Actualidade

Un total de 589 resultado(s) para educacion

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización do Máster universitario en consultoría de software libre

Logotipo do Máster en Consultoría de Software Libre

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.

Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

A OSL da USC sitúa a tradución ao galego do Netbeans no 50%

A OSL da USC informa que o pasado 15 de xuño publicouse a versión 6.9 de NetBeans, e que pese a non dispoñer de todo o tempo que desexarían, acadaron que o nivel de tradución ao galego deste IDE (contorno gráfico de desenvolvemento) acadase o 50%. A tradución deste coñecido IDE, usado para desenvolver software en diversas linguaxes de programación, comezouse co gallo da I Edición do ETSE Open de SL do pasado ano, e en pouco máis dun ano pasou do 0% ao 50%.

Os alumnos do Máster en Consultoría de Software Libre presentarán os seus proxectos empresariais de fin de Máster a inversores

Máster en Consultoría en Software Libre O Máster en Consultoría de Software Libre da Escola Superior de Enxeñería Informática inclúe un novidoso formato para a presentación do traballo de final de Máster. Este traballo consiste no desenvolvemento dun proxecto de empresa tecnolóxica, e a novidade é que o alumnado deberá presentar e defender o seu proxecto diante de posibles inversores. O tribunal que avaliará estas iniciativas estará formado tanto por profesores como por inversores.

Durante dous días, o 16 e 17 de xullo, os alumnos reuniranse cos inversores para convivir e intercambiar puntos de vista. Deberán presentarlles as súas ideas ata convencelos de que invistan diñeiro nelas. Durante a defensa dos proxectos, será tan importante o acto da exposición como a cea posterior cos inversores, o que obrigará ao alumnado a saber expresar e comunicar axeitadamente a súa idea aínda que se trate dunha cea de dúas horas con inversores que son xente da que precisan pero que lles resulta allea. É imprescindible ter a idea ben desenvolvida e traballada así como saber comunicala da forma máis elocuente posible para evitar que os inversores perdan o interese e decaia a súa atención.

Descontos adicionais no Máster en software libre para os participantes no Premio ao mellor PFC con SwL

Dende a web do Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, informan que este ano ofrecerán un desconto adicional do 10% nas taxas de inscrición do Máster en Software Libre a todos os participantes que cumpran os requisitos para ser avaliados para o Premio. Deste xeito pretenden apoiar á xente que comeza a ter a súas primeiras experiencias co movemento FLOSS e que queira seguir aumentando o seu coñecemento sobre as tecnoloxías abertas a través dos estudos do máster.

Segundo os organizadores trátase dun paso lóxico, xa que o espírito do Premio é fomentar o uso do software libre e a participación no mesmo amosa un forte compromiso cos fundamentos do movemento, baseados no libre intercambio de coñecemento e o traballo colaborativo. Por outra parte o Máster en Software Libre proporciona a formación completa para posicionarse no ámbito profesional.

Curso de verán sobre Ferramentas de Seguridade en GNU/Linux na Universidade de Vigo

A Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo organiza entre os seus cursos de verán o curso Ferramentas de Seguridade en GNU/Linux dirixido polos profesores Francisco José Ribadas Pena e Víctor Manuel Darriba Bilbao cos seguintes obxectivos:

  • Difundir os principios básicos da seguridade nos sistemas e dar a coñecer as principais ameazas existentes.
  • Mostrar dun xeito práctico os mecanismos básicos para implantar medidas de seguridade efectivas.
  • Iniciar aos alumnos na administración segura de equipos, redes e servizos baseados en software libre.
  • Promocionar o uso do software libre e presentar as ferramentas de seguridade dispoñibles nos sistemas GNU/Linux.
  • Analizar paso a paso exemplos reais de instalación, configuración e uso de ferramentas de seguridade típicas en contornos GNU/Linux.

O curso celebrarase entre o 21 e o 25 de xuño de 2010 no Edificio Politécnico do Campus de Ourense e terá unha duración de 30 horas convalidables por 2 créditos de libre configuración ou 1 ECTS.

A asociación Ghandalf convoca dúas bolsas para proxectos de fin de carreira en SwL

Logo de Ghandalf A Asociación GHANDALF fai unha convocatoria aberta para a concesión de dúas Bolsas a estudantes universitarios de disciplinas técnicas relacionadas co Software (Enxeñería Informática, Telecomunicacións, Industriais e relacionados) para que no seu Proxecto Fin de Carreira (PFC) desenvolvan sistemas/aplicativos en software libre e/ou aporte valor técnico ao ecosistema FLOSS.

A concesión da bolsa inclúe:

  • por unha banda o apoio e titorización por parte dos membros de Ghandalf para axudar a resolver as dúbidas respecto do software libre en xeral, da forma de traballo en comunidade, licenciamento, propiedade intelectual, uso de ferramentas habituais no desenvolvemento dun proxecto libre … Este acompañamento ou titorización poderá ser presencial, en función da dispoñibilidade tanto do bolseiro como do titor, e en remoto.
  • Por outra banda, a maiores deste asesoramento e titorización a bolsa tamén inclúe unha pequena achega económica, a modo de incentivo, de 200€.

O CNTG realizará probas de certificación dirixidas a profesionais do sector TIC entre o 15 e o 17 de xuño

  • Preto do 77% dos cursos impartidos polo CNTG no período comprendido entre setembro de 2009 e xuño de 2010 ofreceron aos alumnos a posibilidade de realizar un exame gratuíto de certificación.
  • Un total de 537 profesionais TIC da nosa comunidade accederán a estas probas de certificación entre a quenda de Xaneiro e a de Xuño, beneficiándose deste valor engadido das accións formativas do CNTG da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
  • Algo máis do 47% destes alumnos accederon a probas de certificación en tecnoloxías FLOSS ou metodoloxías empregadas en proxectos FLOSS.

Durante o ano formativo en curso, o CNTG convocou dous períodos certificadores masivos, un en xaneiro, para aqueles cursos impartidos no cuarto trimestre de 2009, e outro a celebrar entre o 15 e o 17 de xuño, para aquelas accións formativas desenvolvidas no primeiro e segundo trimestre de 2010.

Unha certificación profesional ou técnica dun fabricante ou organización, certifica a total capacitación e pleno dominio dunha versión dun produto ou metodoloxía por parte dun profesional TIC. Estas certificacións validan unha formación e experiencia e posúen alto grao de recoñecemento no sector. Mentres que os temarios e contidos son deseñados polo fabricante ou organización en particular, os exames de certificación realízanos entidades certificadoras independentes, circunstancia esta que supón unha garantía sobre a calidade do resultado final e permite proxectar a nivel internacional a validez e homologación de certificacións.

En total, foron 537 alumnos que accederon de xeito gratuíto a probas de certificación TIC e que se beneficiarán deste valor engadido das accións formativas do CNTG da Dirección Xeral de Formación e Colocación. Desta cifra total, 180 alumnos asistiron ás xornadas de xaneiro, 312 profesionais están convocados para as próximas deste mes e 45 alumnos participaron noutras xornadas de certificación a maiores destes dous procesos masivos.

Publicados os resultados do II Fiadeiro de Localización e o gañador do premio Máis e mellor

Logo da OSL da USC Dende a OSL da USC infórmannos da publicación dos resultados obtidos do II Fiadeiro de localización de software libre.

Como vos informamos no seu día, un dos obxectivos principais deste fiadeiro eran impulsar a comunidade universitaria de localización ao galego de software libre ofrecendo formación técnica e práctica de xeito que ao tempo se contribuíra a dispoñer do software que se use na USC en galego, mediante os procesos de localización.

Oito novos aplicativos dispoñibles en galego

Aínda que a organización prevía inicialmente localizar ata16 pequenos aplicativos, finalmente ao contar só con sete asistentes cunhas competencias en galego, inglés e informática heteroxéneas, a lista viuse reducida a oito aplicativos. Estes aplicativos localizados estarán á disposición de calquera que teña instalado Ubuntu-USC no seu ordenador, xa que coa vindeira actualización automática hánselle instalar estas ferramentas, dalgunha das cales xa podemos visualizar a súa interface en galego. Posto que as traducións se enviaro aos proxectos orixinais, a medida que o resto de distribucións fagan actualizacións dos paquetes de idioma tamén estarán estes aplicativos dispoñibles en galego.

O CREA libera en MORFEO o seu material de formación de Administración de Sistemas GNU/Linux

Logo do CREA O Centro de Referencia para a Excelencia en Contornos Abertos (CREA), iniciativa impulsada por FORMAN, consorcio-escola da Consellería de Emprego da Junta de Andalucía, súmase á Comunidade Morfeo e libera un curso de Administración de Sistemas GNU/Linux. Este material pasa a formar parte dos máis de 15 cursos actualmente dispoñibles dentro da comunidade de formación Morfeo. Estes poden atoparse en aula morfeo.

A iniciativa encádrase dentro das actividades do proxecto Morfeo Formación e de CREA, e busca a construción dunha rede formativa onde os materiais sexan accesibles baixo licenzas libres para fomentar a súa mellora e reutilización, sen deixar de lado a súa explotación comercial por parte dos membros da Comunidade Morfeo.

Novos fascículos tecnolóxicos sobre OpenOffice

Continuando co seu obxectivo de contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido, CENATIC vén de poñer a disposición do público 3 novos fascículos tecnolóxicos que complementan aos catro publicados ata a data, dos que xa informamos no pasado mes de marzo.

Estes novos fascículos son:

Cada fascículo está publicado baixo licenza Creative Commons (Recoñecento-NonCormercial-CompartirIgual 2.5 España), sendo o autor orixinal de cada obra o que aparece xunto ao título.

Pax. 30 de 59« Primeiro...1020...2829303132...4050...Último »

Pin It on Pinterest