Actualidade

Un total de 543 resultado(s) para Empresa

Os Premios EGANET 2010 abren o prazo de presentación de candidaturas.

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) convoca unha nova edición dos seus premios, que xa van pola súa VII edición. Estes premios recoñecen o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón, calidade e con alto nivel competitivo no desenvolvemento do sector TIC e da Sociedade da Información en Galicia.

Premios EGANET 2010Con esta iniciativa EGANET quere promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado do traballo das empresas galegas no ámbito das TIC.

O prazo de presentación das candidaturas está xa aberto ata o vindeiro día 10 de decembro.

Xornadas sobre Software Libre, Internet Seguro

A Asociación de Centros Homologados, da man do Grupo Academia Postal, organiza unhas Xornadas sobre Software Libre, Internet Seguro que comezan este venres 19 de novembro en Coruña e Ourense, e repetiranse o vindeiro fin de semana nas cidades de Lugo, Ferrol e Santiago.

Xornadas sobre software libre, internet seguro

Trátase de xornadas libre e gratuíta previa inscrición e confirmación chamando ao teléfono 988 366 268.

Activae: Xestor de activos dixitais multimedia baseado en software libre

  • CENATIC presenta en FICOD un xestor de activos dixitais multimedia baseado en software libre baixo o nome de Activae
  • O proxecto desenvolvido inicialmente para uso interno, liberouse e ponse a disposición de todos os desenvolvedores e usuario baixo licenza BSD.
  • CENATIC está a traballar na creación dunha comunidade de usuarios e desenvolvedores da plataforma en activae.cenatic.es

CENATIC presenta hoxe en FICOD, o Foro Internacional de Contidos Dixitais, o proxecto Activae, unha plataforma para a xestión e consumo de activos dixitais multimedia publicada baixo a nova licenza BSD.

Logo de ActivaeActivae permite catalogar, buscar e recuperar grandes cantidades de información almacenada no sistema, sexa en formato imaxe, vídeo, audio, etc., e distribuíla a todos os niveis. Trátase dunha plataforma integral, sólida e altamente escalable, que incorpora funcións avanzadas de transcodificación, isto é, permite cambiar o formato dos activos automaticamente desde a propia plataforma. Ademais, Activae incorpora funcionalidades para a implantación de fluxos de traballo, polo que permite adaptarse ás características propias de cada organización.

Unha ferramenta para o sector audiovisual español.

I Xornada (R)evolusion, cara modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto

O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro – Santiago de Compostela) acollerá o vindeiro día 17 de novembro a expertos do sector TIC nunha xornada de traballo e posta en común centrada en estudar como afecta o software libre aos sectores industriais dende unha perspectiva en torno a modelos de negocio e dirección de empresas.

Xornada RevolusionEsta iniciativa, organizada pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, baixo o título (R)Evolusion, cara modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto, servirá para situar o contexto do software libre, as súas características como produto e o mercado que existe ao seu redor.

As tecnoloxías de software libre teñen unhas determinadas características especiais que as diferencian á hora da súa produción e distribución, sendo moi importante coñecelas e ter en conta para avaliar o impacto dende un punto de vista de empresa e negocio. O software de código aberto está a converterse no motor de cambio do emerxente sector TIC en Galicia, dende a súa estrutura, até as estratexias competitivas levadas a cabo polas empresas, de xeito que está a marcar un punto de inflexión moi importante na evolución do mercado.

Cursos gratuítos de formación sobre solucións FLOSS para pemes

Formación en programas de código aberto para pemesO cada vez maior uso do software libre nas empresas de maior tamaño no segmento das pemes fai prever un incremento tamén nas de menor tamaño por imitación.

Isto motivou á Confederación de Empresarios de A Coruña a introducir un programa formativo sobre solucións FLOSS co obxectivo de promover a formación en software libre nas empresas, tanto aos usuarios finais como ao persoal dos departamentos TIC das empresas.

Así para durante este mes de novembro a CEC organiza cinco cursos de carácter gratuíto, co seguinte cronograma:

Seminarios web sectoriais de Openbravo

Logo de OpenbravoOpenbravo organiza unha serie de seminarios web sectoriais gratuítos destacando algúns dos sectores que xa son casos de éxito para Openbravo e nos que se exporán os retos TIC aos que se enfrontan eses sectores así como as características e vantaxes específicas da solución que Openbravo ten para cada un deles.

Estes seminarios desenvolveranse ao longo do mes de novembro de 2010 adicando un seminario a cada un dos seguintes sectores empresariais :

  • Distribución e Minoristas
  • Entidades Non Lucrativas
  • Servizos Profesionais
  • Fabricación

Remata o prazo para participar no IV Premio ao mellor PFC con Software Libre

O vindeiro día 31 de outubro remata o prazo para inscribirse no Premio ao mellor PFC con Software Libre organizado pola empresa Igalia.

Premio ao mellor proxecto fin de carreira con software libre

Este premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre incrementando o seu coñecemento e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

No inmediato, outorga un premio de 1000€ ao proxecto gañador, habendo a posibilidade de conceder un accésit de 500€, se a calidade dos proxectos presentados o merece. Calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2009/2010, ben sexa ordinaria ou extraordinaria pode presentarse ao premio, sempre que o seu proxecto cumpra as seguintes condicións:

Ghandalf patrocina a Libre Software World Conference

Como xa demos conta esta semana, Ghandalf estará presente hoxe na Libre Software World Conference, presentando o seu relatorio “Localización e tradución de documentación de alto nivel”. Máis, a súa colaboración nesta conferencia non queda aí.

Cartel da LSWC Dende Ghandalf, tendo en conta a importancia que un evento como a cancelada OSWC ten para o posicionamento internacional do traballo que se está a facer con Software Libre tanto en Galicia como no resto do estado español, consideraron imprescindible achegar todo o posible para que se celebrase o evento alternativo: a Libre Software World Conference.

Así, Ghandalf, decidiu tamén colaborar na medida das súas posibilidades facendo unha achega económica á organización da LSWC contribuíndo deste xeito a sufragar os gastos derivados da súa organización. Isto fixo que Ghandalf tivese a honra de ser incluído como patrocinadores da LSWC.

Máis participación galega na LSWC.

A participación galega nesta conferencia non queda aí.

I MiniNo DevConf, xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo

GALPon MiniNo DevConfO equipo de coordinación do desenvolvemento de GALPon MiniNo convoca a "I MiniNo DevConf".

Esta primeira xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo terá lugar o vindeiro día 6 de novembro de 9:00 a 14:00 horas, na aula de formación da empresa TEGNIX, en Vigo. Durante o transcurso da mesma, os coordinadores exporán a súa visión e os seus proxectos para a próxima versión de GALPon MiniNo v 2.0 baseada en Debian Squeeze a fin de avaliar os distintos eidos de traballo cara a conseguir unha mellor coordinación e efectividade.

A esta xuntanza están convidados todos os que dun xeito ou outro forman parte, ou desexen formar parte, da familia do gatiño, co desexo de procurar un equipo máis independente dos actuais coordinadores, a fin de harmonizar un equipo de traballo que poida garantir o seu futuro.

Xornadas de promoción de software libre para as pemes

 [Actualizado 27 de outubro] Xa está dispoñible o formulario de inscrición nas distintas xornadas do ciclo:

  • Inscrición na xornada de Santiago
  • Inscrición na xornada de Lugo
  • Inscrición na xornada de Coruña
  • Inscrición na xornada de Vigo
  • Inscrición na xornada de Ourense
  • Inscrición na xornada de Ferrol

Logo de AGASOL AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) organiza un ciclo de Xornadas de Promoción de Software Libre para a PEME co título de “Software Libre contra a crise” en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este ciclo consta de 6 xornadas que terán lugar durante o mes de novembro en distintas cidades galegas, nomeadamente, Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol.

O obxectivo fundamental das xornadas é que os asistentes adquiran unha comprensión básica ao tempo que amena, sobre as características do software libre, as súas vantaxes e as posibilidades de implantación a nivel empresarial, especialmente beneficiosas cando se trata de pequenas e medianas empresas. Achegaranse produtos e casos de éxito de uso de software libre á PEME galega que poden contribuír á mellora da súa produtividade e ao aforro de custes a través da utilización da tecnoloxía. Ao mesmo tempo, os asistentes poderán contactar cun grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.

Así as xornadas presentan un dobre interese: amosar as potencialidades do software libre, e ofrecer diferentes posibilidades de soporte de produtos e servizos ás PEMES galegas por parte de AGASOL.

Pax. 31 de 55« Primeiro...1020...2930313233...4050...Último »

Pin It on Pinterest