Actualidade

Curso "Experto en Implantación de Software Libre na Peme"

Abriuse a convocatoria para o curso “Experto en Implantación de Software Libre na Peme” do INEM. Este curso impartirase en Vigo na Academia Tecnos (López Mora 85) nos meses de outubro e novembro. A convocatoria é o Xoves 28 ás 11:30 na mesma academia.

Os requisitos para poder optar ao curso son estar inscrito no INEM e ter un FP2 de Informática ou ter cursado algun curso do plan FIP que garantice algunha base de coñecementos ou similar

Para coñecer o programa podedes chamar ao teléfono 986299952.

A Corte de Casación francesa estrea sitio web baseado en Open Source

A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo “website” baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. …

Kewl plataforma educativa baixo Software Libre

Kewl é unha plataforma colaborativa orientada á comunidade educativa. Foi desenvolvida en Sudáfrica e conta con moitas implantacións no mundo da ensinanza, sendo un dos principais motores nalgúns organismos educativos coma no caso de Alemaña.

Esta baseada en PHP e foi desenvolvida por African Virtual Open Initiatives and Resources na University of the Western Cape en Sudáfrica.

Creando distribucións GNU/Linux

Unha boa forma de espallar o sistema operativo GNU/Linux, e as súas boas funcionalidades, é a través dos proxectos chamados Live-CD. Sen requirir coñecementos informáticos unha persoa pode utilizar e traballar con este sistema operativo, sen ter que instalalo.
 
LFS e DreamLinux son dous proxectos que fan posible un uso doado de GNU/Linux a través de interfaces moi intuitivas, coloridas e vistosas dando a posibilidade de crear novos sistemas GNU/Linux en formato Live-CD partindo destes.

Pin It on Pinterest