Actualidade

Libérate 06

A mediados de novembro está previsto que se celebren na ETSE as Xornadas Libérate 06, organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da USC).

Estas xornadas, amosarán as alternativas en Software Libre aos programas que se empregan habitualmente a través de pequenos obradoiros.

En concreto, serán catro obradoiros, de dúas horas cada un, que tratarán sobre OpenOffice.org, Gimp, Inkscape, Firefox, Thunderbird e Gaim

50 historias de éxito con Software Libre na empresa, educación e administración

Presentamos unha lista de historias exitosas e recentes de tódolos ámbitos nos que está involucrado o Software Libre. Pode ser pola marxe de beneficios que dou á empresa, ou o difundir a tecnoloxía en áreas onde parecía imposible ou simplemente por xerar unha fonte de coñecemento libre; pero o caso é que o Software Libre está en todas partes…

Colabora na tradución do Firefox 2.0 ao galego

Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao galego na aplicación Entrans. A partir de agora todos os usuarios rexistrados do Entrans de mancomun.org poderán colaborar tamén na tradución do navegador Firefox ao galego.

A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada da tradución ao galego de Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x do Firefox.

Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da tradución da interface do OpenOffice 2.0.4.

Tamén recordar que acabamos de subir a guía de estilo de mancomun.org, e que é necesario ler a guía para manter a coherencia nas traducións que se realicen. 

http://www.mancomun.org/entrans/logo_entrans.png

A XIII Arroutada Party contará cun apartado sobre Linux e Software Libre

Do 1 ao 5 novembro poderase disfrutar na Coruña da XIII Arroutada Party , unha grande maratón informático no que os asistentes terán a súa disposición unha rede dun giga. O evento contará cunha sección sobre Linux e Software Libre que contará coa participación de GPUL o que supón un bo xeito de achegar o Software Libre á xente.

Curso "Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial" en Ferrol

A “Confederación de Empresarios de Ferrol” organiza un curso totalmente gratuíto para dar a coñecer as vantaxes da implementación de Software Libre na empresa.

O curso que se chamará “Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial” constará dun total de 100 horas e terá lugar en Ferrol entre as datas do 2 de novembro ata o 29 de novembro. O proceso de inscrición no curso xa está aberto e o número de prazas son un total de 15, dispoñibles tanto a persoas empregadas como desempregadas…

Distribución GNU/Linux en Galego para centros educativos

Galinux é unha distribución Linux baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:

  • Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.

OpenOffice 2.0.4 en galego

http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png
 
 
“Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre” presenta a versión 2.0.4 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux como de MS-Windows.

Queremos agradecer especialmente a todos os usuarios de Mancomun.org que estiveron traducindo a interface do OpenOffice na aplicación Entrans, e contamos con todos vós para colaborar nas vindeiras traducións tanto do OpenOffice coma doutras aplicacións.

 
Para descargar esta nova versión, visita a páxina de descargas do OpenOffice en Mancomun.org

Un proxecto financiado pola UE medirá a calidade e viabilidade do Software Libre

Adxudicáronse 1.600 millóns de euros a través do VI Programa Marco (VIPM) para o Observatorio de Calidade do Software para o Software de fonte aberta (SQO-OSS). O custo total do proxecto estímase nuns 2.470 millóns de euros.
 
SQO-OSS desenvolverá un conxunto de ferramentas de avaliación de software coas que se poderá analizar e comparar a calidade do código fonte e probar a súa idoneidade para o seu despregue empresarial…

Pin It on Pinterest