Actualidade

Un total de 1805 resultado(s) para software

GvSIG Desktop 1.12 sae á luz con sabor galego

  • Galicia contribúe ao avance dos Sistemas de Información Xeográfica libres liderando a publicación da nova versión da aplicación gvSIG Desktop
  • O laboratorio Cartolab e a empresa Icarto son os principais artífices da publicación de gvSIG 1.12.
  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra contribuíron a este fito co financiamento de parte das novidades incluídas na nova versión.

O pasado mércores 26 de setembro publicouse a nova versión da aplicación gvSIG Desktop 1.12 cun marcado sabor galego, xa que Galicia tivo moito que dicir tanto no desenvolvemento como na súa publicación.

gvSIG Desktop é un Sistema de Información Xeográfica, unha aplicación de escritorio para capturar, almacenar, manipular, analizar información xeograficamente referenciada co obxectivo de resolver problemas complexos de planificación e xestión. gvSIG é un proxecto impulsado inicialmente pola Conselleria de Infraestruturas e Transportes da Generalitat Valenciana pero que actualmente é dirixido pola asociación gvSIG, na que Galicia ten unha presenza importante.

Esta nova versión é froito de moitos meses de traballo, nos que a administración pública galega, representada tanto pola Xunta de Galicia a través do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como pola Deputación de Pontevedra, tivo un papel singular grazas á aposta realizada no 2010 para o desenvolvemento do gvSIG-EIEL, do que a versión actual herda parte das funcionalidades e melloras implementadas entón.

Como pode verse no anuncio da nova versión, unha gran parte do desenvolvemento e financiamento desta nova versión proveñen da nosa terra. Así a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra financiaron as melloras no driver PostGIS e na visualización dos mapas, mentres que o traballo de publicación da versión, incluíndo a integración dos cambios, as probas así como o desenvolvemento de algunhas das funcionalidades recaeu principalmente no laboratorio Cartolab e na empresa galega Icarto coa axuda por suposto de outros membros da asociación gvSIG.

Empresas de galicia e portugal accederán a clouds de supercomputación con Software Libre

  • As infraestruturas cloud para cómputo científico-técnico desenvolvidas baixo o proxecto cloudpyme achegan vantaxes competitivas ás empresas do noroeste peninsular.
  • CLOUDPYME, a plataforma de cómputo CLOUD acelera e reduce os custos de deseño e innovación en produtos manufacturados por pequenas e medianas empresas.
  • As empresas poden comezar a utilizar a plataforma de modo inmediato solicitando conta de usuario.

Proxecto Cloud PymeO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en colaboración cos Centros Tecnolóxicos AIMEN, CATIM e AIMMAP abre ás pequenas e medianas empresas de Galicia e o Norte de Portugal a plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade CLOUDPYME. Este CLOUD, baseado en tecnoloxías de última xeración, está a ser desenvolvido dentro do proxecto CLOUDPYME, anunciado o pasado ano, para satisfacer as necesidades computacionais das empresas da Eurorrexión para o desenvolvemento dos seus produtos.

A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade das empresas, facilitando a xeración de novos produtos robustos e con gran calidade, reducindo os custos do seu desenvolvemento. Habitualmente, a empresa que xa utiliza a simulación, emprega a súa propia infraestrutura informática, bloqueando a mesma para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios. Esta nova Plataforma elimina estes inconvenientes, abrindo tamén a posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación, incrementando a súa competitividade. A Plataforma permite ás empresas conectarse á infraestrutura tecnolóxica instalada no Centro de Supercomputación de Galicia e ensaiar cos seus prototipos virtuais baixo demanda á medida das súas necesidades, de forma segura e confiable.

Inicialmente a plataforma ofrece o acceso a software de código aberto para CAD e CAE, que se adapta ás necesidades das empresas que están a desenvolver novos produtos. Con todo, a plataforma permite a instalación doutro software de cálculo ou análise de datos que a empresa necesite para os seus procesos de innovación.

GNOME 3.6, 100% traducido ao galego

Tras 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME onte mesmo anunciaron a nova versión de GNOME 3.6. E desta volta Galicia tivo sen dúbido unha singular contribución a este fito, xa que a GUADEC 2012, na que de seguro se plasmaron moitas das novidades desta nova versión, tivo lugar na Coruña organizada excelentemente por GPUL.

Foto de grupo dos asistentes á GUADEC 2012

Como xa vén sendo costume o grupo de tradución de GNOME ao galego traballou duro para ter esta nova versión completamente traducida ao Galego, pero ademais coa sorpresa de contar coa documentación base traducida ao Galego. Desta forma complétase a experiencia de GNOME en Galego por todos os recunchos. Calquera dúbida que teña un usuario no uso de GNOME poderaa consultar no seu propio idioma.

A versión 3.6 é o resultado do traballo de aproximadamente 1112 persoas que fixeron 38302 cambios sobre a versión anterior, GNOME 3.4, dos cales preto de 700 son contribucións do grupo de tradución de Galego.

Calquera pode involucrarse en GNOME para axudar. Se está interesado en traballar en GNOME, pode unirse, hai moitos ámbitos nos que é posible colaborar, non é preciso ter coñecementos de programación. Por suposto, tamén pode axudarse ao proxecto con donativos converténdose en Amigo de GNOME.

Galicia estará tamén representada no I Congreso Hispano Luso de Software Libre

I Congreso Hispano Luso de SwLSe a semana pasada dabamos conta de que AGASOL está ultimando os detalles do programa da vindeira Libre Software World Conference, que se vai celebrar en outubro en Galicia, hoxe informamos da inminente celebración do I Congreso hispano-luso de software libre os vindeiros días 28 e 29 de setembro e do Joomla Day 2012. Ambos eventos celebraranse na cidade de Mérida e están a ser organizados pola asociación OpenSource Iberia, COMPLUSOFT, CYXMEDIA, Esparkle e o apoio do Goberno de Estremadura e o Concello de Mérida.

Durante estas xornadas haberá distintas conferencias, charlas e obradoiros nas que se exporán solucións a problemáticas concretas no uso diario do xestor de contidos Joomla! así como presentacións de casos de éxito sobre diferentes solucións tecnolóxicas sempre da man do software libre. Contarase coa participación e experiencia de expertos internacionais, como Max Milbers (creador de VirtueMart), Saurabh Shah (Mozillian+ReMo Member & Frontend Developer en Cloudaccess.net), Frank Scipion (organizador do primeiro Joomla!Day en España e CEO de 55thinking.com), ou Carlos Olivares (Experto en implantacións eGov baseadas en Joomla no goberno mexicano).

Entre o elenco de empresas que terán representación neste I Congreso hispano-luso de software libre, tamén haberá representación galega. Así a empresa SdWeb, afincada en Santiago de Compostela, e membro da asociación OpenSource Iberia, terá unha intensa participación no congreso coas seguintes charlas e obradoiros sobre Drupal, Alfresco e Moodle, solucións nas que conta con ampla experiencia:

Enquisa de valoración do software libre na sociedade

PortalProgramas vén realizando anualmente, dende o ano 2009, un informe sobre a valoración do Software Libre por parte da sociedade. Este estudo ten por obxectivo medir o coñecemento, o uso e a confianza que teñen os usuarios domésticos no software libre.

Imaxe do estudo de valoración do SwL na sociedadeOs usuarios domésticos son de gran importancia para a popularidade do software libre e apenas hai información neste aspecto. Coñecen de verdade o que significa "Software libre" e "Software privativo"? Usan o software libre unicamente porque é gratis ou tamén coñecen a filosofía que hai detrás? Porqué o usan, ou porqué deixan de facelo? Con este informe pretende botarse luz sobre esta dimensión e axudar a entender como está de integrado o coñecemento do software libre na sociedade, á vez que apuntar ás claves para mellorar a súa difusión e servir como referencia para lograr que as administracións se decanten por este tipo de solucións.

Agora mesmo acaba de abrirse a Enquisa de valoración do software libre na sociedade – 2012 polo que todas as persoas interesadas en participar na mesma e dar o seu punto de vista xunto a miles de usuarios de 17 países de fala hispana non teñen máis que acceder á mesma e contestar a 16 sinxelas preguntas.

A OSL do CIXUG presenta o seu novo servizo de mirror de proxectos libres

A Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego, dependente do CIXUG, vén de poñer a punto un novo servidor de réplicas ftp, herdeiro do mesmo servizo ofrecido en anos anteriores dende a Universidade de A Coruña.

Captura do servizo de réplica da OSL do CIXUG

Un servidor de réplica ofrece copias sincronizadas dos proxectos orixinais, o que contribúe a reducir a carga dos servidores orixinais ao distribuír as descargas entre todos os servidores de réplica, segundo a proximidade de cada orixe de descargas. Isto é, calquera usuario que tente descargar dende Galicia un destes proxectos terá a oportunidade de facelo dende un servidor albergado na udc, coa vantaxe da proximidade e a capacidade do servizo.

O mantemento e evolución do servidor de réplicas, que se viña mantendo dende a UDC ata o pasado ano, é un dos proxectos que a OSL do CIXUG asumiu desenvolver durante este ano co obxectivo de fornecer á comunidade universitaria, e por extensión a toda a comunidade galega, un servizo de réplica actualizado e de referencia dos principais proxectos de software libre.

Curso sobre Libreoffice avanzado

Logo de GalponGALPon informa que vai impartir un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro e 26 de novembro.

O curso terá unha duración de 30 horas que se distribuirán os luns e mércores de 15:00 a 17:00 horas e celebrarase na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.

Logo de libreofficeO obxectivo do curso é capacitar aos asistentes para traballar de forma avanzada con documentos ofimáticos nas súas tres principais variantes:
  • Procesador de texto co LibreOffice Writer.
  • Follas de cálculo co LibreOffice Calc.
  • Realización de presentacións co LibreOffice Impress.

Publicada Zentyal 3.0, unha nova versión do servidor Linux para pemes

Logotipo de ZentyalO Equipo de Desenvolvemento de Zentyal anunciou o pasado xoves 13 de setembro a publicación de Zentyal 3.0, unha nova versión do servidor Linux para pequenas e medianas empresas (pemes) que xa está dispoñible para a súa descarga. Zentyal busca prover ás pemes de solucións de infraestrutura de rede profesionais, robustas e seguras, que sexan á vez fáciles de usar e alcanzables.

Segundo se recolle na nota de prensa da publicación, unha das máis importantes características de Zentyal 3.0 é a integración de Samba4, que converte ao servidor Zentyal nunha substitución completa de Windows Server Active Directory. Isto significa que a partir de agora, o servidor Zentyal usará protocolos para xestionar usuarios, permisos e políticas de seguridade que son totalmente compatibles con calquera servidor Windows e escritorio Windows.

Esta versión tamén presenta Single Sign-On, unha característica totalmente nova baseada no software de código aberto Kerberos. Esta característica elimina a necesidade de introducir credenciais de usuario cada vez que un usuario quere acceder a servizos de rede como correo, compartición de ficheiros ou navegar por Internet a través dun proxy. Grazas á integración con Samba4, esta característica funciona automaticamente en escritorios Windows.

Segunda beta de GALPon MiniNo v2 Ártabros

Logotipo de MiniNo 2.0O desenvolvemento da nova versión de GALPon MiniNo vai por moi bo camiño e a unha boa velocidade xa que apenas unha semana despois do anuncio da primeira beta, xa nos están anunciando a segunda beta.

Esta nova beta corrixe unha serie de erros ou eivas detectados na primeira beta:

  • Corrixido un fallo na configuración de «initramfs» que impedía instalar plymouth.
  • Corrixido un fallo que impedía a correcta montaxe de unidades CD.
  • Corrixido un fallo no instalador automático que impedia un posterior formatado.
  • Corrixido un fallo no instalador automático, que non recoñecia discos sen formato.
  • Corrixido un fallo na selección do núcleo i686 como predeterminado.

IX edición do Kernel 2012 organizado pola Comunidade O Zulo

Cartel do Kernel 2012A asociación Comunidade o Zulo organiza un ano máis o Ciberencontro Concello de Mugardos que vai xa pola súa novena edición. O Kernel 2012 é un evento lúdico-tecnolóxico que se celebra en Mugardos dende o ano 2004, organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos, ao que asisten persoas de moi diversos ámbitos, dende rapaces de 15 anos ata universitarios/as, electricistas, informáticos …

Aínda que o Kernel non é un evento exclusivamente adicado ao Software Libre, si que está moi presente no mesmo, como a organización indica na descrición do eventoSentimos paixón polo Software e a Cultura Libre, así que se queres aprender ou ensinar software libre, no Kernel 2012 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns.” Esta paixón déixase ver no propio programa do evento, no que todas as charlas teñen relación co software e cultura libres.

Pax. 50 de 181« Primeiro...102030...4849505152...607080...Último »

Pin It on Pinterest