Actualidade

Open Pipe axúdate a tocar a gaita ou a frauta

OpenPipe é un proxecto que pretende a creación dun controlador MIDI con apariencia de frauta ou de gaita. Así un músico pode, por exemplo, gardar os eventos xerados durante a súa interpretación para editalos posteriormente ou escoller os sons do instrumento que prefira. Desenvolve este proxecto Santiago Barro, estudiante de Enxeñería Informática, que liberará o código en breve.
 

O CMS Drake lanza a versión v0.3.2 Beta

O CMS Drake é unha ferramenta de xestión de contidos. As súas características máis destacables son o soporte para calquera base de datos, seguridade, velocidade, facilidade de xestión e capacidade de adaptación.

Entre as modificacións máis importantes desta nova versión con respecto á versión v.0.3.1 están:

  • Novas etiquetas PHP relacionadas cos bugs (envío de novas, tinyMCE).

  • Actualizouse a librería interna PclZip.

  • Fixáronse erros de confusión dos caracteres en Chino.

  • Solucionáronse erros na edición de drabots.

  • Resolvéronse erros na estrutura de módulos.

Novos servizos de soporte aos usuarios da Forxa de Mancomun.org

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.png Acábanse de crear novos servizos de soporte para A Forxa de Mancomun.org. Estes servizos activados contribuirán á estabilidade do sistema e a melloras das súas prestacións.

Dentro do proxecto de “Administración da Forxa” (https://forxa.mancomun.org/projects/administracion/), pódese encontrar:

  • O foro de Soporte aos usuarios rexistrados do sistema.
  • O ‘tracker’ do estado da forxa.
  • Unha listaxe de correos pública e anónima para que os usuarios da Forxa poidan reportar erros de funcionamento no sistema…

O Software Libre axuda a superar a fenda dixital en Camboxa

Un proxecto dirixido polo enxeñeiro español Javier Solá permitiu que os habitantes de Camboxa podan dispoñer de ferramentas informáticas no seu idioma, o jemer, grazas ao Software Libre. A iniciativa Khmeros permitiu que 500 profesores, 2.000 funcionarios  e 200 alumnos se formasen nas novas tecnoloxías na súa propia lingua e a tradución de máis de 50 programas de uso cotián.

Os encontros de Ubuntu terán lugar en Sevilla

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngUbuntu anunciou que, do 3 ao 11 de maio, Sevilla será a sede dos encontros de Ubuntu.

Do 3 ao 4 de maio de 2007 terá lugar o encontro de educación Ubuntu dirixido a usuarios e todos aqueles que apostan polos produtos de Ubuntu no sector da educación.

O 5 de maio terá lugar o encontro Ubuncon que é unha reunión da comunidade Ubuntu, coa finalidade de intercambiar experiencias.

Do 6 ao 11 de maio terá lugar o encontro de desenvolvedores de Ubuntu.

Sen dúbida esta é unha boa nova para tódolos seguidores de Ubuntu xa que estas serán unhas xornadas moi propicias para o intercambio de coñecemento sobre Software Libre…

A IV Conferencia de Software Libre será en Málaga

A Cuarta Conferencia Internacional de Software Libre de Málaga 2008 amosará a vitalidade do software no eido social, e de maneira específica, nas grandes corporacións públicas e empresariais. A próxima Conferencia de Málaga 2008, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de febreiro, xa foi presentada por José María Rodríguez Sánchez, director xeral de Innovación e Administracións Públicas da Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa da Junta de Andalucía, durante a Conferencia Internacional de Software Libre 3.0 que se desenvolveu en Badajoz.

O BizPoint abordará a interoperabilidade e os estándares abertos na administración e nas empresas

BizPoint é a Conferencia Internacional sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara ás Empresas (A2B) e Apoio a Empresas que reunirá en Santiago de Compostela as principais institucións e expertos europeos na materia. No transcurso deste evento abordaranse diversas cuestións relacionadas co Software Libre como a necesidade de que as institucións garantan a interoperabilidade, o libre aceso á información pública ou aos estándares abertos. O foro celebrarase o xoves, 15 de febreiro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Pin It on Pinterest