Actualidade

Primeiras datas para a liberación de Java por Sun.

Hai xa algúns meses que Sun anunciou que ía liberar Java, pero sen precisar a data nen a forma de liberación. Laurie Tolson, vicepresidente e desenvolvedor de produtos e programas vén de anunciar que antes do remate do ano 2006, Sun liberará o compilador JavaC e a máquina virtual Hotspot, dous elementos clave para executar programas escritos na linguaxe Java.

Anuncio dun teléfono móbil aberto baseado en Linux.

Trolltech, compañía desenvolvedora de ferramentas e aplicacións Linux para teléfonos e outros dispositivos móbiles presentará un móbil aberto baseado en Linux en setembro, co nome de “Greenphone”.

O Greenphone é un móbil GSM/GPRS que permite aos usuarios modificar o firmware do teléfono, baseado en Linux, a través dun porto mini-USB. O teléfono non estará dispoñible para mercalo só, senón como parte dun kit de desenvolvemento. O kit ofrecerase baixo licenzas open source a desenvolvedores, institucións educativas, vendedores de software e a deseñadores e creadores de teléfonos.

"Bancos de tempo" e Software Libre

Dende a web do concello de San Javier (Murcia) podemos atopar unha ferramenta libre, chamada  Cyclos, para a creación e xestión de “bancos de tempo”.
 
Os “bancos de tempo” son unha peza esencial para a reconstrucción das comunidades e promove que a xente se convirta en verdadeiros cidadáns activos ao intercambiar os servizos que eles mesmos poidan ofrecer. Usa o tempo como moeda de intercambio, e todas as actividades se valoran da mesma maneira…

Intel lanza drivers open source para a familia de chipsets gráficos i965

O grupo adicado a gráficos do centro de tecnoloxías open source de [[Intel]] vén de anunciar a dispoñibilidade de drivers libres para o controlador gráfico da familia Intel® 965 Express. Estes drivers inclúen soporte para gráficos 2D e 3D. 

A páxina web do proxecto é: http://IntelLinuxGraphics.org .

Nova listaxe de empresas de Software Libre no "Libro Blanco"

Libro Blanco A Web do “Libro Blanco del Software Libre” acaba de publicar unha nova listaxe de empresas, a nivel estatal, que teñen o Software Libre na súa liña de negocio. Dende a súa páxina pódese acceder a un formulario que permite filtrar e ordenar por localidade, autonomía, ámbito de operación, nome, etc. Tamén é posible rexistrar empresas de forma anónima e obter as empresas vía RSS (todas), coas súas actualizacións.
 
Fonte.- Libro Blanco  

Dispoñible a primeira versión de Freespire

Linspire segue o camiño marcado no seu día por [[Red Hat]] con Fedora e seguido con SuSE e a súa OpenSuSE: crear unha versión gratuita da súa distribución que poida ser descargada desde Internet e baseada en software 100% aberto.

Nace así Freespire, que é unha das distribucións [[GNU/Linux]] máis orientadas ao usuario final, e para que con ela poida substituir ao Windows, xa que reproduce ficheiros de Windows Media, [[MP3]] ou QuickTime entre outros, e gráficamente ten un gran parecido co sistema operativo de Microsoft…

Premio polo avance do Software Libre da Free Software Foundation

FSFA Free Software Foundation ([[FSF]]) e o proxecto [[GNU]] anunciaron a petición de nominacións para o premio anual polo avance do Software Libre.

Este premio anual entrégaselle á persoa que fixo a maior aportación ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes ao espírito do Software Libre…

Pin It on Pinterest