Actualidade

Un total de 543 resultado(s) para Empresa

Unha empresa galega emprega o CMS libre Joomla! para crear unha web do Concello de San Sebastian

Altia Consultores, consultora TIC coruñesa, escolleu o xestor de contidos libres Joomla! para crear a web de Fomento de San Sebastián, un organismo de promoción económica e social da capital donostiarra. A empresa combina Joomla! cun entorno LAMP (Linux, Apache, Php e MySql) segundo informa no seu boletín Altia News porque permite a creación de sitios web de alta interactividade, profesionalidade e eficiencia, sendo altamente modulable.
 
Os xestores de contido libres son un alternativa realmente consolidada con produtos de probada calidade como Drupal, Joomla!, Typo ou OpenCms. Na web CMS Matrix pódese comparar as diferentes alternativas, tanto libres como propietarias, e as súas características.

Iria Flavia aposta pola formación en Software Libre

Iria Flavia Consultoría e Formación é unha empresa que desde hai trece anos vén dedicándose ao ensino de idiomas. Desde este ano incorpora ao seu catálogo formativo cursos de informática para empresas baseados principalmente no Software Libre. Ademais a súa web ten unha sección enteira adicada a explicar o que é o Software Libre, reflicte algúns casos de éxito e ten ligazóns a aplicacións libres para empresas.
 

Enquisa sobre aceptación dos ERP-OSS

http://www.mancomun.org/images/stories/universidade-pablo-olavide.jpg

O Departamento de Dirección de Empresas da Universidade Pablo Olavide de Sevilla publicou unha enquisa de cara a realizar un estudo sobre a aceptación de ERP libres baseados en Código Aberto (ERP-OSS).

O interese do estudo radica en avaliar o impacto que estas ferramentas teñen nas organizacións. O traballo está dirixido polos mestres Salvador Bueno e Dolores Gallego.

A enquisa pretende coñecer o uso e opinións sobre un ERP baseado en Código Aberto por parte das empresas. Anímase a todas as empresas a cumprimentar o cuestionario, que non rouba máis de dez minutos, sendo a participación pública e anónima.

Xornadas tecnolóxicas de Software Libre na PEME

No Centro de Difusión da UCMTA en Madrid estanse a impartir unhas Xornadas Tecnolóxicas de Software Libre para PEME organizadas pola cooperativa XSTO.INFO. No evento intercambiaranse experiencias sobre o uso do Software Libre no eido das PEME e o fomento do seu uso. Antes do peche  haberá un debate no que se tratarán os temas da xornada.

Outros temas presentes nas xornadas son …

Segue aberto o prazo para o Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre

Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org.  Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto.  En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.

Igalia incorpórase ao consello asesor de Gnome

GnomeA empresa coruñesa Igalia acaba de incorporarse ao consello asesor da Fundación Gnome.  Este organismo é o medio polo cal as empresas de Software Libre manteñen comunicación coa fundación que se encarga de orientar o desenvolvemento de Gnome e intégrano empresas coma Intel, HP, Novell, Red Hat ou IBM. Recoñécese así o labor dentro da comunidade de Igalia especialmente na automatización da xeración de paquetes e no proceso de probas do software.

Igalia ofrece prácticas de verán a estudantes de enxeñería informática e telecomunicacións

A empresa coruñesa especializada en Software Libre Igalia ofrece prácticas durante os meses do verán a alumnos de enxeñería informática ou de telecomunicacións con máis do 50% dos créditos superados. Os interesados deben enviar o seu curriculum, unha carta de presentación e unha copia do seu expediente académico a Igalia. 

Dez empresas participan na reunión da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

Onte tivo lugar na Escola Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela unha xuntanza para a creación dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Nesta primeira reunión estiveron presentes dez empresas que se amosaron optimistas e dispostas a traballar neste proxecto encamiñado a defender os intereses comúns e a establecer redes de dinamización. Nos blogues de Roberto Brenlla e Javier Vázquez ou na web de GALPon tedes algunhas reflexións sobre esta xuntanza. Os interesados en participar nesta iniciativa poden contactar cos promotores a través do seu enderezo electrónico.
 

Hoxe terá lugar unha xuntanza para a creación dunha asociación de empresas de Software Libre gale

A Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Compostela acolle hoxe a partir das 17:30 unha xuntanza encamiñada a crear unha asociación de empresas de Software Libre galegas. Esta iniciativa busca o nacemento dunha organización que defenda os intereses comúns das empresas do sector e sirva como xerador de oportunidades de negocio e sinerxias económicas. 

Hipoiqh un innovador sistema galego de localización cun plugin libre

Hipoiqh é un sistema xeolocalizador que permite localizar a persoas e seguilas por un mapa a través de Internet, levar a nosa axenda xeolocalizada para permitir que nos sigan ou mesmo ver e gravar avisos xeorreferenciados. É gratuíto e universal e funciona con GPS e Internet. Para operar con el só é preciso darse de alta na web como usuario e logo instalar o plugin nos terminais. Este plugin ten unha licenza libre e o código está dispoñible en Source Forge e Google Code .
Pax. 51 de 55« Primeiro...102030...4950515253...Último »

Pin It on Pinterest