Actualidade

Taiwan esixirá que os PCs usados na administración sexan compatibles con GNU/Linux

Dende o mes pasado entrou en vigor a normativa pola que o goberno taiwanés decidiu que todos os ordenadores mercados para o seu uso na administración deberán ser compatibles con GNU/Linux.

De acordo a esto, ao redor duns 120.000 ordenadores mercados polo goberno deberán cumprir o novo mandato. …

Alternativa seria no campo da edición de vídeo: Cinelerra

Cada vez máis, Cinelerra estase a converter nun potente editor de vídeo e empézase a utilizar no sector empresarial, facendo unha forte oposición ás súas alternativas privativas.

Heroinewarrior, que así se chama a empresa que fai posible este proxecto, lanza unha nova versión de Cinelerra, a 2.1 corrixindo varios erros e dando soporte a OpenGL. Deste xeito, aproveitarase todo o poder da tarxeta gráfica.

A ODF Alliance aplaude a decisión da Axencia Francesa de Modernización que recomenda o uso de ODF

Mediante unha carta aberta, a ODF Alliance, aplaudiu a decisión da «Agence de Modernisation de L’Etat» de recomendar o emprego de formatos libres para o intercambio de documentos, publicada no marco de «Référentiel General de Interopérabilité» (RGI).

 

Publicado o informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre

Xa está accesible no observatorio de mancomun.org o documento sobre políticas e iniciativas de Software Libre feito pola Universidade de A Coruña (UDC). Este informe é froito do traballo desenvolvido pola UDC dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade.

Nace Magrathea, o primeiro motor open source de busca 3D do sistema solar

magrathea Un motor de busca sobre o sistema solar que ofrece resultados en 3D foi desenvolvido por estudantes franceses de enxeñería informática, que reconstruíron planetas e estrelas a partir de información topográfica real da Terra, a Lúa, Marte ou Venus.  

Magrathea é un proxecto en desenvolvemento, aberto ás contribucións doutros técnicos…

Sun anunciou que Java sera open-source en poucos meses

Un executivo de Sun dixo a pasada martés que SUN esta a poucos mese de liberar a súa linguaxe de programación privativa Java baixo unha licenza open source 

Simon Phipps, director da oficina de open-source de SUN, sixo que a compañía está decidindo sobre duas dúbidad pfincipais: como mater Java compatible e asegurar que ningunha compañía individual usa a súa forza de marketing como factor determinante para construir a súa propia implementación, un movemento que amenazaría a principal propiedade de Java “escribeo unha vez, e executalo en calquer lugar” 

“Manter ambas dimesións de compatibilidade e un imprescidible, xa que o mercado de Java e un mercado aberto inmenso e de moito éxito na que moitas compañías sirven a moitas outras”, dixo Phipps. Non e tolerable facer un cambio que introduza cambios que fagan Java menos compatible que na actualidade.

Sun anunciou o pasado Maio que liberaría un versión de código aberto de Java, só un mes antes de que Jonathan Schwartz sustituira a Scott McNealy como CEO. O cambio no liderazgo provocou de si liberar código de Java e como facer a transición, dixo Phipps

Mais información en http://www.linuxworld.com/nllinuxandopenso39180

Web adicada ao son e a música para entornos GNU/Linux

linux-sound.org é unha web adicada exclusivamente a recopilar software, formatos, players, encoders/decoders, drivers, documentación, etc. referidos ao son e ao tratamento da música. Pero o máis importante é o carácter da web, xa que todos os contidos son libres.
Fonte: linux-sound.org (USA), linuxsound.jp (Japan), linuxsound.atnet.at (Europe)

Pin It on Pinterest