Actualidade

Un total de 557 resultado(s) para Empresa

Máis de 1.200 tendas de informáticas españolas promoverán o Software Libre entre os seus cliente

As 1.200 tendas da Asociación Española de Pequeñas y Medianas Empresas de Informática y Nuevas Tecnologías (Apemit) informarán aos seus clientes sobre o Software Libre, os computadores máis compatibles e como reclamar os cartos do Windows que vén preinstalado. Un dos problemas habituais relacionados co Software Libre é a falta de soporte por parte dos provedores.
 

A Oficina d'Innovació Empresarial d'Andorra promove o código aberto entre a PEME andorrana

AndorraCo fin de promover a innovación a Oficina d’Innovació Empresarial d’Andorra achegou ás empresas do principado veciño as vantaxes do Software Libre. O relatorio que ofreceu esta institución do goberno andorrano tivo por título Programari lliure: avantatges i casos d’èxit en empreses i institucions. A charla buscaba demostrar que este tipo de aplicacións informáticas son competitivas en calidade e servizo. 

Nace a Asociación de Empresas Portuguesas de Open Source

Acaba de nacer unha nova asociación empresarial orientada ao desenvolvemento do mercado do Open Source en Portugal e reforzar a imaxe do Software Libre neste país. ESOP (Asociación de Empresas Portuguesas de Open Source) busca a colaboración entre o tecido industrial TIC adicado ao Software Libre para crear unha alternativa de mercado na PEME e na administración pública. Promove ademais a interoperabilidade e o emprego de estándares abertos no país veciño.
 

Constitúese a Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre

O pasado 1 de agosto celebrouse a asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixíu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos. Os obxectivos desta iniciativa son:
  • Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
  • Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeración de novas oportunidades de negocio.

Unha empresa galega emprega o CMS libre Joomla! para crear unha web do Concello de San Sebastian

Altia Consultores, consultora TIC coruñesa, escolleu o xestor de contidos libres Joomla! para crear a web de Fomento de San Sebastián, un organismo de promoción económica e social da capital donostiarra. A empresa combina Joomla! cun entorno LAMP (Linux, Apache, Php e MySql) segundo informa no seu boletín Altia News porque permite a creación de sitios web de alta interactividade, profesionalidade e eficiencia, sendo altamente modulable.
 
Os xestores de contido libres son un alternativa realmente consolidada con produtos de probada calidade como Drupal, Joomla!, Typo ou OpenCms. Na web CMS Matrix pódese comparar as diferentes alternativas, tanto libres como propietarias, e as súas características.

Iria Flavia aposta pola formación en Software Libre

Iria Flavia Consultoría e Formación é unha empresa que desde hai trece anos vén dedicándose ao ensino de idiomas. Desde este ano incorpora ao seu catálogo formativo cursos de informática para empresas baseados principalmente no Software Libre. Ademais a súa web ten unha sección enteira adicada a explicar o que é o Software Libre, reflicte algúns casos de éxito e ten ligazóns a aplicacións libres para empresas.
 

Enquisa sobre aceptación dos ERP-OSS

http://www.mancomun.org/images/stories/universidade-pablo-olavide.jpg

O Departamento de Dirección de Empresas da Universidade Pablo Olavide de Sevilla publicou unha enquisa de cara a realizar un estudo sobre a aceptación de ERP libres baseados en Código Aberto (ERP-OSS).

O interese do estudo radica en avaliar o impacto que estas ferramentas teñen nas organizacións. O traballo está dirixido polos mestres Salvador Bueno e Dolores Gallego.

A enquisa pretende coñecer o uso e opinións sobre un ERP baseado en Código Aberto por parte das empresas. Anímase a todas as empresas a cumprimentar o cuestionario, que non rouba máis de dez minutos, sendo a participación pública e anónima.

Xornadas tecnolóxicas de Software Libre na PEME

No Centro de Difusión da UCMTA en Madrid estanse a impartir unhas Xornadas Tecnolóxicas de Software Libre para PEME organizadas pola cooperativa XSTO.INFO. No evento intercambiaranse experiencias sobre o uso do Software Libre no eido das PEME e o fomento do seu uso. Antes do peche  haberá un debate no que se tratarán os temas da xornada.

Outros temas presentes nas xornadas son …

Segue aberto o prazo para o Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre

Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org.  Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto.  En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.

Igalia incorpórase ao consello asesor de Gnome

GnomeA empresa coruñesa Igalia acaba de incorporarse ao consello asesor da Fundación Gnome.  Este organismo é o medio polo cal as empresas de Software Libre manteñen comunicación coa fundación que se encarga de orientar o desenvolvemento de Gnome e intégrano empresas coma Intel, HP, Novell, Red Hat ou IBM. Recoñécese así o labor dentro da comunidade de Igalia especialmente na automatización da xeración de paquetes e no proceso de probas do software.

Pax. 52 de 56« Primeiro...102030...5051525354...Último »

Pin It on Pinterest