Actualidade

Un total de 581 resultado(s) para Educación

As universidades da rexión alemana de Renania do Norte-Westfalia pásanse a Linux

O goberno da rexión alemana de Renania do Norte-Westfalia vén de chegar a un acordo con Novell para instalar as súas distribucións de GNU/Linux en 33 universidades do seu territorio. Deste xeito un 40% dos universitarios alemáns, máis de 800.000 estudantes, das rexións de Renania, Baviera e Turinxia terán acceso a este sistema operativo baixo o soporte de Novell. 

SIESSTA: Software para a xestión dunha aula

SIESTTA é unha aplicación que permite xestionar vía web toda a información xerada durante o proceso educativo, dentro e fóra da aula. Trátase dun software creado por docentes para docentes. Distribúese cunha licenza GPL e polo momento está en versión BETA.
Mediante esta aplicación, o docente terá un acceso rápido e sinxelo a todos os datos dos seus alumnos así como a posibilidade de xerar informes actualizados.
En breve estará dispoñible para a súa descarga a última versión que inclúe moitas melloras, como o módulo de comunicación coas familias, mediante o que estas poderán estar ao día da información que lles interesa sobre os seus fillos tanto por vía web como mediante documentos escritos.

O 75% dos artígos da enciclopedia Encarta de Microsoft xa existen na Wikipedia

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_wiki.pngA Wikipedia española recorta terreo ás enciclopedias tradicionais. Nun estudo pormenorizado dos artigos existentes en ámbalas dúas enciclopedias para cada área do saber, comprobouse que a Wikipedia en español ofrece alternativas libres para o 75% dos artigos existentes na enciclopedia Encarta de Microsoft. Ademais a Wikipedia española contén un total duns 268.000 artigos e a Encarta de Microsoft só ten uns 42.000 artigos.

Con respecto á Wikipedia galega, fai pouco celebramos que xa alcanzara os 25.000 artigos e actualmente ten 26.479, colocándose no posto número 39 no ranking por artigos das wikipedias

OpenCD e OpenEducationCD, recompilacións de Software Libre

OpenCD é unha gran colección de Software Libre e tamén gratuíto, exclusivamente para Windows e que cubre as necesidades máis habituais dun usuario medio, tales como procesador de textos, presentación, correo electrónico, navegación, deseño web e edición de imaxes.  A versión actual do CD é a 07.04 e na súa páxina web tamén podemos atopar a listaxe de programas incluídos.

Ao abeiro desta iniciativa tamén xurdiu OpenEducationCD, que tamén contén Software Libre e gratuíto orientado para estudantes de todas as idades para asistilos no seu aprendizaxe. O software incluído foi seleccionado especialmente por mestres polo seu uso educativo…

Google Code para o ensino

http://www.mancomun.org/images/stories/google_code.gifGoogle Code é o repositorio ou espazo onde Google comparte con todos os usuarios parte do código de programación que utiliza nas súas propias aplicacións. Este código ofrécese con licenza libre.

Dentro de Google Code temos a sección “Google Code for Educators“, onde podemos atopar materiais e recursos educativos para mestres de informática para que poidan mellorar os seus temarios coas máis recentes tecnoloxías.

Na páxina tamén temos unha sección de titoriais que poden servir para ensinar ao alumno os conceptos básicos dunha tecnoloxía por si necesita darlle un repaso. Na área “Sample Course Content” …

Universidade, Software Libre e Innovación

Un grupo de expertos participantes nas xornadas estatais “e-Verano.org. Una mirada a la sociedad libre” aseguran que o Software Libre é a asignatura pendente da universidade. A Formación Profesional (FP), con todo, progresa adecuadamente.
 
Rafael Rodríguez, da oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz, sinalou, xunto con outros expertos da mesa “Universidade, Software Libre e Innovación”, que a FP está máis preparada fronte ao Software Libre, principalmente pola maior sensibilización do profesorado destes niveis formativos, fronte aos catedráticos e profesores das distintas facultades.
 

O Cefore de Santiago organiza un curso para afondar no uso de Software Libre nas redes de usuario

O Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela organizou no mes de xullo un curso titulado Deseño, implantación e configuración de dominios Linux para ensinar aos docentes de ciclos de formación profesional a empregar o Software Libre tanto como usuarios como a xestionar redes baseadas en sistemas libres nos seus centros. O curso foi impartido polos profesores de informática Carlos Carrión, profesor do I.E.S. San Clemente de Santiago de Compostela, e Antonio de Andrés, profesor do I.E.S. Pazo de Mercé onde se imparten os ciclos formativos de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Curso do Cefore de Santiago
Sesión do curso celebrado no I.E.S. San Clemente
 

Segue aberto o prazo para o Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre

Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org.  Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto.  En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.

Convocados os Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007

Hoxe saíu publicada no DOG a convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 
As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.
 

Obradoiro de iniciación a Internet con Mozilla Firefox en Xermade

FirefoxA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza no concello lugués de Xermade un obradoiro de iniciación a internet a través de Mozilla Firefox. Este curso tratará sobre as funcionalidades básicas do navegador, ou o emprego de extensións e complementos e remata o próximo mércores. Está previsto a realización dun novo curso na última semana de xuño dividido en catro sesións diarias de 16:30 a 18:30 de luns a xoves. Para máis información podedes contactar coa persoa encargada do curso.
Pax. 54 de 59« Primeiro...102030...5253545556...Último »

Pin It on Pinterest