Actualidade

A Corte de Casación francesa estrea sitio web baseado en Open Source

A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo “website” baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. …

Kewl plataforma educativa baixo Software Libre

Kewl é unha plataforma colaborativa orientada á comunidade educativa. Foi desenvolvida en Sudáfrica e conta con moitas implantacións no mundo da ensinanza, sendo un dos principais motores nalgúns organismos educativos coma no caso de Alemaña.

Esta baseada en PHP e foi desenvolvida por African Virtual Open Initiatives and Resources na University of the Western Cape en Sudáfrica.

Hardware Libre: S1 Core

Simply RISC, un grupo de enxeñeiros de Catania (Italia) e Bristol (UK), acaban de liberar o deseño dun procesador de 64 bits, chamado S1 Core. O deseño está baseado no microprocesador OpenSPARC T1 que liberara Sun hai uns meses, tamén con licenza GPL, e que é empregado en dispositivos como PDA e cámaras dixitais.

Concurso de cliparts e modelos para OpenOffice.org

OpenOffice.org Document Project convoca en colaboración con Wordlabel.com un concurso para elixir cliparts e modelos (templates) para OpenOffice.org. Os gañadores poderán recibir premios en metálico e a posibilidade de que os seus traballos sexan engadidos a esta suite informática. O prazo de presentación remata o día 13 de outubro ás 18 horas (hora galega).

Versión 2.6.18 do kernel Linux

Acábase de anunciar a aparición da versión 2.6.18 do kernel Linux. Entre as novidades destacan un soporte de herdanza de prioridades no espazo do usuario, unha ferramenta de depuración que valida “bloqueos”, unha nova política de aforro de enerxía en sistemas multicore, SMPnice, melloras á infraestrutura SATA, migración de páxinas sen swap e un novo control de acceso dos paquetes para SELinux chamado “semarck”.

Máis información: LinuxChanges.  

Pin It on Pinterest