Actualidade

Congreso Internacional FLOSS

Vaise celebrar na Facultade de Ciencias Sociais e da Información, no campus de Jerez de la Frontera (pertencente á Universidade de Cádiz) durante os días 7, 8 e 9 de marzo do 2007 o Congreso Internacional FLOSS.

As principais liñas de interese do congreso van ser a aplicación e uso de FLOSS nos seguintes campos:

  • Educación
  • Tecnoloxía
  • Investigación.

Colabora na tradución do Firefox 2.0 ao galego

Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao galego na aplicación Entrans. A partir de agora todos os usuarios rexistrados do Entrans de mancomun.org poderán colaborar tamén na tradución do navegador Firefox ao galego.

A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada da tradución ao galego de Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x do Firefox.

Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da tradución da interface do OpenOffice 2.0.4.

Tamén recordar que acabamos de subir a guía de estilo de mancomun.org, e que é necesario ler a guía para manter a coherencia nas traducións que se realicen. 

http://www.mancomun.org/entrans/logo_entrans.png

Distribución GNU/Linux en Galego para centros educativos

Galinux é unha distribución Linux baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:

  • Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.

A XIII Arroutada Party contará cun apartado sobre Linux e Software Libre

Do 1 ao 5 novembro poderase disfrutar na Coruña da XIII Arroutada Party , unha grande maratón informático no que os asistentes terán a súa disposición unha rede dun giga. O evento contará cunha sección sobre Linux e Software Libre que contará coa participación de GPUL o que supón un bo xeito de achegar o Software Libre á xente.

Curso "Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial" en Ferrol

A “Confederación de Empresarios de Ferrol” organiza un curso totalmente gratuíto para dar a coñecer as vantaxes da implementación de Software Libre na empresa.

O curso que se chamará “Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial” constará dun total de 100 horas e terá lugar en Ferrol entre as datas do 2 de novembro ata o 29 de novembro. O proceso de inscrición no curso xa está aberto e o número de prazas son un total de 15, dispoñibles tanto a persoas empregadas como desempregadas…

OpenOffice 2.0.4 en galego

http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png
 
 
“Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre” presenta a versión 2.0.4 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux como de MS-Windows.

Queremos agradecer especialmente a todos os usuarios de Mancomun.org que estiveron traducindo a interface do OpenOffice na aplicación Entrans, e contamos con todos vós para colaborar nas vindeiras traducións tanto do OpenOffice coma doutras aplicacións.

 
Para descargar esta nova versión, visita a páxina de descargas do OpenOffice en Mancomun.org

Un proxecto financiado pola UE medirá a calidade e viabilidade do Software Libre

Adxudicáronse 1.600 millóns de euros a través do VI Programa Marco (VIPM) para o Observatorio de Calidade do Software para o Software de fonte aberta (SQO-OSS). O custo total do proxecto estímase nuns 2.470 millóns de euros.
 
SQO-OSS desenvolverá un conxunto de ferramentas de avaliación de software coas que se poderá analizar e comparar a calidade do código fonte e probar a súa idoneidade para o seu despregue empresarial…

Pin It on Pinterest