Actualidade

Un total de 544 resultado(s) para Empresa

A III edición do Máster en Software Libre abre o prazo de inscrición extraordinaria

Os interesados en participar na terceira edición do Máster en Software Libre que non puideran preinscribirse o pasado mes de xullo, poderán facelo agora ata o vindeiro 18 de setembro no prazo de inscrición extraordinaria que os organizadores do curso -a empresa Igalia e a Universidad Rey Juan Carlos– anunciaron onte. Esta solicitude de matrícula deberá realizarse a través da propia páxina web do Máster antes da data límite.

A terceira edición do Máster de Software Libre impartirase a partir do mes de outubro na Coruña, recuperando a sede do primeiro ano, despois de ter pasado neste último curso pola cidade de Vigo. As clases terán lugar os venres pola tarde e os sábados pola mañá.

O curso ten un custo de 7.000 euros, pero grazas á política de descontos introducida nesta edición, é posíbel acceder a el por unha contía de 2.200 euros -tendo en conta descontos e prácticas remuneradas de ata 2.000 €. Poderán optar a estes descontos varios colexios profesionais adheridos, asociacións de Software Libre galegas ( GHANDALF, GLUG, Agnix, Ousli e GALPon), empresas asociadas a AGASOL ou estudantes titulados nos últimos dous anos.

Unha consultora augura un crecemento de máis do 20% para o software libre en todo o mundo

A venda de software de código aberto incrementarase en dous díxitos para o presente ano e ata o 2013 segundo estima a firma de investigación IDC no seu estudo "Worldwide Open Source Software 2009-2013 Forecast, publicado recentemente.

A empresa consultora estima que de aquí ao 2013 os ingresos en todo o mundo pola venda de software de fonte aberta terán unha taxa de crecemento anual de 22.4% para chegar a 8.1 mil millóns de dólares no ano referido.

A información dada a coñecer pola compañía resulta interesante en función de que no estudo rexistrouse un maior número de proxectos que utilizan software libre con respecto á versión presentada en 2008, destacando ademais a aceptación que este tipo de ferramentas tivo con base na situación económica mundial.

O concello de Madrid ofrece facturas en liña gratis e en tres minutos a través do seu centro Madrid On Rails

O centro Madrid On Rails, inaugurado a primeiros de xuño polo concello de Madrid para promover o uso das novas tecnoloxías entre as PEME, pon a disposición das empresas varias ferramentas informáticas gratuítas para xestionar o seu negocio. Así podemos atopar FacturaMOR, unha aplicación en modelo de software como servizo (SaaS), a través de Internet e sen necesidade de que as empresas instalen nada nos seus computadores, e que é capaz de xerar facturas en lina en 3 minutos.

Segundo os expertos do centro, é moito máis sinxelo e rápido que unha folla de cálculo e permite almacenar, imprimir, compartir as facturas cos clientes e xestores e acceder ao sistema en xeral, sempre e cando se dispoña dunha conexión a Internet. Asemade, ao estar baseado en software libre, o aplicativo é totalmente gratuíto. A PEME tamén pode personalizar as facturas, xestionar os pagos das mesmas, incorporar descontos, imprimilas en PDF, envialas por correo-e, etc…

A consideración do software coma un servizo engade un novo modelo de negocio ao mercado, no cal se traspasa a importancia do programa en si mesmo ao coñecemento sobre o funcionamento do programa, desenvolvemento de adaptacións, etc., modelo de negocio que as empresas que desenvolven software libre teñen que rendibilizar…

Ademais deste servizo, o centro ofrece programas de software libre para xestionar as ventas e facer previsións (VentasMOR), crear listas de tarefas de maneira sinxela (ListasMOR), controlas os gastos (GastosMOR) ou desenvolver un cadro de mando integral (StrategyMOR)…

Preséntanse Maemo 5 e Nokia N900

MaemoOnte presentouse oficialmente o N900, un novo dispositivo móbil de Nokia, que será o primeiro desta empresa en empregar o sistema operativo Maemo 5.

O N900 conta cunha pantalla panorámica, teclado qwerty ocultábel debaixo da pantalla, un procesador ARM a 600 Mhz, rede sen fíos, BlueTooth, cámara de 5 Mpx, GPS,… pero a característica máis interesante deste dispositivo é, tal vez, o software que emprega.

Maemo 5 é un avanzado sistema operativo baseado no núcleo Linux, e deseñado para executarse en dispositivos móbiles Nokia de gama alta. É unha plataforma de código aberto, o que permitirá que a comunidade o poida modificar e mellorar. Maemo inclúe pezas de software ben coñecidas, probadas e utilizadas:

Novidades no caso SCO

SCOUnha resolución dun tribunal de apelacións acaba de revogar unha decisión tomada en 2007 polo xuíz Dale Kimball que afirmaba que Novell era o propietario dos dereitos de Unix e UnixWare. Este feito deixa a SCO o camiño aberto para proseguir cunha demanda de 1.000 millóns de dólares contra IBM por incumprimento de patentes.

Este é só o último capítulo dunha longa historia de demandas e visitas aos tribunais, da que xa temos dado conta nesta páxina.

A historia comeza en 1993 cando Novell pagou máis de 300 millóns de dólares pola compra de Unix System Laboratories, propietario dos dereitos e licenzas de Unix. Dous anos máis tarde Novell decidiu vender o negocio Unix a SCO. As dúas compañías mantiveron diferentes posturas respecto de se a venda incluía a propiedade dos dereitos de código, pero o caso é que en 2004 Novell afirmou posuír os dereitos de Unix despois de que SCO decidise presentar unha demanda un ano antes para facer cumprir o copyright de Unix.

HP certifica Ubuntu Server Edition para o seu uso nos seus servidores ProLiant

HPSe hai un tempo HP anunciaba que ía ofrecer asistencia técnica nos seus servidores Proliant con Debian, pois ben, agora tócalle a Ubuntu que acada un selo de calidade que lle permite asegurar os máximos niveis de calidade baixo estas plataformas hardware. Desta maneira, a lista de distribucións GNU/Linux compatíbeis cos servidores ProLiant de HP pasa incluír, entre outras, a Red Hat, Novell, Debian e Ubuntu.

A noticia foi anunciada na páxina oficial de Ubuntu, onde tamén se pode atopar a táboa de compatibilidade entre os distintos modelos de servidores ProLiant e as distribucións Ubuntu 8.04 LTS e 9.04, nas súas versións “Server Edition”.

Ademais, a nota de prensa de Canonical e HP asegura que HP lanzará un paquete de software para Ubuntu para o seu uso nos servidores ProLiant, que incluirá controladores, utilidades e aplicativos que axudarán a mellorar a manexabilidade dos servidores usando Ubuntu.

A web do Xacobeo 2010 funcionará con software libre

O pasado día 12 de agosto, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo publicou os pregos de condicións relativos á contratación e mantemento da páxina web do Xacobeo 2010. No prego de especificacións técnicas, no apartado de contorno tecnolóxico se especifican os seguintes requirimentos técnicos:

A páxina web débese desenvolver empregando software libre, utilizando unha das plataformas de código aberto Drupal ou Wordpress. Esta plataforma instalarase nun servidor con Apache e co servidor de bases de datos MySQL.

Así mesmo, tamén se especifica que a páxina debe ser compatíbel cos navegadores máis estendidos, como o Internet Explorer, Mozilla Firefox, Safari e Google Chrome.

Visores OLAP en software libre

Un visor OLAP é unha ferramenta que permite a análise de grandes cantidades de datos dunha base de datos de maneira que se poidan consultar e valorar, ben sexa a través de informes, táboas de visualización, gráficas, etc…

Dentro dos aplicativos de “intelixencia empresarial”, do inglés “Business Intelligence” (BI), non pode faltar unha destas ferramentas, polo que a continuación, imos listar algunhas das ferramentas OLAP en software libre máis usadas:

  • Jpivot: É unha das pioneiras con máis de 10 anos de existencia e integrado en moitas grandes suites de xestión empresarial, como por exemplo “Pentaho Business Intelligence”.
  • Jrubik: baseado en compoñentes do anterior, conta cun cliente Java cunha nova interface.
  • Jpalo: usando tecnoloxías Ajax, simula a interface dunha folla de cálculo en web.
  • Openi: solución que tamén usa Jpivot, compatíbel con Microsoft Analysis Services ou Mondrian…

Panasonic e NEC lanzan nove teléfonos móbiles co sistema operativo libre LiMO

Móbil con LiMOPanasonic e NEC lanzaron onte nove modelos de teléfonos móbiles co sistema operativo de código aberto LiMo. Esta iniciativa sitúa novamente ao software libre no punto de mira do desenvolvemento no mercado da telefonía móbil, presentándose como un serio competidor nun campo frenético. LiMo é un sistema operativo libre que leva tempo dispoñíbel, pero que se mantivera, en certo modo, eclipsado polo sistema libre de Google, Android.

Estas alternativas de código aberto están adquirindo gran protagonismo ao presentarse ante moitos operadores e vendedores de móbiles como plataformas máis económicas para os seus terminais. Diversas compañías xa permitiran albiscar esta nova tendencia ao asociarse, precisamente, á LiMo Foundation; aínda que ata o de agora apenas existían exemplares que xa corresen o seu sistema operativo, alén das simples declaracións de intencións.

Openbravo ERP engadido ao repositorio de parceiros de Ubuntu

DVD da PEME O día un do presente mes, OpenBravo presentou a súa versión 2.50 do seu ERP, e tan só uns días despois anuncia que esta versión pasará a formar parte do repositorio de parceiros de Ubuntu, de maneira que os usuarios dos sistemas operativos baseados en Ubuntu poderán incorporar o aplicativo aos seus computadores dunha maneira moi sinxela e rápida. Ademais, se xorde calquera problema, hai unha opción dunha subscrición profesional a un servizo de asistencia técnica para o aplicativo.

A nova versión 2.50 de OpenBravo ERP incorpora o concepto de modularidade para poder dispoñer de novas funcionalidades e características dunha forma moito máis rápida e que poidan ser desenvolvidas tanto pola comunidade/ecosistema de Openbravo como por terceiras persoas.

A instalación, grazas á inclusión dentro do repositorio de parceiros de Ubuntu, é moito máis sinxela ca nunca. Basta con engadir os seguintes repositorios

deb http://archive.canonical.com/ubuntu jaunty partner
deb-src http://archive.canonical.com/ubuntu jaunty partner

ás fontes de software, e despois de actualizar a lista de paquetes, instalar o aplicativo “openbravo-erp”. Despois deste paso comezará o proceso de compilación e configuración do aplicativo, no cal instalará os cartafoles de ficheiros, a base de datos e todo o necesario para o seu uso.

Unha vez finalizada a instalación, bastará con que accedamos co noso navegador web ao seguinte enderezo http://localhost:8080/openbravo e xa poderemos comezar a usalo.

Pax. 40 de 55« Primeiro...102030...3839404142...50...Último »

Pin It on Pinterest