Actualidade

Un total de 521 resultado(s) para Empresa

A galega eLABORO crea un programa baseado en Software Libre que integra os procedementos da Policía

“A emprega galega eLABORO, especializada en novas tecnoloxías e servizos orientados ao eido da cidadanía dixital e da Sociedade da Información, vén de anunciar a creación do primeiro sistema de xestión de tódolos procedementos administrativos relativos á Policía (local, autonómica ou nacional) nun só. Esta ferramenta, que se coñece como ePatrol, permite levar a cabo todo o proceso das unidades administrativas da Policía relacionadas coa tesourería, secretaría, obras e servizos, empresas de recadación… en total coordinación con todas elas.

O servizo ePatrol integra as últimas novidades nas tecnoloxías sen fíos como son GPRS, GPS e Wi-Fi, está baseado en Software Libre e permite empregar unha PDA como sistema de toma de datos e consulta…

Vídeo de demostración da aplicación "Sketch Arm" de Redegal

Como xa anunciamos a semana pasada, dous proxectos vinculados á “Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense” estarán presentes no SIMO. Un destes proxectos é o de Redegal, que presentará a súa solución Sketch Arm que permite a reducción do tempo en deseño de armarios feitos á medida. Agora mesmo están traballando na versión para GNU/Linux da aplicación.

En YouTube temos dispoñible un vídeo de demostración de 6 minutos do funcionamento da aplicación:

 

O "New York Times" libera código fonte usado na súa edición dixital do xornal

O New York Times vén de liberar dúas aplicacións que usan na edición dixital do seu xornal. As aplicacións son XSL Cache e DBSlayer:

  • XSL Cache é un complemento de PHP que usan para gardar en memoria caché as follas de estilo da súa propia web. 
  • DBSlayer é unha ferramenta que desenvolveron para mellorar o escalado da arquitectura LAMP no que se refire aos problemas relacionados coa base de datos, a súa replicación e os límites de conexións á mesma

Estas ferramentas foron desenvolvidas polo NY Times debido  á grande cantidade de tráfico que reciben no seu portal…

Dous proxectos empresariais vinculados coa Escola Informática de Ourense terán presenza no SIMO

Dous proxectos empresariais xurdidos da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense resultaron premiados cun espazo, denominado viveiro, no SIMO, a máis grande feira internacional de informática multimedia e comunicacións.  As empresas Redegal e Imagos foron elixidos con outros cincuenta proxectos de novos emprendedores con propostas relevantes tecnoloxicamente para contar cun espazo gratuíto neste gran evento.

Máis de 1.200 tendas de informáticas españolas promoverán o Software Libre entre os seus cliente

As 1.200 tendas da Asociación Española de Pequeñas y Medianas Empresas de Informática y Nuevas Tecnologías (Apemit) informarán aos seus clientes sobre o Software Libre, os computadores máis compatibles e como reclamar os cartos do Windows que vén preinstalado. Un dos problemas habituais relacionados co Software Libre é a falta de soporte por parte dos provedores.
 

A Oficina d'Innovació Empresarial d'Andorra promove o código aberto entre a PEME andorrana

AndorraCo fin de promover a innovación a Oficina d’Innovació Empresarial d’Andorra achegou ás empresas do principado veciño as vantaxes do Software Libre. O relatorio que ofreceu esta institución do goberno andorrano tivo por título Programari lliure: avantatges i casos d’èxit en empreses i institucions. A charla buscaba demostrar que este tipo de aplicacións informáticas son competitivas en calidade e servizo. 

Nace a Asociación de Empresas Portuguesas de Open Source

Acaba de nacer unha nova asociación empresarial orientada ao desenvolvemento do mercado do Open Source en Portugal e reforzar a imaxe do Software Libre neste país. ESOP (Asociación de Empresas Portuguesas de Open Source) busca a colaboración entre o tecido industrial TIC adicado ao Software Libre para crear unha alternativa de mercado na PEME e na administración pública. Promove ademais a interoperabilidade e o emprego de estándares abertos no país veciño.
 

Constitúese a Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre

O pasado 1 de agosto celebrouse a asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixíu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos. Os obxectivos desta iniciativa son:
  • Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
  • Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeración de novas oportunidades de negocio.

Unha empresa galega emprega o CMS libre Joomla! para crear unha web do Concello de San Sebastian

Altia Consultores, consultora TIC coruñesa, escolleu o xestor de contidos libres Joomla! para crear a web de Fomento de San Sebastián, un organismo de promoción económica e social da capital donostiarra. A empresa combina Joomla! cun entorno LAMP (Linux, Apache, Php e MySql) segundo informa no seu boletín Altia News porque permite a creación de sitios web de alta interactividade, profesionalidade e eficiencia, sendo altamente modulable.
 
Os xestores de contido libres son un alternativa realmente consolidada con produtos de probada calidade como Drupal, Joomla!, Typo ou OpenCms. Na web CMS Matrix pódese comparar as diferentes alternativas, tanto libres como propietarias, e as súas características.

Iria Flavia aposta pola formación en Software Libre

Iria Flavia Consultoría e Formación é unha empresa que desde hai trece anos vén dedicándose ao ensino de idiomas. Desde este ano incorpora ao seu catálogo formativo cursos de informática para empresas baseados principalmente no Software Libre. Ademais a súa web ten unha sección enteira adicada a explicar o que é o Software Libre, reflicte algúns casos de éxito e ten ligazóns a aplicacións libres para empresas.
 
Pax. 48 de 53« Primeiro...102030...4647484950...Último »

Pin It on Pinterest