Actualidade

Un total de 1780 resultado(s) para software

Novidades en MiniNo e PicarOs

O equipo de desenvolvemento de MiniNo e o seu sabor para cativos PicarOs, achégannos información sobre as últimas novidades do seu traballo. A publicación da versión alfa de MiniNo 3.0, unha versión de PicarOs para tabletas entre outras.

Imaxe de PicarOs correndo nunha tableta

Lembramos que GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, que ten por obxectivo dar solución a computadores moi antigos e con moi poucos recursos. A partir desta distribución, os seus desenvolvedores elaboraron unha adaptación da mesma orientada ao seu uso principalmente por nenos á que deron en chamar PicarOs.

O pasado mes de outubro vía a luz a versión PicarOs 2015, mais os desenvolvedores, no seu constante esforzo por achegar esta distribución aos usuarios e facilitar o seu uso, non deixan de traballar e infórmannos de varias novidades.

Cursos de administración avanzada de GNU/Linux e de desenvolvemento en Angular.js no CNTG

Logo de LPIC2Aberto o prazo de inscrición para dous novos cursos que se impartirán no CNTG a finais de Xaneiro. Trátase do Curso de administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPI2) e do Curso de desenvolvemento de aplicacións web con Angular.js. Cada curso contará con dúas edicións cun máximo de 20 alumnos cada unha, polo que cada curso conta cun total de 40 prazas.

A asistencia a estes cursos é totalmente de balde. O prazo de inscrición para ambos cursos estará aberto ata o día 4 de xaneiro de 2016. Logo de Angular.js

Os inscritos a estas accións formativas deberán realizar unha proba previa da que sairán as persoas finalmente seleccionadas para asistir ao curso. Esta proba previa, dunha duración duns 30 minutos, determinará se a/o candidato solicitante posúe os coñecementos requiridos para acceder ao curso e permitirá configurar grupos o máis homoxéneos posibles en relación co seu nivel de coñecemento e perfil técnico. Os interesados poden consultar no portal do CNTG os criterios de selección.

Odoo e CiviCRM incorpóranse á oferta de aplicacións do CDTIC Virtual

  • A Amtega ofrece a empresas e entidades do terceiro sector dúas novas solucións libres na nube do CDTIC virtual: Odoo e CiviCRM.
  • Odoo é un xestor de recursos empresarial para as actividades de produción e distribución e CiviCRM é unha ferramenta de xestión das relacións con clientes orientada para organizacións do terceiro sector
  • As solicitudes de acceso ao CDTIC Virtual realízanse a través da páxina web do CDTIC: http://cdtic.xunta.es/

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon hoxe a disposición das empresas e entidades do terceiro sector dúas novas aplicacións de software libre no Centro Demostrador TIC Virtual, o servizo de proba de solucións TIC na nube.

Imaxe dos novos aplicativos do VCDTIC

Polo tanto xa é posible probar o xestor de recursos empresarial (ERP) “Odoo”, orientado á xestión dos procesos internos dunha empresa, como a facturación, a contabilidade, o almacén ou o proceso de produción. Tamén está dispoñible o xestor de relacións cos clientes CiviCRM orientado a mellorar a comunicación coa masa social e á realización de campañas de captación de fondos en entidades do terceiro sector.

A través da páxina web do CDTIC (http://cdtic.xunta.es/) pódese solicitar xa un período de proba de calquera destas dúas solucións de software libre.

I Xornada de radio libre en Melide

Cartel da xornadaEste venres 23 de outubro a partir das 9:00 da mañá terá lugar no IES de Melide, a I Xornada de Radio Libre, organizada pola asociación Melisa.

A xornada contará con obradoiros e charlas sobre o mundo da radio: como gravar e montar un programa, linguaxe radiofónica, guións, posprodución con Audacity, produción musical con ferramentas libres e licenzas para publicar contidos libres. A xornada estará organizada en sesións de tarde e mañá, e consta dun programa con diferentes actividades para diferentes públicos (tanto xuvenil, como para adultos). A entrada é de carácter gratuíto e de libre acceso ao público en xeral.

A Amtega convoca máis de 500 prazas para as probas de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)

  • Os exames presenciais celebraranse a finais de novembro nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia
  • O certificado CODIX emitido pola Amtega acredita a formación en materia ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). A convocatoria está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice ou ben para aquelas que opten pola modalidade de autoformación.

A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado día 13 cun prazo de inscrición de 7 días naturais dende o seguinte ao da publicación. As persoas que desexen participar nestas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de CeMIT.

Dispoñible a nova PicarOS Diego 2015

Carátula de PicarOS 2015GALPon anuncia a nova versión da súa distribución para os máis cativos da casa, PicarOS Diego 2015.

Segundo se pode ler no anuncio desta nova versión, esta vén cargada de novidades resultado de axuste de detalles, suxestións dos mestres que a están a empregar dende hai varios cursos nas aulas, de corrección de bugs, da incorporación de novos programas ou a modificación dos existentes para adaptarse mellor aos seus destinatarios, etc.

Entre estas novidades atopamos por exemplo novas aplicacións ofimáticas, como un engadido para LibreOffice que separa as sílabas das palabras por cores, ou un curso completo de mecanografía para Ktouch con 500 leccións.; un programa que le calquera texto seleccionado nunha aplicación; incorporación de novos xogos para todas as idades; actualización dos navegadores de internet e adaptación para o seu funcionamento en webs educativas de uso extendido; novas aplicacións para a aprendizaxe e práctica musical; melloras no sistema para a configuración e rendemento do mesmo; etc

Nova Mapping party de OpenStreeMap

Esta tarde celébrase na Facultade de Informática da Coruña a festa das festas, a Mapping Party FIC’15. Conta cun dobre obxectivo, por un lado descubrir OpenStreetMap e por outro divertirse mentres se contribúe a aumentar os datos xeográficos con licenza libre.

Cartel da party

Este obradoiro estará organizado polas asociacións de software libre Xeopesca e GPUL e conta coa colaboración da Facultade de Informática da Coruña e da Amtega.

Obradoiro de edición de textos con Latex na residencia Altamar

O sábado 24 de outubro, celebrarase o próximo obradoiro correspondente ao 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar organizado por GALPon, que desta volta adícase á Edición de textos con LaTeX. Coma sempre, terá lugar na Residencia Xuvenil Altamar.

Banner do obradoiro de LaTeX

Este obradoiro de introdución a LaTeX estará dirixido por Miguel Cacho, usuario de LaTeX e profesor investigador na Universidade de Vigo. O horario do mesmo será o habitual, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 podendo prologarse o remate en función dos contidos.

Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e entidades de acción social

  • Mostraranse casos de éxito do uso de Software Libre en entidades do terceiro sector como a Coordinadora Galega de ONGD, CUAC FM ou Enxeñaría sen Fronteiras
  • A Xornada, organizada pola Amtega, celebrarase no Edificio CINC na Cidade da Cultura, o vindeiro xoves, 22 de outubro, a partir das 16.30
  • A asistencia é de balde, previa inscrición na web da xornada http://www.mancomun.org/xornadaterceirosector/
  • Os relatorios poderán seguirse co hashtag #softlibreONG

Cartel da xornadaA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra a tarde do 22 de outubro a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”. O Edificio CINC da Cidade da Cultura acollerá relatorios sobre experiencias de implantación de Software Libre en diferentes entidades asociativas e sociais así como exemplos de uso de ferramentas de Software Libre no ámbito da cooperación e inclusión social.

A xornada desenvolveranse en horario de 16.30 a 20.30 como peche do ciclo formativo de Software Libre para o terceiro sector no marco das actividades do Programa de Voluntariado Dixital e do Plan de Software Libre 2015 da Amtega.

Trátase dunha xornada de intercambio de experiencias na que se contará tanto coa visión técnica de profesionais TIC, como coa visión de usuario final das propias entidades.

O programa do evento atópase dispoñible na páxina web da xornada.

A Compostela maker faire este sábado en Área Central

Cartel da maker faireEste sábado 17 de outubro terá lugar a Compostela Mini Maker Faire, a primeira feira Maker Faire da historia de Galicia. Celebrarase en Área Central de 10 am a 9 pm.

Trátase dunha feira de inventores e creadores, dun escaparate da creatividade e do enxeño e un lugar para compartir coñecemento e divertirse ao tempo. Este movemento baséase na cultura do “Do It Yourself” e na aplicación dos principios do software libre á fabricación, como o intercambio de coñecementos e información que se xera nestas comunidades de profesionais.

Arduino, Impresoras 3D, Open Structures, Open Source Ecology… son só unha mostra das ferramentas que se usan.

Pax. 30 de 178« Primeiro...1020...2829303132...405060...Último »

Pin It on Pinterest