Actualidade

Un total de 1784 resultado(s) para software

Libérase o software de animación 2D OpenTOONZ

OpenTOONZ logotipoDigital Video, os fabricantes de TOONZ, e DWANGO, editorial xaponesa, anunciaron este sábado 26 de marzo no Anime Japan de Tokio a materialización do acordo asinado por ambas partes para a adquisición e liberación como Open Source do software de animación TOONZ, software de animación que foi desenvolvido orixinalmente por Digital Video de xeito independente. Digital Video e DWANGO chegaron a ese acordo baixo a condición de que DWANGO publicase e desenvolvera dito software baixo unha plataforma de código aberto baseada en TOONZ que se chamaría OpenTOONZ.

A materialización desta liberación chegou este sábado coa publicación dos fontes do código na plataforma de xestión de proxectos Github.com. Así pois OpenTOONZ xa está accesible dende o sábado baixo licenza BSDv3 compatible coa licenza GPL de GNU.

Nova convocatoria para a obtención da certificación galega en competencias dixitais

  • As probas presenciais celebraranse os días 27, 28 e 29 de abril nas aulas CeMIT de 31 concellos de toda Galicia
  • Os interesados poden inscribirse a través da web da Rede CeMIT
  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

Logo do CODIXA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca preto de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada onte no DOG, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición poderá realizarse desde mañá a través de web da Rede CeMIT sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT. No caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas, realizarase un sorteo alfabético entre as persoas inscritas para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula.

Publícanse dous videotitoriais de OwnCloud e CiviCRM como apoio ao servizo de proba de aplicacións na nube do CDTIC Virtual

Videotitoriais CDTIC VirtualCo obxectivo de facilitar a proba das solucións empresariais dispoñibles no CDTIC Virtual, a Amtega está a elaborar materiais audiovisuais de apoio para coñecer como funcionan e como se lle pode sacar partido a ditas ferramentas.

Polo momento elaboráronse e publicáronse un par de videotitoriais sobre as aplicacións OwnCloud e CiviCRM, dúas das que están agora mesmo dispoñibles no CDTIC Virtual.

Co fin de continuar facilitando o acceso a estas solucións de software libre por parte das pemes, entidades ou cidadanía en xeral, durante os próximos meses seguiranse a xerar contidos de apoio para as diferentes aplicacións dispoñibles a través do CDTIC Virtual.

Novo artigo tecnolóxico: Alfresco, xestión documental con software libre

Logo de Alfresco e a empresa Queres TencoloxíaVimos de publicar un novo artigo sobre outra solución de xestión empresarial. Desta volta trátase de Alfresco, solución para a xestión documental empresarial con Software Libre.

Todas as organizacións, independentemente do seu tamaño, xeran diariamente importantes cantidades de información e documentación, moita dela de vital importancia para o bo funcionamento da empresa: contratos, propostas, presupostos, acordos, fichas técnicas, etc.

Unha boa pregunta para saber se unha solución de xestión documental podería axudar a mellorar a eficacia da xestión da miña empresa é: “Podo atopar facilmente a información e datos que preciso para xestionar o meu negocio?” Se a resposta é non sen dúbida o artigo será do seu interese.

Na actualidade existen numerosas solucións para a Xestión documental tanto privativas como libres, mais neste artigo centrámonos nas solucións libres, polas vantaxes que supoñen, e concretamente na solución Alfresco.

Por outra parte, dada a importancia da existencia de provedores tecnolóxicos próximos e de confianza á hora de abordar a implantación dunha nova solución TIC, falamos con Queres Tecnologías, empresa galega provedora de Alfresco, tendo a través das súas respostas unha visión especializada da solución presentada.

Novo artigo tecnolóxico sobre o caso de éxito de OpenESB na Xunta de Galicia

Logo de OpenESBHai uns días publicamos na sección de Artigos Tecnolóxicos un caso de éxito de uso de OpenESB na Xunta de Galicia.

Neste artigo, ademais de mostrar o caso de éxito e como se está a empregar esta solución de software libre na Xunta de Galicia, entrevistamos a:

  • Paul Perez, cabeza visible da comunidade internacional de software libre que desenvolve OpenESB.
  • Alejandro Casas, Xerente de proxectos de Traballo e Emprego na Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da AMTEGA, quen é o responsable do proxecto de integración de OpenESB na Xunta de Galicia.

O vindeiro martes, unha das aulas CeMIT de A Coruña, acollerá o obradoiro: Administra os teus proxectos e os teus clientes grazas a Odoo

Logo de OdooO vindeiro martes día 8 de marzo, terá lugar na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís, en A Coruña, un obradoiro sobre Odoo, un ERP de Software Libre, sobre o que xa elaboramos un artigo en profundidade fai uns meses, na nosa sección de artigos tecnolóxicos.

O obradoiro que será levado a cabo por Anubía, unha empresa galega con moita experiencia na implantación desta solución, estará orientado a empresas de servizos, que busquen unha solución de software libre que lles axude na xestión comercial e administrativa. O programa detallado, así como toda a información referente a este obradoiro pode atoparse na web do Centro Demostrador TIC da Xunta de Galicia (CDTIC), a través deste enlace.

Iceweasel volverá chamarse Firefox en Debian

Logos de Iceweasel e FirefoxPara os usuarios GNU/Linux Debian os tempos de uso de Icedove e Iceweasel rematarán pronto, cando menos empregando eses nomes.

Recentemente, o pasado 17 de Febreiro, Mozilla recoñeceu finalmente que os parches aplicados por Debian sobre o seu fork de Firefox non teñen impacto na calidade do produto, polo que non ten sentido seguir mantendo o re-branding do produto e a xestión bifurcada do mesmo co nome de Iceweasel.

Oviedo e Barcelona reutilizan o software do portal de participación cidadá liberado polo concello de Madrid

O pasado mes de Setembro, o concello de Madrid fixo público o seu portal de participación cidadá, Madrid Decide. A plataforma software desenvolvida polo concello para o desenvolvemento deste portal foi tamén publicaba en github con licenza aberta, concretamente AGPL v3.0, baixo o proxecto Consul. Este software foi reutilizado xa por outras cidades como Oviedo ou Barcelona.

Captura do portal Madrid Decide

O obxectivo deste portal de participación cidadá é basicamente establecer unha canle de comunicación directa entre a cidadanía e os seus representantes municipais. Que a cidadanía poida participar activamente nos procesos de toma de decisión municipal e que a súa opinión sexa tida en conta. E un exemplo de goberno aberto.

Publicadas as actividades do GPUL Labs

Logo de GPUL labsO pasado mes de novembro GPUL anunciaba a súa nova iniciativa para, segundo as súas palabras, “recuperar o P de Programadores do nome da asociación e tratar de volver a xerar ese sentimento de comunidade dentro do software libre da cidade da Coruña”; os GPUL Labs.

De xeito resumido, os GPUL Labs son unha serie de talleres, charlas e hackatons de programación baseados en tecnoloxías libres co fin de realizar, de comezo a fin, un proxecto de desenvolvemento software traballando cunha Raspberry Pi, creando unha aplicación web, falando de metodoloxías áxiles de desenvolvemento ou incluso de boas prácticas como code review ou integración continua.

Esta semana informaron da dispoñibilidade xa de toda a información das actividades do evento no web dos <Labs/>. Practicamente cada semana, para facilitar o seu seguimento, realizarase unha actividade sobre unha tecnoloxía diferente, ao longo duns 3 meses, todo co obxectivo final de montar unha enorme e activa comunidade de Software Libre na Coruña.

Aberto o prazo de inscrición nos cursos de CNTG do segundo trimestre

Imaxe do CNTGXa está aberto o prazo de inscrición para aqueles cursos do CNTG que se van impartir ao longo do segundo trimestre do ano 2016.

A programación inclúe temáticas e áreas diversas e vai dirixida aos diversos perfís profesionais do sector TIC: xestión e dirección de proxectos, infraestruturas, redes de comunicacións, sistemas e desenvolvemento e programación. Nesta programación inclúense cursos relacionados co software libre ou con metodoloxías de programación:

  • Administración avanzada de ssoo Red Hat Linux
  • Big Data. Cloudera para Apache Spark
  • Desenvolvemento de aplicacións móbiles con PhoneGap
  • Configuración de servizos de seguridade con tecnoloxía baseada en sw libre
  • Certified Scrum Developer de Scrum Alliance
  • Prince2 foundation
Pax. 29 de 179« Primeiro...1020...2728293031...405060...Último »

Pin It on Pinterest