Actualidade

Un total de 542 resultado(s) para Empresa

A AJE Lugo ofrece consultorías e auditorías gratuítas en SWL aos seus asociados

A “Asociación de Jóvenes Empresarios de la Provincia de Lugo” (AJELugo) agrupa entre os seus membros a emprendedores menores de 45 anos que apostaron por un proxecto empresarial de futuro. Así, e a través dun convenio firmado coa empresa “SCA Informática” ofrecen aos seus socios, entre outras máis cousas:

  • Consultoría gratuíta para desenvolvementos de aplicacións informáticas baseadas en Software Libre.
  • Auditoría gratuíta en valoracións de estados de sistemas, para melloralos en calidade técnica, custe económico e orientalos cara a GNU/Linux e o Software Libre…

Telefónica libera as API das súas aplicacións

Telefónica que o pasado mes de xullo inaugurou o Open Movil Forum, onde xa hai rexistrados uns 300 desenvolvedores, comezou a liberar progresivamente as API das súas aplicacións.

Por exemplo temos dispoñibles as API de alertas de SMS, a “Copiagenda ” ou outras dedicadas ao almacenamento de mensaxes. Estas aplicacións que eran hasta o de agora exclusivas para clientes de Telefónica, pasan a ser distribuídas con licenza Apache 2.0.

Ademais, xa hai máis de 20 proxectos desenvolvidos con estas API, como un sistema de axuda aos celíacos para saber si poden comer un ou outro produto concreto ou “Mibolsa” para seguir a evolución dun valor ou Open Jukebox que permite elixir as cancións dunha discoteca, etc…

Nova versión do DVD da PEME

Índice do DVD da PEME Vimos de publicar unha nova versión do DVD da PEME. Esta nova versión inclúe moitos máis programas localizados ao galego segundo a normativa oficial do 2003, corrixíronse erros detectados na versión anterior e actualizáronse as versións das distintas aplicacións.

Solicitamos a colaboración de todos vós para a revisión e mellora do produto. Agardamos as vosas suxestións, achegas, erros… a través do noso enderezo electrónico.

En breve faremos unha tirada grande deste DVD para poñer á vosa disposición. Polo momento podedes consultar o contido do DVD na dirección peme.mancomun.org .

Queremos agradecer especialmente o traballo voluntario e desinteresado levado a cabo por empresas, asociacións e persoas voluntarias galegas na tradución das distintas aplicacións. Grazas a todas estas persoas por adicar parte do seu tempo de ocio a colaborar ao espallamento do Software Libre e ao achegamento do galego ás TIC.

Dispoñibles os materiais das II Xornadas Sourcepyme

O pasado xoves 13 de Decembro tivo lugar a “II Xornada SOURCEPYME : Software libre na empresa. Modelos de negocio” en Paterna, Valencia. As xornadas tiveron moi boa acollida, e segundo os organizadores contaron coa asistencia de 350 empresas e un total de 10 relatores procedentes de diversos puntos da xeografía nacional.

O obxectivo das mesmas era presentar os resultados acadados nos dous primeiros anos de vida do proxecto Sourcepyme, así como presentar casos de éxito de implantación de Software Libre en empresas.

Durante o 2007 realizaron a ENQUISA SOURCEPYME 2007 a empresas provedoras de aplicacións e/ou servizos de Sw Libre e a empresas usuarias de Sw. Libre, da que presentaron os seus resultados.

Urco Editora: un proxecto editorial galego que aposta polo Software Libre e o Creative Commons

Urco Editora é un proxecto editorial galego de recente creación que aposta fortemente polo software e a cultura libre. Segundo afirma a empresa na súa páxina web todo o proceso de edición dos seus libros  (tradución, deseño, corrección e maquetación) faise exclusivamente baixo o entorno operativo GNU/Linux e con programas libres e de código aberto. 

Aparte do aforro en licenzas, un dos grandes motivos para adopción do Software Libre segundo os seus responsables é que o mundo editorial precisa dunha constante innovación e o Software Libre non só permite esta evolución constante senón que obriga a unha permanente renovación. 

OpenXpertya convértese no primeiro ERP libre en publicar o novo Plan Xeral Contable

OpenXpertyaVemos na páxina de http://www.ousli.org a seguinte nova sobre OpenXpertya, ERP en Software Libre que proximamente estará dispoñible en galego:

“O proxecto openXpertya xa dispón da adaptación ao novo Plan Xeral Contable. Tan só 10 días despois da súa publicación (o pasado día 20) no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 1514/2007 do 16 de Novembro polo que se aproba o novo Plan Xeral Contable, de acordo coas novas normas NIC/NIIF, que son de obrigatoria implantación a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008.

No apartado de descargas está xa dispoñible devandita información, así como o plan de contas, listo para ser cargado nas versións 2.x de openXpertya.

AJE Marineda achega aos empresarios coruñeses as vantaxes do Software Libre

A Asociación de Jóvenes Empresarios Marineda organiza unha xornada ao redor do Software Libre o día 26 de novembro ás 8 de tarde no ITE de Caixa Galicia na Coruña orientada a promover esta opción tecnolóxica entre a PEME. A xornada dará a coñecer as vantaxes  do Software Libre e amosará casos de éxito. Na xornada está anunciada a presenza da Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, da empresa da Coruña Trabe Soluciones e Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordenador de Mancomun.org. Inaugurarán este evento o presidente de AJE Marineda, Daniel Ramos, e Javier Vázquez, presidente de  AGASOL.

Este evento de difusión está enmarcado dentro das Xornadas Divulgativas da Sociedade da Información nas que colaboran tamén a DXPISI, ITE Caixa Galicia e INEO.

Novo blogue da asociación catalana de empresas de Software Libre

CatPL, a asociación que agrupa ás empresas catalanas de Software Libre, acaba de estrear un novo blogue no que publicará as novidades máis salientables ao redor da actividade das súas empresas e do Software Libre en Cataluña. Actualmente forman esta asociación máis de 30 compañías especializadas no Software Libre. É unha proba máis do crecente asociacionismo do sector, cabe lembrar a recente creación de AGASOL, que axuda a xerar negocio e superar dificultades.
 

Unha escola/tenda de música en liña conta a súa experiencia con GNU/Linux

WorkshopLive.com é unha escola e tenda de música virtual con ducias de mestres profesionais que ensinan a tocar a guitarra, o baixo, os teclados e a batería, todo a través de Internet.

Cando a escola comezou a funcionar, a compañía tiña poucos cartos para comezar, polo que decidiron darlle unha oportunidade ao Software Libre.

A idea era crear unha web que incluíra multimedia, con ensinanza a través de vídeo, teclados con animación para demostrar como tocar, etc. “Necesitabamos unha plataforma potente, pero non tiñamos cartos para gastar. Nunca usáramos Software Libre pero os nosos desenvolvedores estaban moi a gusto traballando con el, ademais de que era moito máis seguro.”

Pax. 49 de 55« Primeiro...102030...4748495051...Último »

Pin It on Pinterest