Actualidade

Finalmente MsOffice poderá traballar co formato OpenDocument

Finalmente, Microsoft cedeu á presión de varios grupos, incluíndo algúns gobernos, entre os que se atopa o propio Goberno dos Estados Unidos, e vén de anunciar que ofrecerán un novo software de código aberto, que permitirá que as aplicacións da súa suite ofimática ‘MS Office’ poidan traballar con documentos elaborados co formato OpenDocument.

Os portátiles Lenovo sairán de fábrica con GNU/Linux

Despois de varios anos, unha distribución GNU/Linux vai vir instalada nos portátiles dunha das maiores compañías do mundo, Lenovo.

O 4 de agosto atopamos cunha nova do Grupo Lenovo, a compañía que comprou a división de Ordenadores persoais de IBM, fixo unha aposta por SLED 10 (SUSE Linux Enterprise Desktop) de Novell Inc. e será instalado nos novos ThinkPad T60p.

Corrección na versión 2.0.3 do OpenOffice en galego para GNU/Linux

Acabamos de corrixir algúns erros de tradución detectados na compilación 2.0.3 do OpenOffice para GNU/Linux que publicamos o mes pasado. Por iso presentamos unha corrección a esta versión .

Ademais deste problema detectado, tamén incluímos o dicionario en castelán dentro dos dicionarios instalados por defecto, como algúns de vós suxerístedes.

Esta versión segue sendo a 2.0.3, pero ca interface, axuda e dicionario instalados e configurados por defecto en galego.

Para instalar esta versión… 

OSGeo nomea a Mapbender como portal oficial

A Open Source Geospatial Foundation (OSGeo) anunciou a semana pasada que Mapbender, un portal baseado no software de desenvolvemento e mantemento de geodatos e baseado nos estándares da Open Geospatial Consortium (OGC), sexa o primeiro produto oficial soportado por OSGeo.
Mapbender é unha plataforma cliente-servidor usando os servizos de mapas Web. Está desenvolvido en PHP e JavaScript.
 

Informe sobre o Software Libre en Catalunya e en España

No mes de xullo presentouse o informe de investigación “O software libre en Catalunya e en España” realizado pola UOC (Universitat Oberta de Catalunya) que trata de dar unha versión global sobre o uso do Software Libre na administración, no ámbito empresarial e no tecido asociativo.

Este informe, escrito en castelán, está dispoñible na páxina web: portal.uoc 

Pin It on Pinterest