Actualidade

Novas versións de Drupal

drupal logo Acaban de saír as novas versións de Drupal. Drupal 4.6.8 e Drupal 4.7.2 están dispoñibles para descarga. Estas versións son de mantemento e solucionan varios problemas reportados mediante o sistema de xestión de bugs, ademais de 2 erros de seguridade. Actualización recomendada.

Asemade, dicir que tamén acaba de saír o Drupal E-Commerce 4.7, un proxecto de Drupal que contén sobre 30 módulos orientados ao comercio electrónico…

Monostack: distribución enfocada ao uso de Mono en Linux

A compañía BitRock acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución BitRock MonoStack. Esta distribución, de sinxela instalación, contén Apache, mod_mono e XSP, e aproveita as instalacións existentes de Mono para permitir aos usuarios executar un entorno .NET completo en Linux.

Monostack está dispoñible para descarga e uso, baixo os termos da Licenza Apache 2.0, na páxina web www.bitrock.com

Publicado o libro "Curso de creación de distribuciones: Guadalinex v3"

A “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” Andaluza ven de publicar, baixo licenza [[Creative Commons]], un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0.

A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex.

Lido en : Barrapunto  

Máis información: Guadalinex.org

 

Proxecto gvPONTIS: migración na administración valenciana

gvPONTIS é un proxecto desenvolvido pola “Conselleria d’Infraestructures i Transport” da “Generalitat Valenciana” para a migración de aplicacións da contorna administrativa da consellería á software aberto. Entre os seus obxectivos atópanse o uso de Software Libre baseado en GNU/Linux en tódolos equipos, tanto clientes como servidores, e encontrar un sustituto para cada programa comercial.

A situación actual do proxecto é …

Plataformas de traballo colaborativo libres

Logo USC Seguindo coas xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela tócalle o turno ás plataformas para o traballo colaborativo. A inscrición é de balde e pódese facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes. O relatorio será mañá día 9 de xuño na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

Pin It on Pinterest