Actualidade

Dispoñible o último corrector de galego na web oficial do OpenOffice.org

Acabamos de subir o último corrector de galego do OpenOffice.org (presentado o 27 de setembro) á web oficial dos correctores do OpenOffice.org para poder instalar o dicionario usando o asistente de instalación do OpenOffice.org.
 
As instrucións para instalar o dicionario usando o asistente son as seguintes:

Porriño acollerá o maior evento de software libre de Galicia

O Pavillón de Porriño acollerá do 12 ao 15 de outubro a Linux Party 2006. Neste evento participarán preto de 500 persoas.

A organización da mesma corre a cargo de GALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, en colaboración co Concello de Porriño e AGNIX.

O prazo de inscricións está aberto e os interesados poden inscribirse a través da páxina www.galpon.org, onde tamén se pode obter ampla información das actividades que se van realizar…

Publicado o libro "Copyleft. Manual de uso" pola editorial Traficantes de Sueños

A Editorial Traficantes de sueños vén de anunciar a publicación do libro “Copyleft. Manual de uso” baixo unha licenza [[Creative Commons]].
O libro está escrito por varios autores e pretende ser unha ferramenta práctica para que as persoas que traballan nos distintos eidos da creación poidan ter unhas referencias mínimas para entender a cultura libre e o mundo [[copyleft]].

Os expertos confían no Software Libre coma principal ferramenta para a normalización lingüística

O taller de localización de software Producir, espallar, localizar… software en galego, organizado polo Concello de Santiago coa colaboración de Mancomun.org, serviu para que expertos en lingua, informática e educación debatesen sobre a normalización lingüística no eido das novas tecnoloxías. Os relatores e participantes salientaron o Software Libre coma a mellor ferramenta para integrar as linguas minorizadas na Sociedade da Información.

Software Libre no gremio artístico

Segundo o estudo feito pola firma IDC sobre o uso das ferramentas de programación dos desenvolvedores de software, o 71% dos 5000 enquisados din que usan ferramentas de Software Libre para os seus proxectos e a metade destes contesta que estas creacións fixeron medrar ás empresas nas que traballan.

Pero lonxe de toda realidade do Software Libre no campo do desenvolvemento de software está o sector dos deseñadores e en xeral o gremio de artistas gráficos resistentes a colaborar coa comunidade, aínda que haxa licenzas libres que protexan os seus traballos.

Novo intento de legalizar as patentes de software a través do poder xudicial

Os defensores das patentes de software volven á carga e tentarán esta vez a súa lexitimación a través do poder xudicial. O próximo día 12 de outubro terá lugar unha votación no Parlamento Europeo na que se decidirá a creación dun Tribunal Europeo de Patentes. Este tribunal resolvería os litixios sobre patentes e podería darlles validez a través de litixios xudiciais, tal como acontece agora en Estados Unidos.

Jordi Màs presenta o seu libro en Santiago

O coordinador xeral de Sofcatalá e experto en Software Libre Jordi Màs presentou onte en Santiago o seu libro Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto. No acto explicou o contido do libro que ten un afán divulgativo e que pretende facer un percorrido xeral sobre os aspectos máis importantes do Software Libre: a súa historia, vantaxes e ameazas, marco xurídico, produción, principais proxectos libres, oportunidades de negocio e a súa importancia para a administración e os gobernos.

Pin It on Pinterest