Actualidade

Un total de 525 resultado(s) para empresa

I MiniNo DevConf, xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo

GALPon MiniNo DevConfO equipo de coordinación do desenvolvemento de GALPon MiniNo convoca a "I MiniNo DevConf".

Esta primeira xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo terá lugar o vindeiro día 6 de novembro de 9:00 a 14:00 horas, na aula de formación da empresa TEGNIX, en Vigo. Durante o transcurso da mesma, os coordinadores exporán a súa visión e os seus proxectos para a próxima versión de GALPon MiniNo v 2.0 baseada en Debian Squeeze a fin de avaliar os distintos eidos de traballo cara a conseguir unha mellor coordinación e efectividade.

A esta xuntanza están convidados todos os que dun xeito ou outro forman parte, ou desexen formar parte, da familia do gatiño, co desexo de procurar un equipo máis independente dos actuais coordinadores, a fin de harmonizar un equipo de traballo que poida garantir o seu futuro.

Xornadas de promoción de software libre para as pemes

 [Actualizado 27 de outubro] Xa está dispoñible o formulario de inscrición nas distintas xornadas do ciclo:

  • Inscrición na xornada de Santiago
  • Inscrición na xornada de Lugo
  • Inscrición na xornada de Coruña
  • Inscrición na xornada de Vigo
  • Inscrición na xornada de Ourense
  • Inscrición na xornada de Ferrol

Logo de AGASOL AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) organiza un ciclo de Xornadas de Promoción de Software Libre para a PEME co título de “Software Libre contra a crise” en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este ciclo consta de 6 xornadas que terán lugar durante o mes de novembro en distintas cidades galegas, nomeadamente, Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol.

O obxectivo fundamental das xornadas é que os asistentes adquiran unha comprensión básica ao tempo que amena, sobre as características do software libre, as súas vantaxes e as posibilidades de implantación a nivel empresarial, especialmente beneficiosas cando se trata de pequenas e medianas empresas. Achegaranse produtos e casos de éxito de uso de software libre á PEME galega que poden contribuír á mellora da súa produtividade e ao aforro de custes a través da utilización da tecnoloxía. Ao mesmo tempo, os asistentes poderán contactar cun grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.

Así as xornadas presentan un dobre interese: amosar as potencialidades do software libre, e ofrecer diferentes posibilidades de soporte de produtos e servizos ás PEMES galegas por parte de AGASOL.

SOGo, outra alternativa libre a MS Exchange

No mundo empresarial, a necesidade de coordinar equipos de traballo implica, cada vez máis, unha boa xestión de axendas. Compartir e sincronizar reunións, tarefas ou cadernos de contactos, son accións moi habituais en calquera organización. Con tal fin existen ferramentas orientadas ao público empresarial, como Microsoft Exchange ou algunhas alternativas libres como, por exemplo, Zimbra ou Open-Xchange. Outra opción, para implantar un sistema de axenda compartida, compatible con Outlook e Thunderbird e que, ademais, permite sincronización sen fíos con smartphones é SOGo.

Logo do aplicativo SOGo SOGo (Scalable OpenGroupware), toma como base o proxecto Opengroupware, e ofrecEsquema de conectividade de SOGO e un xestor de tarefas, axenda e contactos compartidos, ideal para coordinar equipos de traballo, xestionar de maneira individualizada o tempo ou xestionar axendas de maneira delegada, por exemplo, entre un directivo e o seu asistente. Loxicamente, a posibilidade de compartir datos leva aparellada unha completa xestión de permisos, para controlar quen ten acceso á información e quen pode, ademais de acceder, modificala.

Un dos puntos fortes de SoGo , ademais de ser software libre, é a súa capacidade de sincronización con dispositivos móbiles, apoiándose noutro proxecto de código aberto, Funambol.

Galicia continúa á cabeza do Estado na adopción de software libre

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de realizar unha análise sobre os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre o uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2009/2010. Segundo as súas conclusións, Galicia segue a adiantar ao resto do Estado na adopción de software libre.

Os datos mostran que un 11% das empresas galegas de máis de 10 asalariados emprega o sistema operativo LINUX, fronte ao 9,5% da media estatal. Este indicador experimentou un crecemento interanual en Galicia do 8,9%

mentres que o incremento do conxunto do Estado foi do 6,7%.

Así mesmo outros indicadores que experimentaron un incrementou no último ano son a formación en novas tecnoloxías e a recepción de facturas electrónicas. O 18,5% das empresas galegas afirman ter proporcionado actividades formativas sobre as TIC, experimentando un crecemento interanual do 51,6%. A porcentaxe de persoal destas empresas que recibiu formación en TIC acadou o 30,8%, superando en 2,2 puntos á media estatal. En canto ao emprego de facturas electrónicas, os datos amosan que un 22,8% das empresas galegas que realizan intercambio automatizado de datos envían facturas electrónicas, experimentando un crecemento interanual do 18,8% pero aínda a 2,3 puntos da media estatal. Cabe salientar o incremento experimentado pola recepción de facturas electrónicas que se sitúa xa no 58,8% das empresas de 10 e máis empregados que realizan intercambio automatizado de datos, superando a media estatal en 7,6 puntos.

Microsoft adopta WordPress para substituír Windows Live Spaces

Migración de Windows Live Spaces a WordPress.com Microsoft acaba de anunciar da man de Dharmesh Mehta – Director de produto de Windows Live que abandona o seu servizo Windows Live Spaces, lanzado no ano 2006, e que migrará completamente a plataforma a Wordpress.com, a plataforma máis popular de blogging do mundo desenvolvida integramente como software libre.

Segundo conta Dharmesh Mehta, os actuais usuarios do servizo de Microsoft migraranse progresivamente ao novo servizo. Con tal fin, e durante un período duns seis meses, os usuarios que desexen manter o seu blog poderán utilizar unha serie de ferramentas sinxelas, desenvolvidas por Automattic, a empresa detrás de Wordpress.com, en colaboración con Microsoft, para exportar todos os seus contidos (artigos, comentarios, fotos…) desde Windows Live Spaces a WordPress.com. Por outro lado a partir de agora aos novos usuarios de Windows Live seguiráselles ofrecendo a posibilidade de crear o seu propio blog pero directamente aloxado en WordPress.com

Novas versións da plataforma eBox

  • A plataforma eBox cambia o seu nome a Zentyal.
  • Publicada a versión estable Zentyal 2.0 e a nova política de liberación de versións.
  • Dispoñible a nova versión de Zentyal Cloud (antes Centro de Control eBox)

No último mes a plataforma eBox presentou algunhas novidades de interese que vos resumidos de seguido. A primeira das novidades é o cambio de nome.

Logo de Zentyal - antes coñecida como eBox Platform Dende o 1 de setembro deste ano, a plataforma eBox pasou a chamarse Zentyal. Segundo os seus desenvolvedores, o obxectivo deste cambio é reflectir con maior precisión as características do produto e os servizos baseados nel, logo de 7 anos de vida deste proxecto.

En palabras de Ignacio Correa, Director Xerente de eBox Technologies (que tamén muda o seu nome a Zentyal), “ O proxecto eBox Platform evolucionou, medrou e, naturalmente, os seus obxectivos transformáronse desde as súas orixes tras sete anos de desenvolvemento. Con este cambio, queremos asegurar que o produto reflicte con maior precisión o que ofrece. O nome actual de eBox Platform suxire que o software vén integrado nun hardware de servidor, pola palabra "Box". Con todo, eBox Platform é puramente software de servidor que vén acompañado de servizos de subscrición baseados na nube.”

A IV edición do Máster en Software Libre de Igalia impartirase tamén en Vigo

Segundo anunciaron os organizadores do Máster en Software Libre, logo de avaliar as solicitudes recibidas nas últimas semanas, abriuse a posibilidade de inscribirse nunha nova edición en Vigo para o ano académico 2010-2011. Esta edición impartirase na sede da Obra Social de Caixanova en Vigo, grazas á colaboración de Caixanova.

O prazo de matriculación único e ordinario para a edición de Vigo está aberto ata o vindeiro día 12 de Outubro de 2010, para que todas as persoas interesadas poidan anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición.

Ao igual que na correspondente edición de A Coruña, cuxo prazo de matriculación extraordinario está aínda aberto ata o vindeiro día 1 de Outubro, o máster ten un custe de 7000 euros que pode verse reducido grazas a unha interesante política de descontos aplicable a recen titulados, aos mellores expedientes dos últimos anos, participantes no premio ao mellor proxecto de fin de carreira con SwL, membros de colectivos como certos colexios profesionais, certas asociacións galegas de usuarios de software libre, persoal de empresas de AGASOL ou ASOLIF …

A VII Guadec Hispana presenta o seu programa e abre o prazo de inscrición

VII Gaudec Hispana Como xa anunciamos no seu día, a VII Guadec Hispana terá lugar na Coruña os vindeiros días 22 e 23 de xullo, cita obrigada para todos aqueles interesados en coñecer as últimas novidades sobre o proxecto GNOME.

Para asistir a este congreso é imprescindible inscribirse previamente a través do formulario de rexistro habilitado ao efecto na web da VII Guadec. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro día 18 de xullo, e dado que as prazas son limitadas dende a organización aconsellan darse presa en enviar a solicitude para non quedar sen praza.

Unha vez rematado o prazo de remisión de propostas e valoradas as mesmas, dende a organización publican o programa completo de relatorios, obradoiros e actividades para os dous días do congreso, pendente de pechar tan só o horario e distribución das mesmas. Este ano inclúe moitos temas de interese para coñecer como comezar a colaborar cunha comunidade de software libre como GNOME e moitas das últimas novidades do proxecto como a súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos sobre a comunidade, melloras en accesibilidade, implicacións dos novos navegadores, soporte dos sistemas multitouch, etc

A continuación incluímos unha breve descrición do contido de cada un dos relatorios aceptados e incluídos no programa:

Aberto o prazo de remisión de propostas para a Conferencia Internacional de Software Libre

Conferencia Internacional de Software Libre - OSWC 2010 A Conferencia Internacional de Software Libre, organizada pola Junta de Andalucía e a Junta de Extremadura en colaboración coas empresas máis importantes do sector, é un foro internacional para a presentación e difusión de aspectos técnicos, de aplicativos e de modelos de negocio en software libre. Logo xa de seis edicións, probablemente poida xa considerarse o evento europeo de maior relevancia relacionado coas tecnoloxías de fontes abertas. Este ano celebrarase en Málaga durante os días 27, 28 e 29 de Outubro.

Desta volta a conferencia presenta algunhas novidades con respecto á organización de anos anteriores, entre as que destacan:

  • Adicación do primeiro día da conferencia exclusivamente ao público profesional, é dicir, a persoas que desenvolven a súa actividade profesional en empresas privadas ou entidades públicas usuarias de tecnoloxía libre ou empresas do sector TIC. Os días 28 e 29 estarán, como sempre, abertos á participación do público en xeral.

  • Visión práctica da que se pretende dotar ao evento. É dicir este ano marcouse como un dos obxectivos ofrecer aos asistentes a oportunidade de visualizar as vantaxes derivadas da aplicación do software libre en ámbitos concretos,como as pequenas e grandes empresas, as administracións públicas ou as organizacións do sector social. Serán os propios actores clave nestes ámbitos quen expoñan as súas ideas, experiencias e os que axudarán a atopar as solucións máis adecuadas para cada tipo de actividade ou de negocio.

A Conferencia contará con sesións plenarias e con comunicacións doutro tipo que serán escollidas de entre todas as propostas recibidas. O prazo para o envío de propostas de comunicacións está aberto ata as 8:00 horas do vindeiro día 31 de Xullo.

Presentado Carvalho, o tradutor automático estatístico do inglés ao galego con licenza GPL

Imaxin|Software presentou onte, no Centro ON de Santiago de Compostela, o proxecto Carvalho, un proxecto de tradución automática estatística, de código aberto e sustentábel, entre o inglés e o galego encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad e publicado baixo licenza GPL.

Proxecto Carvalho

O proxecto está aberto á colaboración de toda a comunidade. O obxectivo é mellorar e enriquecer o corpus inglés-galego actual, que inclúe xa uns 71 millóns de palabras, contribuíndo ao tempo á plantación de especies autóctonas por toda a nosa xeografía, xa que Imaxin comprometeuse a facer repoboacións forestais de árbores autóctonas segundo vaia medrando o corpus coas achegas da comunidade.

Na web do proxecto teñen instrucións detalladas, mesmo con videotitorias, nas que se indica que unha das formas de colaborar é enviándolles ao proxecto corpora de inglés-galego ou de inglés-portugués. Este último se ademais se transforma ao galego sería de grande utilidade.

Este proxecto forma parte dunha nova liña de investigación aberta na empresa compostelá, consistente en por unha banda basear a tradución automática no uso de tecnoloxías de tradución estatística e por outro tomar como base para a mesma corpus aliñados entre o inglés e o portugués de Portugal, ante a inexistencia de corpus paralelos inglés – galego grandes dabondo. O punto de partida desta nova vía radica en que a tradución baseada en regras, empregada ata o momento polo sistema de tradución Opentrad, funciona de maneira excelente entre linguas lingüisticamente próximas como é o caso do español e o galego por exemplo, mais non resulta efectiva para linguas tan distantes como o inglés e o galego.

Pax. 30 de 53« Primeiro...1020...2829303132...4050...Último »

Pin It on Pinterest