Actualidade

SPECviewperf 9 dispoñible para Linux/Unix

Está dispoñible para descarga unha versión para Linux/Unix do programa de evaluación do rendemento de software gráfico SPECviewperf v9.

SPECviewperf é, en certo modo, un estándar para medir o rendemento de novos produtos ou actualizacións relacionados con tarxetas e compoñentes gráficos, ampliamente empregado por consultorías, publicacións e fabricantes de tarxetas gráficas.

Aplicación para consultas de dentistas baixo software libre.

Dental-On-Line é unha compañía francesa que vende hardware e software para consultas de dentistas que ademais ofrece asistencia e unha serie de servizos asociados.

Para eles, a consulta do século XXI dos dentistas incorpora un ordenador cunha interface de pantalla táctil no que se pode visualizar as placas de raios X dos pacientes, fotografías, historiais médicos, plans de tratamento e outra información, todo o cal debe ser mantido de forma segura e persistente.

A Free Software Foundation preto de alcanzar os 5000 programas no seu directorio

A [[Free Software Foundation]] está preto de alcanzar os 5000 programas no seu Directorio de Software Libre (o número actual é de 4960). Con motivo deste acontecemento, durante o período que abrangue dende o 21 de agosto ata o 21 de setembro levarán a cabo un pequeno concurso. Cada novo rexistro na páxina do Directorio de Software Libre será analizado e pasará a formar parte do sorteo…

Enquisa sobre GNU/Linux

DesktopLinux.com lanzou no 2006 unha enquisa sobre GNU/Linux e a súa contorna o 21 de Agosto, preguntando aos seus usuarios cal é a distro que utilizan, o escritorio no que soen traballar, cal é o seu cliente de web favorito e varias cousas máis.

GNOME abre a veda de caza de erros na súa contorna de escritorio

En [[GNOME]] acaban de comezar unha iniciativa curiosa, á que chaman “Bug Hunt Season” ou “BugSquad”, algo así como “Tempada de caza de erros”, para que todos aqueles usuarios desta contorna de escritorio envíen os erros que atopen no uso diario do GNOME.

Según relatan en GNOME, é unha boa maneira de que aqueles usuarios que non teñen os coñecementos técnicos para desenvolver GNOME, poidan axudar na súa mellora…

Libros sobre DNS e LDAP con licenza aberta

“DNS for Rocket Scientists” é un libro colaborativo, de licenza aberta, promovido por Zytrax.com, sobre a configuración DNS (sobre todo BIND 9.x) dun sistema Linux e BSD. Orientado ao administrador que comenza, é a base do libro “Pro DNS and BIND“. Do mesmo xeito, o libro “LDAP for Rocket Scientists” trata de ofrecer información intelixible sobre este tema, para levar a cabo solucións estratéxicas (e non tácticas) con LDAP.

Pin It on Pinterest