Actualidade

Traducida ao galego a última versión do BrazilFW

Novamente, o profesor Manuel González Regal do I.E.S. Xulián Magariños (Negreira), vén de facer outra aportación á comunidade: a tradución da última versión do BrazilFW, un Firewall/router baseado en Linux que pode executarse en PC antigos e colle nun disquete de 1,44 MBytes. Tanto a versión estable (BrazilFW 2.28) como a última versión en probas BrazilFW (2.29-4) foron remitidas ao proxecto BrazilFW para incluílas nas versións oficiais, pero xa poden descargarse dende a sección do BrazilFW no MAGASI en liña.

Dispoñible a nova versión do amsn

 Un dos primeiros programas de mensaxería instantánea para contornas GNU/Linux foi o Alvaro’s Messenger, nome orixinal do amsn. Este programa é moi popular xa que ten unha interface moi similar ao coñecido msn.

Este novo lanzamento do amsn 0.96 arranxa moitos do erros da anterior versión pero incorpora, unha grande compatibilidade coa nova rede dos usuarios de Live Messenger soportando o novo protocolo MSNP12.

O III "Libro blanco del Software Libre" incluirá resultados dunha enquisa a empresas usuarias de SL

http://www.mancomun.org/images/stories/libroblanquito.jpg O “Libro branco del Software Libre” é un proxecto independente que analiza a implantación en España do Software Libre. Nesta, que será a súa III edición (I edición, II edición), contará coa colaboración de empresas como IBM, Sun, Red Hat, Novell, Bull, Open Bravo, Ferca Networks, etc así como institucións como Rede.es e a Junta de Extremadura xunto con outras institucións e autores…

Dispoñible o CD versión 1.0 da Wikipedia

http://www.mancomun.org/images/stories/images.pngEstá dispoñible para a descarga a versión 1.0 dunha recompilación de artigos da Wikipedia en formato CD.

Esta versión foi deseñada polo proxecto SOS Children que recolectou máis de 8000 imaxes e 4000 páxinas de texto da Wikipedia (da versión inglesa), sobre temas tales como lugares, plantas e animais, ciencia, … pero nos cales a información dos artigos está orientada cara aos nenos…

Tres artigos de interese sobre tradución de software

A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito.

Os artigos levan por nome  Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo.   

A comisión europea segue a promover o Software Libre

 A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).

Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.

NTeam, a alternativa en Software Libre a Visual Studio Team System

Alan Stevens, Jason Benthley xunto cun equipo de 33 programadores e xestores de proxectos, comezaron a planificación dun sistema en Software Libre como alternativa a Microsoft Visual Studio Team System.

O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)…

Segue en directo as xornadas do Porriño a través do Streaming

Podes seguir en directo o transcorrer das Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre que organizan AGNIX e o Concello do Porriño. Se queres ver a retransmisión a través de GNU/Linux fai click aquí. Se empregas Windows ou Mac fai click aquí.

A organización destas xornadas ofrece a posibilidade aos que non se podan desprazar ao Porriño de seguir as diferentes charlas a través deste servizo de streaming desenvolvido por N-Video , empresa porriñesa que emprega e ofrece Software Libre.  

 

http://www.mancomun.org/images//banner_porrinho.gif

Pin It on Pinterest