Actualidade

Un total de 585 resultado(s) para educacion

Comezou a Ubuntu Open Week

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu-openweekl.pngA Ubuntu Open Week é un evento que ten lugar en Internet, nunha canle IRC onde se imparten titoriais que cobren diversos temas todos arredor de como contribuír ao desenvolvemento de Ubuntu.

Ubuntu Open Week comezou o 28 de abril e rematará o 3 de maio. Pódese seguir o evento a través da seguinte canle do IRC #ubuntu-classroom. A axenda do evento está dispoñible na seguinte ligazón: Axenda de Ubuntu Open Week.

Para poder desfrutar deste evento debes usar o teu cliente de IRC (como xchat, irssi ou mIRC) para conectarte á rede Freenode IRC en irc.freenode.net…

Cursos de OpenOffice.org para traballadores da administración pública da CIG

OpenofficeDurante este ano daranse varios cursos de Software Libre en diferentes puntos da xeografía galega orientados para traballadores da administración pública. Estes cursos están organizados pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

Nestes cursos impartiranse algúns dos programas da suite ofimática do OpenOffice.org, nalgúns dos centros que ten por galicia (Compostela, Ferrol, A Mariña e Ourense).

Resolución do II concurso universitario de Software Libre da Universidade de Cádiz

O pasado venres 18 celebrouse a fase final do “Premio Local do II Concurso Universitario de Software Libre na Universidade de Cádiz.

A fase final, celebrada no Salón de Actos da Escola Superior de Enxeñaría de Cádiz comezou ás 12:00 coas presentacións dos proxectos por parte dos autores e rematou sobre a 13:30 coa entrega dos premios por parte do rector Diego Sales.

Os estudantes e proxectos galardoados foron os seguintes:

Proxecto para a creación de materiais libres para o ensino de Linux

Proxecto aprende linuxLemos na web de Agnix sobre a existencia do proxecto Learn Linux. Trátase dun proxecto financiado pola Fundación Shuttleworth para desenvolver materiais abertos e libres para a formación de GNU/linux. Aínda que se ben é certo que hai moitos proxectos de documentación para aplicacións baseadas en Linux, é o primeiro proxecto adicado a desenvolver materiais curriculares que poidan ser libremente empregados por calquera para aprender ou ensinar Linux.

Os materiais distribúense baixo unha licenza Creative Commons- Recoñecemento- Compartir igual. Os textos están escritos en inglés e orientados a persoas con certos coñecementos sobre computadores (sistemas operativos, hardware, redes de comunicación) e aptitude para a programación.

Novos cursos de SwL na Rede de Dinamización

Durante este mes de abril darán comezo novos cursos de SwL en distintos puntos da xeografía galega organizados polos dinamizadores da Rede de dinamización en colaboración con Mancomún e os organismos onde desenvolven a súa actividade os dinamizadores.  

  • Curso de Introdución ao OpenOffice.org en A Illa de Arousa. O obxectivo é dar a coñecer as opcións de traballo ofrecidas polo paquete ofimático OpenOffice.org, así como a finalidade de cada unha das aplicacións contidas no mesmo. Impartirase do luns 14 de abril até o venres 18 de abril, en horario de 20:00 a 22:00 na Aula de Informática do CEIP A Torre de A Illa de Arousa.
  • Curso de Procesador de textos OOo Write en Burela. O obxectivo deste curso é dar a coñecer os fundamentos da aplicación de procesamento de texto da suite ofimática OpenOffice.org. Impartirase do 14/04/08 ao 29/04/08 de luns a venres  de 17:00 a 19:00 .

Máis información: Rede de dinamización

 

A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso o Máster en Consultoría de Software Libre

A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso 17 novos títulos enmarcados nos Programas Oficiais de Posgrao e dentro deles está o “Máster en Consultoría de Software Libre”. Este máster oficial terá unha duración dun ano en modalidade semipresencial e impartirase na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

A distribución de materias repártese en catro módulos quedando da seguinte forma:

iTALC, potente ferramenta para control de aulas

iTALC é un software de monitorización de aulas que facilita a labor docente dun profesor mediante distintas ferramentas que lle permiten un control case total de todos os equipos informáticos da aula, podendo realizar todo tipo de tarefas:

  • Realizar demostracións desde o equipo do profesor.
  • Bloquear os equipos.
  • Control remoto.
  • Envío de mensaxes.
  • Obter capturas de pantallas.
  • Execución remota de aplicacións.
  • E un largo etc…

Ademais iTALCs é o software escollido pola distribución educativa da Generalitat (LinKat) para o control das súas aulas, e tamén nos centros TIC de Andalucía, onde tamén teñen dispoñible un manual de usuario en castelán.

iTALC encóntrase dispoñible para Windows e Linux, tanto a aplicación do profesor como a dos alumnos, e o profesor pode controlar tanto computadores con Linux como con Windows ou ambos os dous misturados…

GPUL chama á participación nas súas VIII Xornadas sobre SwL

GpulVemos na web do GPUL que veñen de facer un chamamento para participar como relatores nas súas VIII Xornadas sobre Software Libre previstas para a semana do 14 ao 18 de abril de 2008.
 
Segundo contan eles mesmos, “estas tradicionais xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar no evento, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo ás mesmas.”

Xornadas de capacitación de OpenXpertya

A semana do 24 ao 29 de marzo terán lugar en Gijón dúas xornadas de formación sobre o openXpertya convocadas polo Centro de Formación de openXpertya en Asturias. Do 24 ao 27 serán as Xornadas de Consultoría Funcional de openXpertya e o 28 e 29 serán as Xornadas técnicas de parametrización incluída a nova versión 2.3. Terán lugar no Hotel Quinta Duro ubicado en Cabueñes, Gijón, en horario de 9 a 21 horas.

As xornadas van dirixidas a empresas ou profesionais do sector que teñan interese en converterse en socios de OpenXpertya e certificarse para ofrecer servizos sobre o produto ou ben aqueles que queiran profundar na funcionalidade de produto para a súa implementación na súa empresa ou a terceiros.

Nova versión 2.2 do MAGASIX CD de Manuel G. Regal

http://www.mancomun.org/images/stories/magasicd.pngXa está dispoñible para descarga a nova versión 2.2 do MAGASIX Linux CD, así o anuncia o seu creador Manuel G. Regal na rolda de correo “softlibre-edugal”.

MAGASIX é unha distribución baseada na última versión de Ubuntu, en concreto esta última versión inclúe Ubuntu 7.10 Gutsy coas últimas actualizacións existentes. Entre as súas características destacan:

  • O usuario pode traballar en modo live-cd ou cun sinxelo asistente se pode instalar no disco duro dun equipo.
  • O usuario pode traballar en galego, castelán, euskera, catalán, portugués, inglés, francés, alemán e agora tamén en italiano.
  • Moitas máis ligazóns no navegador de Internet Mozilla Firefox: 244 ligazóns organizadas en categorías: Software Libre, educación, cultura e lingua galega, etc…
  • Motores de procura incorporados no navegador de Internet: dicionario da Real Academia Galega, Galipedia, dicionario da Real Academia Española, Wikipedia en Español, Google, Bugalicia, Wikipedia en inglés, portugués, italiano, catalán, etc.
  • Máis aplicacións preinstaladas que na versión 2.1
Pax. 50 de 59« Primeiro...102030...4849505152...Último »

Pin It on Pinterest