Actualidade

Un total de 591 resultado(s) para educacion

O xoves comeza o II Fiadeiro de Localización de Software Libre na USC

Como xa informamos no seu momento, este xoves día 15 ás 11:00 dará comezo a primeira das dúas sesións teóricas do II Fiadeiro de localización de software libre, para o que aínda é posible matricularse ata mañá día 14 de abril.

Durante as 7 horas de formación teórica, repartidas entre o xoves 15 de abril e o xoves 22 de abril, explicaranse as bases técnicas e prácticas para abordar proxectos de tradución de software libre ao galego. E xa o venres 30 de abril desenvolverase a xornada práctica de localización na que por parellas traballarase na tradución real de aplicativos libres.

Os temas que se tratarán na teoría serán:

15 de abril (1ª sesión)

  • 10:00 Introdución á localización. Que preciso saber – Onde busco os aplicativos – Como se realiza o proceso de localización – Os formatos máis empregados – Que ferramentas podo empregar – Como probo unha tradución.
  • 11:00 Recursos para a localización. Guía de localización – Terminoloxía e glosarios – Memorias de tradución – Correctores ortográficos e gramaticais – Referencias de consulta e Google para traducir – Aplicativos especializados de tradución.
  • 12:00-14:30 Sesión práctica (GTranslator). Instalación e configuración – Como crear un proxecto de tradución – O manexo do aplicativo – As miñas primeiras traducións – Resolución de dúbidas

Curso de Introdución á Ubuntu-USC no Campus de Lugo

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de Abril, celebrarase na Aula Universia da Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo o curso "Introdución á Ubuntu-USC", impartido pola Oficina de Software Libre da USC dentro do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da USC.

O obxectivo do curso é que os asistentes poidan realizar as súas tarefas diarias co sistema operativo GNU/Linux Ubuntu-USC de igual modo ao como as realizan co sistema operativo Windows. O curso versará sobre o proceso de instalación, configuración e manexo dos aplicativos básicos do día a día na distribución da universidade Ubuntu-USC, dende navegar por internet, escribir documentos co procesador de textos, comprimir un cartafol ata instalar e desinstalar programas.

A metodoloxía do curso será eminentemente práctica. O profesor amosaralle ao alumnado como moverse polo contorno da Ubuntu-USC, explicando as alternativas existentes para desenvolver as tarefas diarias, aprendéndolles o seu manexo así como a buscar novas alternativas pola súa conta. Sempre que se poida, realizaranse comparacións cos programas que manexan habitualmente para que poidan comprobar que non son tan diferentes e que, mesmo en ocasións, son moito máis sinxelos que os que xa coñecen. Ademais, explicaranse boas prácticas para sacarlle o máximo partido a informática.

CENATIC publica 3 novos fascículos tecnolóxicos sobre software libre

O pasado 28 de novembro o CENATIC puxo en circulación o caderno tecnolóxico titulado "Introdución ao software de fontes abertas", do que se regalaron 35.000 exemplares co diario HOXE, e do que até a data efectuáronse case 1.000 descargas dende a súa web. Estes fascículo foi unha actualización da obra orixinal de Quím Perez i Noger, publicada polo Concello de Barcelona.

Fascículos tecnolóxicos sobre fontes abertas

Sen dúbida, o software libre é unha tendencia xa imparable na sociedade tecnolóxica de hoxe, e un elemento crave para o desenvolvemento dunha verdadeira sociedade en rede para todos. Ninguén pode xa pór en dúbida as súas innumerables vantaxes fronte a outras alternativas de software en canto a aforro, calidade, seguridade, independencia tecnolóxica, etc.

CENATIC, pretende contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido. Para isto pon a disposición do público outros 3 fascículos tecnolóxicos titulados:

Comeza o XGN10 con gran presenza do software libre

Como xa informamos a semana pasada, hoxe abre as súas portas a undécima edición do Xuventude Galicia Net.

Benvidos ao XGN10

Serán tres días cargados de actividades, obradoiros .. no que o software libre terá unha forte presencia grazas ao esforzo e traballo dos membros dalgunhas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre que ofrecerán varios obradoiros de software libre, dos que xa falamos. Finalmente tamén atenderán un stand na Extranet, en colaboración co persoal da Oficina de Software Libre da USC, dende o que difundirán e amosarán as capacidades do software libre a todo o público que pase por alí.

Os obradoiros de software libre gratuitos e abertos a todo o público que haberá neste días, cos seus horarios, son os seguintes:

Venres 26 de marzo:

16:00 horas

  • Obradoiro: Deseño gráfico con software libre : InkScape
  • Obradoiro: Demostración pública do uso del DNI-e con Software Libre

18:00 horas

  • Obradoiro: A experiencia de GRUVI e GALPon MiniNo dous anos despois

20:00 horas

  • Obradoiro: Internacionalización i18n

….

Xornada sobre a plataforma eBox no CNTG

Logo do CNTGO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza para o vindeiro día 15 de abril de 2010 unha Xornada sobre a plataforma eBox, dentro das súas actividades formativas dirixidas a profesionais desempregados ou ocupados, tanto do sector público como privado, que teñan responsabilidades, exerzan e/ou orienten a súa actividade como técnicos no eido da administración de sistemas.

Logo de eBoxO relator do evento será D. Jorge Salamero, desenvolvedor e analista de sistemas eBox. Con anterioridade a súa entrada en eBox Jorge Salamero traballou na universidade de Zaragoza como administrador de sistemas, desenvolvedor Linux e responsable da comunidade universitaria de software libre. Na actualidade compaxina as súas tarefas en eBox coas de desenvolvedor Debian.

O contido da xornada incluirá unha breve introdución sobre a plataforma eBox para, a seguir, presentar a súa potencialidade e funcionalidade como servidor de oficina, en concreto LDAP e Samba. 

Aberto o prazo de inscrición para o LPIC 1 en Tegnix

Como xa informamos no seu día, Tegnix é un centro de formación asociado LPI ou polas súas siglas LPI ATP. Hoxe nos informan dende Tegnix que xa está aberto o prazo para matricularse no primeiro dos módulos formativos dirixidos á preparación para a Certificación Profesional Junior en GNU/Linux ou LPIC -1 cunha duración de 80 horas.

Logo do LPIC1A convocatoria que acaban de publicar é para o curso de formación en liña. Nesta modalidade ofertan sesións en directo con vídeo, son, chat e compartición de escritorio nas que o alumnado pode intervir a través do sistema de videoconferencia integrado na súa plataforma de teleformación. Ademais, de non poder asistir en directo, o alumnado tamén poderá descargar os vídeos para seguir ás clases de xeito asíncrono.

As clases comezarán na segunda semana de abril e distribuiranse en dúas sesión semanais de dúas horas cada unha ao longo de aproximadamente 5 meses no seguinte horario:

  • Luns e Mércores de 19:00h – 21:00h
  • Martes e Xoves de 19:00h – 21:00h

Antes de iniciar o curso farase unha proba de nivel dirixida á creación de grupos homoxéneos. O número máximo de alumnos por grupo é de quince. Entre os requisitos necesarios para poder seguir adecuadamente o curso indican que cómpre ter unha conexión a internet (mínimo 2 Mbps) para poder seguir o curso e usar GNU/Linux ou instalar unha máquina virtual facilitada por Tegnix.

II Fiadeiro de localización de software libre na USC

Logo do éxito do pasado ano, a Comisión de Normalización Lingüística da ETSE da USC organiza en abril o II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística. Esta actividade persegue a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.

Grazas a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, tanto estudantes como docentes, PDI ou PAS da USC terán a oportunidade de traballaren a prol da galeguización dunha serie de aplicacións informáticas de software libre que se utilizan na Escola. Os obxectivos do ETSE Open de SL son:

  • Fornecer formación técnica para a localización ao galego de software libre.
  • Contar con software que se use na USC en galego, mediante procesos de localización.
  • Impulsar a comunidade universitaria de localización.
  • Impulsar o uso do galego.
  • Impulsar o coñecemento e o uso da software libre.

Curso no Campus de Ourense sobre Linux na docencia universitaria

A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o curso “Linux na docencia universitaria”, dirixido a profesores e profesoras da Universidade de Vigo co obxectivo de explicarlles aos usuarios habituais de Windows “que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo e, aínda por enriba, non custa nada”.

O curso terá unha duración de 10 horas que se impartirán os días 5, 8, 12, 15 e 19 de abril de 10:00 a 12:00 cunha metodoloxía fundamentalmente de "prácticas guiadas", impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino, co seguinte programa:

  1. Introdución a Linux, instalación, ámbito de escritorio.
  2. Sistema de arquivos, permisos, configuración do contorno.
  3. Administración do sistema: usuarios, rede, periféricos, xestión de paquetes,…
  4. Utilidades varias: compresión de arquivos, copias de seguridade, mensaxería instantánea e multimedia. 
  5. Como obter axuda e información.

Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois

O estudo presentado hoxe por CENATIC reflicte que o software libre está presente na práctica totalidade das Universidades e Centros de I+D españois.

Foto da presentación do estudoCENATIC presentou hoxe en Madrid, na 3ª asemblea da comunidade Morfeo, o "Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois". Trátase do primeiro informe que incorpora información cualitativa e cuantitativa do estado de implantación e uso das tecnoloxías libres no mundo académico e investigador en España. 

O informe, elaborado por CENATIC a través do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas (ONSFA), en colaboración co grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e o grupo CRUE-TIC-SL da Comisión Sectorial do TIC da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, inclúe os resultados dunha enquisa sobre o uso de tecnoloxías de fontes abertas na Universidade española, así como o estudo de 25 casos de implantación, desenvolvemento e promoción de tecnoloxías libres, e unha selección de 20 proxectos I+D en torno ao software de fontes abertas financiados por programas de ámbito estatal e europeo.

CENATIC publica unha convocatoria para o patrocinio de eventos de software libre

CENATIC patrocinará eventos da comunidade do software libre durante o ano 2010, conscientes de que estes eventos forman parte da vida das comunidades, e teñen unha enorme relevancia para elas.

Por iso, este ano farán unha dobre convocatoria de Patrocinios; unha agora en febreiro e outra en xullo. Isto lles permitirá recoller a totalidade das peticións de Patrocinio das diferentes comunidades e organizadores de eventos do mundo do software libre. Dunha forma máis aberta, con criterios iguais para todos, e nun mesmo período, poderase optar a ser patrocinado por CENATIC.

O pasado día 15 de febreiro, CENATIC publicou a primeira Convocatoria Xeral de CENATIC para patrocinar durante 2010 iniciativas de empresas e entidades no ámbito do software de fontes abertas.

Esta convocatoria está aberta á participación de persoas xurídicas, españolas ou estranxeiras, a título individual ou en agrupación ou unión temporal, con plena capacidade de obrar que non se atopen incursas nalgunha das prohibicións de contratar establecidas no artigo 20 da Lei de Contratos das Administracións Públicas que desenvolvan actividades relacionadas co impulso do uso do TIC no ámbito do Software de Fontes Abertas. As entidades que soliciten un patrocinio deberán estar ao corrente das súas obrigacións coa Administración Tributaria e coa Seguridade Social.

Pax. 32 de 60« Primeiro...1020...3031323334...405060...Último »

Pin It on Pinterest