serán, celebraranse a partires das 21:15 unha serie de relatorios-conferencia no Salón de Actos da Casa de Cultura de [[Rianxo]].

Son relatorios básicos, dirixidos ao público en xeral; é dicir, non fai falla ter coñecemento algún, e que axudarán a entender un pouco en que consiste o Software Libre, coñecer alternativas aos programas máis usados…

IV Xornadas de introdución ao Software Libre organizadas por Inestable

Logo Inestable O grupo de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable, organiza unhas xornadas de introdución ao Software Libre. O acceso ás mesmas é gratuíto. As datas de celebración son o 28 e 29 de xullo. Entre os temas que se tratarán hai unha introdución ao paquete ofimático OpenOffice.org, os escritorios de GNU/Linux e unha introdución ás licenzas. Os contidos son todos divulgativos. Máis información na súa Web.

O proxecto PISTA-local súmase á Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre

O pasado 19 de xullo o coordinador da Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre, Marcelo Branco, reuniuse con Tricas Lamana, responsable do proxecto PISTA-local. A xuntanza tivo como resultado a apertura dunha colaboración permanente entre os dous proxectos. Participaron tamén na reunión, que aconteceu na sede do Concello de Lleida, o Sr. Josep Clotet, Xerente  do Institut Municipal d’Informàtica (IMI) do Concello de Lleida e Andreu Ibàñez da asociación Hispalinux.

Innovación e Industria saca a concurso a creación dun portal de servizos para a PEME

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai proceder á contratación de servizos para a creación e posta en marcha dun portal de servizos avanzados de información e promoción para as PEMES. No prego de condicións técnicas do concurso especifícase que o software de base será:

1. Sistema operativo Linux.
2. Xestor de bases de datos PostgreSQL.
3. Servidor web Apache.
4. Servidor de correo Postfix + Courier-IMAP con SASL + OpenSSL.

Pin It on Pinterest