Actualidade

Todos os centros educativos de Galicia terán o OpenOffice.org

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.

Nova oferta de emprego en Software Libre para traballar na forxa de mancomun.org

O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca un contrato de traballo de persoal de asesoramento lingüistico para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (en adiante CII) e a Universidade da Coruña (en adiante UDC) para a dinamización e coordinación dos proxectos de localización e creación de software en galego baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC.
 
O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral dunha persoa que, baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC, farase cargo das tarefas de asesoramento lingüistico da forxa (espazo web) de sóftware integrada en mancomun.org, e para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego…

Ofertas de emprego relacionadas co Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.png Acabamos de poñer a funcionar unha nova lista de distribución de correo electrónico, chamada “Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre“, coa pretensión de que esta sirva para a publicación de ofertas de emprego relacionadas co Software Libre.
 
 
Para enviar unha oferta de emprego relacionada con Software Libre a esta lista hai que mandar un correo electrónico co texto da oferta á seguinte dirección de correo electrónico:
 
 
Máis información na páxina de información da lista en
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre.

Castilla-La Mancha xa ten un Centro de Excelencia de Software Libre

Este proxecto, froito da colaboración entre o parque científico e tecnolóxico de Albacete e Sun Microsystems, pretende impulsar e dinamizar o uso do Software Libre nas empresas e administracións da comunidade.

Este centro ten como obxectivo actuar como elemento dinamizador e difusor do Software Libre nesta comunidade e polo tanto, orientarase a catro liñas de actuación fundamentais…

A Consellería de Innovación e Industria xunto coa UDC ofertan 3 postos de emprego en Software Libr

O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca tres contratos de traballo de persoal informático para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como a dinamización, investigación e soporte técnico dos correspondentes proxectos baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC…

OpenKM: Sistema de xestión documental e do coñecemento para PEME

OpenKM é un sistema de xestión documental (DMS) moi útil para aquelas PEME que necesiten organizar e compartir os seus documentos.

Este proxecto xurdiu dentro do “Programa Nacional de Tecnologías de Servicios de la Sociedad de la Información”, no cal se manifesta que unha das súas liñas prioritarias é a investigación e desenvolvemento de metodoloxías, modelos e ferramentas de uso colectivo para asesoramento en TIC, que faciliten a xestión do coñecemento das PEME e que soporten a creación e a explotación cooperativa de contidos dixitais…

Pin It on Pinterest