Actualidade

Lanzado EuroGest 8.0

GTSolutions ven de anunciar na súa páxina web, unha nova actualización do seu produto estrela EuroGes v8.0 baixo [[GPL]].
EuroGest v8.0 é unha solución de xestión empresarial que é o resultado da fusión do anterior EuroGes v7.0 con EuroRest (programa para restaurantes con control de pantalla táctil).

UE: Novo estudo sobre o impacto do Software Libre na Administración pública

A Unión Europea está realizando un estudo sobre o Software Libre no sector público. Xa existen varios traballos demostrando vantaxes e desafíos aínda existentes para a utilización de tecnoloxías libres na administración pública. Este novo estudo estará accesible a través do portal “Public sector & Open Source ” e os resultados serán presentados en novembro deste ano nun seminario en Bruxelas.

Máis información: http://www.publicsectoross.info/  

Novas versións de Drupal

drupal logo Acaban de saír as novas versións de Drupal. Drupal 4.6.8 e Drupal 4.7.2 están dispoñibles para descarga. Estas versións son de mantemento e solucionan varios problemas reportados mediante o sistema de xestión de bugs, ademais de 2 erros de seguridade. Actualización recomendada.

Asemade, dicir que tamén acaba de saír o Drupal E-Commerce 4.7, un proxecto de Drupal que contén sobre 30 módulos orientados ao comercio electrónico…

Monostack: distribución enfocada ao uso de Mono en Linux

A compañía BitRock acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución BitRock MonoStack. Esta distribución, de sinxela instalación, contén Apache, mod_mono e XSP, e aproveita as instalacións existentes de Mono para permitir aos usuarios executar un entorno .NET completo en Linux.

Monostack está dispoñible para descarga e uso, baixo os termos da Licenza Apache 2.0, na páxina web www.bitrock.com

Publicado o libro "Curso de creación de distribuciones: Guadalinex v3"

A “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” Andaluza ven de publicar, baixo licenza [[Creative Commons]], un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0.

A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex.

Lido en : Barrapunto  

Máis información: Guadalinex.org

 

Proxecto gvPONTIS: migración na administración valenciana

gvPONTIS é un proxecto desenvolvido pola “Conselleria d’Infraestructures i Transport” da “Generalitat Valenciana” para a migración de aplicacións da contorna administrativa da consellería á software aberto. Entre os seus obxectivos atópanse o uso de Software Libre baseado en GNU/Linux en tódolos equipos, tanto clientes como servidores, e encontrar un sustituto para cada programa comercial.

A situación actual do proxecto é …
Pax. 539 de 556« Primeiro...102030...537538539540541...550...Último »

Pin It on Pinterest