Actualidade

Un total de 561 resultado(s) para Empresa

Software libre no terceiro sector: oportunidades para o desenvolvemento

Logotipo de AGASOLAGASOL a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia, organiza para o vindeiro día 29 de setembro a Xornada software libre no terceiro sector: oportunidades para o desenvolvemento, unha xornada de traballo dirixida fundamentalmente ás asociacións e organizacións do terceiro sector que operan en Galicia, co obxectivo de achegarlles as ferramentas informáticas libres de interese para ofrecer un mellor servizo aos colectivos desfavorecidos.

A economía social ou terceiro sector designa a un eido á marxe dos sectores público e privado, un área de economía e iniciativas solidarias e non lucrativas que en Galicia está representado por unhas 2.000 entidades entre asociacións, fundacións e organizacións relixiosas. Para elas o emprego do software libre representa una oportunidade accesible para superar a fenda dixital e incorporar novas tecnoloxías.

O uso do Software Libre nas empresas galegas crece 30 puntos nos últimos 2 anos

  • Os estudos constatan que existe un amplo conxunto de provedores galegos de Software Libre, e que están a aliñar a súa oferta coa demanda crecente deste tipo de produtos e servizos
  • Case o 60% das empresas que ofrecen servizos de software ofertan produtos de software libre
  • Esta oferta incrementouse en máis dun 15% no período 2008-2010
  • Mar Pereira realizou esta intervención durante a comisión executiva de Centro Nacional de Referencia para o fomento do Software Libre que se celebrou hoxe por primeira vez en Galicia
  • Na xuntanza participaron o director xerente de CENATIC, Miguel Jaque, e o director xeral de red.es, Carlos Cano

Rolda de prensa da Xornada do presentación do Programa de Mellora para a competitividade da empresa de CENATICO Software Libre está presente no 63,6% das pemes galegas, cun crecemento de 30 puntos porcentuais con respecto entre os anos 2008 e 2010. Así se recolle en dous informes: un sobre o uso do Software Libre nas pemes, e outro específico sobre Software Libre nas empresas informáticas de Galicia, elaborados polo Observatorio para a Sociedade da Información de Galicia (Osimga) e que foron presentados esta mañá pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira.

Oferta e demanda aliñadas

Os estudos do Osimga sinalan que preto do 60% das empresas informáticas de Galicia que ofertan produtos ou servizos de software aos seus clientes ofrecen produtos de software libre, incrementando esta oferta en máis dun 15% no período 2008-2010. Estes datos poñen de manifesto que existe un amplo conxunto de provedores galegos de software libre, e que están a aliñar a súa oferta coa demanda crecente deste tipo de produtos e servizos, o que demostra a boa lectura do mercado que está a facer o sector TIC galego.

Valoración positiva

A responsable de Modernización destacou entre os datos do informe que o 35% das empresas que aínda non empregan Software Libre consideran que usalo sería beneficioso para elas. Ademais, o 53,4% das empresas galegas opina que o uso de Software Libre se incrementará e o 58,2% valora positivamente os produtos de Software Libre.

Xornada de Presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC

Logotipo de CENATICCon motivo da próxima comisión executiva do Padroado de CENATIC que se celebrará o mércores, 14 de setembro de 2011 na comunidade autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en Fontes Abertas) organiza unha xornada técnica para presentar o Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC, que terá lugar no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Esta xornada ten por obxectivo reunir a empresas e profesionais do sector TIC de Galicia que desenvolven a súa actividade en diferentes áreas de actuación, tales como hardware, desenvolvemento de aplicacións e prestación de servizos TIC, así como formación de carácter tecnolóxico.

4 proxectos empresariais poñen fin á III edición do Máster en Consultoría de Software Libre

Findeat, Sincita.es, Smartn@ture e Nextaste son os catro proxectos empresariais que o alumnado do Máster en Consultoría de Software Libre da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense presentaron o pasado venres como traballos finais do seu mestrado. Alí, os catro grupos nos que se dividiron os alumnos do máster defenderon os seus respectivos proxectos ante un grupo de empresas e institucións que poden ser posibles investidores ou colaboradores. Alumnado da III edición do Máster en Consultoría de Software Libre

Hoxe trátase de facer unha presentación de empresa, non académica. Tedes cinco minutos para captar a atención dos posibles investidores e de describir a vosa idea de negocio”, advertíalles Enrique Barreiro aos alumnos ao inicio da sesión, segundo se pode ler na nova publicada no DUVI. De seguido, un portavoz de cada unha dos proxectos explicou aos asistentes a súa proposta empresarial.

Toni Martínez explicou en nome do seu grupo o proxecto Findeat, unha guía social de restaurantes e locais que permite aos usuarios elixir con confianza un sitio no que comer ou tomar algo sen necesidade de coñecelo previamente.

Juan Montes, explicou en representación do seu grupo o proxecto Nextaste cuxa idea é crear unha serie de ferramentas coas que calquera persoa que dispoña de acceso a Internet poida buscar suxestións á hora de elixir rapidamente que comida preparar. Os usuarios rexistrados poderán consultar receitas, comentalas, engadir outras receitas ou puntualas, entre outras posibilidades.

Xornada demostradora de Xestión Integral de Empresas con Software Libre no Centro Demostrador TIC

  • O Centro Demostrador TIC celebra o vindeiro 28 de xullo unha xornada sobre a Xestión Integral de Empresas con Software Libre
  • Na xornada presentaranse ferramentas TIC para mellorar a productividade das empresas galegas.
  • As empresas ou persoas interesadas poden inscribirse vía web na ligazón http://cdtic.xunta.es/inscribir

Imaxe gráfica do Centro Demostrador tICO Centro Demostrador TIC de Galicia celebra o 28 de xullo a primeira unha xornada dedicada á Xestión Integral de Empresas con Software Libre. Esta xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, autónomos, xerentes ou directivos das empresas da nosa comunidade, tanto do sector público como privado.

O obxectivo desta xornada é facer un percorrido por distintas solucións tecnolóxicas que permitan incrementar a produtividade das pemes a través da mellora da súa xestión, co nexo común de seren todas elas solucións con licenza libre. Isto abarata o seu custe de adquisición e posibilita a súa adaptabilidade ás necesidades reais por empresas galegas facilitando deste xeito que a inversión TIC das nosas pemes xere negocio no propio sector TIC galego convertendo así a innovación tecnolóxica en motor económico.

Ferramenta libre lúdico-terapéutica para persoas con parálise cerebral

A Asociación Provincial de Parálise Cerebral (APPC) de Tarragona e a empresa CREA Sistemas Informáticos presentaron esta semana a primeira versión pública do proxecto SITPLUS. Trátase dun aplicativo con licenza GPLv3 pensado, principalmente, para ofrecer actividades lúdicas a persoas con múltiples discapacidades. Ofrece novas formas de interacción baseadas na visión artificial e na voz, para xerar un resultado inmediato en forma de imaxe e son. Neste sentido, perfílase como unha plataforma de investigación sobre os beneficios do xogo, a arte e a música interactivos.

Logo de SITPLUSSITPLUS é o resultado de máis de 3 anos de investigación, desenvolvemento e intervención directa con xente con parálise cerebral no APPC no contexto do proxecto SATI (Sistema Audiovisual Terapéutico Interactivo).

O Centro Demostrador TIC inaugurouse cunha demostración de software libre

Este luns 27 de xuño celebrouse o acto de inauguración oficial do Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) presidido polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

O venres 1 de xullo haberá unha xornada de portas abertas para que todas aquelas persoas interesadas en coñecer os servizos e instalacións deste novo Centro poidan acceder a el.

Acto de inauguración do CDTIC O CDTIC constitúese como un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego para mellorar a súa produtividade e competitividade. Segundo explicou Feijóo no acto de presentación, este centro servirá de “escaparate tecnolóxico” do sector TIC galego e axudará a consolidar unha imaxe de marca propia que favorecerá o seu posicionamento no mercado e a súa internacionalización.

O acto oficial de presentación foi precedido por unha demostración ofrecida pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol), na que se amosou a utilidade de diversas ferramentas para o día a día dun establecemento do sector da hostalería. A demostración atraeu a atención e o interese dos asistentes sobre aplicativos como OpenBravo, un ERP ou sistema de información xerencial mediante o que se pode manexar toda a información que xera unha empresa, e Open Pos, un sistema deseñado para xestionar puntos de venda. Ambas ferramentas teñen unha licenza libre, o que abarata o seu custe de adquisición, posibilita a súa adaptabilidade ás necesidades reais por empresas galegas facilitando deste xeito que a inversión TIC das nosas pemes xere negocio no propio sector TIC galego convertendo a innovación tecnolóxica en motor económico.

Acordo Atlántico a prol do software libre e de fontes abertas

Hoxe 29 de xuño de 2011, no marco do 12 Fórum Internacional so Software Libre (12FISL), fíxose público o anuncio oficial do Acordo Atlántico a prol do Software Libre e de Fontes Abertas, promovido dende AGASOL, e segundo nos informa Roberto Brenlla, a semente da que naceu este acordo prendeu durante a súa intervención no pasado 11FISL en Porto Alegre.

Este acordo formaliza a colaboración de diversas organizacións empresariais e sociais relacionadas co FLOSS de ambos lados do Atlántico. As asociacións

Asinantes do Acordo Atlántico

  • AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre – Galicia, España
  • ASL: Associação SoftwareLivre.Org – Brasil
  • ASOLiF: Federación Nacional de Empresas de Software Libre – España
  • CAdESoL: Cámara Argentina de Empresas de Software Libre – Arxentina
  • ESOP: Associação de Empresas de Software Open Source Portuguesas – Portugal e
  • SoLAr: Asociación Civil Software Libre Argentina – Arxentina

estiveron ao longo dos últimos meses traballando conxuntamente co fin de establecer acordos e canles de comunicación como paso previo á realización dun Plan de Acción conxunto a executar a ambos lados do Atlántico ao longo dos vindeiros anos. Estas actividades estarán orientadas á xeración e explotación de oportunidades de negocio, así como melloras de carácter social, difusión, apoio e asesoramento en cuestións que incumben a cada unha das entidades implicadas.

Elekta escolle o servidor Linux Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico

Logo de ZentyalHoxe en día os equipos médicos avanzados integran sistemas operativos completos e polo tanto están expostos a un número crecente de vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. Isto ocorre particularmente cando os equipos se conectan a redes de área local dos hospitais e pode resultar que virus, vermes e todo tipo de malware como troianos permitan accesos remotos non autorizados.

Elekta, empresa líder mundial en provisión de sistemas de radiación oncolóxica e neurocirurxía, buscaba unha solución de xestión unificada de ameazas (UTM) para integrar nun novo dispositivo de seguridade para empregar en hospitais para protexer os equipos de tratamento médico contra vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. O software que buscaban debía ser fiable e amplamente probado pero ademais ofrecer a máxima flexibilidade para adaptarse ás súas necesidades específicas e para resolver os futuros retos. Zentyal resultou cumprir con todos os requisitos ademais de ofrecer uns custes de mantemento reducidos. Así Elekta optou por Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico.

Conferencia internacional sobre aspectos legais do Software Libre

A conferencia EOLE, European OpenSource & Free Software Law Event é un evento europeo que ten por obxectivo promover a compartición e diseminación do coñecemento dos aspectos legais e licenzas de Software Libre e de Fontes Abertas, así como o desenvolvemento e promoción de boas prácticas neste campo. Este ano vai xa pola súa 4 edición. Terá lugar en Barcelona o 4 de novembro.

Se no ano 2008 en París centráronse na, por entón, recentemente publicada versión 3 da GPL, no 2009 en Bruxelas o tema a tratar foi Software Libre e de Fontes Abertas ante o Parlamento Europeo, e en 2010 en Torino, enfocaron as cuestións xurídicas expostas pola liberación de software do sector público, este ano en Barcelona centraranse en dúas áreas novas para a conferencia: o sector empresarial e o mundo universitario e da investigación..

Así este ano, a conferencia EOLE aspira a dilucidar algunhas das principais cuestións relacionadas por unha banda coa creación de empresas ou de liñas de negocio baseadas en software libre, dende o punto de vista do “provedor” e por outra coa adquisición ou a "adopción" do software libre polas empresas usuarias e como poden colaborar con proxectos de software libre.

Pax. 30 de 57« Primeiro...1020...2829303132...4050...Último »

Pin It on Pinterest