Novas características de GNOME 3.32

Martes, 19 Marzo 2019

GNOME 3.32 “Taipei”, chamada así en recoñecemento ao equipo organizador da GNOME Asia 2018 do último ano, trae moitas novidades.

Características máis destacadas:

  • Estilo visual renovado, cunha paleta de cores máis rica e melloras tanto nos botóns como nas iconas.
  • Eliminación nos aplicativos do “menú de aplicativo”, movendo os contidos ao menú principal localizado dentro da xanela do aplicativo.
  • Escalado fraccional, como opción experimental.
  • Animacións máis rápidas e áxiles.
  • Melloras de rendemento na base de datos de busca de GNOME.
  • A extensión de Iconas no Escritorio foi publicada, podendo volver a usar iconas no escritorio tradicional.
  • Modo lectura mellorado.
  • Preferencias de son redeseñadas.
  • A temperatura da cor da luz nocturna pódese axustar.
  • Caixas de GNOME agora tentará activar a aceleración 3D nas máquinas virtuais (se anfitrión e hóspede o admiten), incrementando así o rendemento.
  • GNOME Software mellora a xestión de aplicativos desde varias fontes, tales como Flatpak e repositorios.
  • Mellorouse o rendemento de Google Drive.

Para instalalo recoméndase agardar polos paquetes oficiais. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.32 moi pronto.

O proxecto GNOME é un proxecto aberto e libre así como unha comunidade internacional apoiada por unha Fundación sen ánimo de lucro, enfocado a unha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase.

Máis información sobre GNOME 3.32 na nota da versión.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal