Actualidade

Tres artigos de interese sobre tradución de software

A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito.

Os artigos levan por nome  Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo.   

A comisión europea segue a promover o Software Libre

 A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).

Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.

NTeam, a alternativa en Software Libre a Visual Studio Team System

Alan Stevens, Jason Benthley xunto cun equipo de 33 programadores e xestores de proxectos, comezaron a planificación dun sistema en Software Libre como alternativa a Microsoft Visual Studio Team System.

O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)…

Segue en directo as xornadas do Porriño a través do Streaming

Podes seguir en directo o transcorrer das Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre que organizan AGNIX e o Concello do Porriño. Se queres ver a retransmisión a través de GNU/Linux fai click aquí. Se empregas Windows ou Mac fai click aquí.

A organización destas xornadas ofrece a posibilidade aos que non se podan desprazar ao Porriño de seguir as diferentes charlas a través deste servizo de streaming desenvolvido por N-Video , empresa porriñesa que emprega e ofrece Software Libre.  

 

http://www.mancomun.org/images//banner_porrinho.gif

O Gmail libre busca axuda para a súa versión galega

http://www.mancomun.org/images/stories/duroty.jpg Duroty é un servizo de xestión do correo electrónico, feeds persoais e de ligazóns orientado á peme e a redes estables licenzado baixo GPL. Foi desenvolvido por un colectivo de Barcelona que pretende desenvolver un proxecto con prestacións similares a gmail en código aberto.

Agora están á procura de tradutores para a versión galega. Podedes entrar en contacto cos responsables do proxecto na dirección duroty@duroty.com.  

Todo listo para as Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre

A organización das I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres está a ultimar os derradeiros detalles para botar a andar este grande evento no que se abordará o Software Libre desde a perspectiva da comunidade, a empresa, a administración ou a educación contando con participantes galegos, brasileiros e portugueses.
Presentación Xornadas

Xornadas Universi Lliure

As Xornadas “Universo Libre ” sobre universidades e coñecemento libre teñen coma obxecto reflexionar sobre a transferencia de coñecemento das institucións universitarias no actual modelo de Sociedade da Información, trataranse temas como o uso do Software Libre e os contidos abertos, así como a cooperación científica e académica entre as institucións universitarias.

Durante dous días, os próximos 29 e 30 de novembro, “Universo Libre” quere ser un espazo de contacto e de intercambio entre as comunidades de usuarios de Software Libre e de contidos abertos que hai actualmente ás diferentes universidades do territorio catalán.

Wizpy: Primeiro reprodutor multimedia que utiliza GNU/Linux

http://www.mancomun.org/images/stories/turbolinux.jpgA empresa TurboLinux ven de desenvolver o primeiro dispositivo de  música dixital que usa GNU/Linux. Ten un tamaño moi pequeno de 84x42x12.2 milímetros e un peso de  60 gramos.

Conta cunha memoria Flash de 4GB e unha pantalla de 1,7 polgadas capaz de reproducir 256 mil colores. Soporta tódolos formatos de audio, como o [[Ogg]], [[MP3]], [[WMA]] e [[AAC]]. Ademais dispón dunha radio FM e gravadora de Voz.

O dispositivo pódese conectar a un PC mediante USB. Dispón dun escritorio, datos persoais e aplicacións como FireFox ou Skype, reproduce DivX e soporta o formato de imaxe JPEG…

A Asamblea Nacional Francesa pásase ao software libre

A Asemblea Nacional Francesa (equivalente ao Congreso dos Deputados),  decidiu que a partir de agora os asembleístas traballarán nos seus escritorios con Software Libre: o sistema operativo de seu escritorio estará baseado en GNU/Linux e as ferramentas que empregarán serán libres (entre estas ferramentas cabe destacar o uso da suite ofimática OpenOffice.org e o navegador web [[Firefox]].

A iniciativa xurdiu a raíz dun informe encargado polo gabinete do Primeiro Ministro francés.

A Asemblea ten máis de seis meses para adoptar o Software Libre, antes das eleccións para a próxima lexislatura, que terán lugar os días 10 e 17 de xuño…

Pin It on Pinterest