Actualidade

Un total de 585 resultado(s) para educacion

GALPon organiza un curso de Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres

GALPon

[Actualizada 15-10-10] – O curso é totalmente gratuíto para todos os asistentes.

A asociación GALPon organiza un curso de Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres. Trátase dun curso de carácter eminentemente práctico no que se desenvolveran todas as materias precisas para a construción e posterior configuración e administración dun sitio/servidor web.

  • Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
  • Utilización avanzada de Open SSH.
  • Virtualización con VirtualBox.
  • Asterisk e VoIP.
  • Sistemas de copias de seguranza.
  • Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal

O curso, totalmente gratuíto, vai dirixido especialmente a:

  • Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
  • Persoal adicados á implantación, administración e deseño de páxinas web.
  • Profesionais adicados ao desenvolvemento e implantación de software.

Dispoñible Ubuntu 10.10 100% en galego

Comunidade de voluntarios de tradución ao galego de Ubuntu Non podemos comezar esta nova senón cos nosos parabéns ao equipo de localización ao galego de Ubuntu xa que veñen de acadar un fito histórico.

A Ubuntu 10.10, publicada o pasado 10-10-10, anunciada como un 10 perfecto, acadou por primeira vez o nivel do 100% de tradución ao galego, superando así o 86% que xa acadaran na pasada versión LTS.

E o máis merecedor de recoñecemento, como xa destacamos cando a publicación da Ubuntu LTS 10.04, non é só a cantidade, senón tamén a calidade da tradución na que nos últimos tempos o equipo de localización está poñendo especial énfase levando a cabo unha ardua tarefa de supervisión de traducións pasadas, corrección, control de coherencia terminolóxica e de estilo e coordinación cos equipos de traducións dos distintos proxectos, aplicativos, … que conforman Ubuntu.

Se queres formar parte deste equipo tes unha boa oportunidade no 1º festival de tradución de software libre ao galego que se celebra este sábado na localidade de Ordes.

Novidades de Ubuntu 10.10

GALPon ofrece obradoiro de OpenOffice.org avanzado na UVigo

Logo de GALPon Dende GALPon infórmannos que xa está aberto o prazo de matrícula para o Obradoiro de OpenOffice.org avanzado que esta asociación impartirá na Universidade de Vigo coa colaboración da empresa Tegnix. O prazo de matrícula remata o vindeiro día 15 de outubro.

O obradoiro vai dirixido a persoal coñecedor das ferramentas ofimáticas dun modo básico que desexa mellorar as súas capacidades no emprego do OpenOffice.org. O curso terá unha duración de 30 horas, e celebrarase do 18 de outubro ata o 8 de decembro de 2010, os luns e mércores de 15:00 a 17:00. 

Trataranse temas relacionados co emprego desta ferramenta ofimática en contornas máis esixentes de traballo como o envío automático de correspondencia, emprego de estilos, creación de escenarios ou supostos de cálculo ademais de deseño de presentacións de corte técnico ou impactante.

EpiLinux estará presente na XXVIII Reunión Científica da Sociedade Española de Epidemioloxía

A Oficina de Software Libre da USC anuncia que parte do traballo realizado na súa colaboración co equipo de desenvolvemento de EpiLinux será presentado á comunidade científica na XXVIII Reunión Científica da Sociedade Española de Epidemioloxía, que terá lugar no Palacio de Congresos de Valencia do 27 ao 29 de outubro de 2010.

A comunicación na que expoñerán o traballo levado a cabo para a creación do metapaquete para a Ubuntu-USC específico dos aplicativos incluídos na EpiLinux leva o título de EPIMETA – UN METAPAQUETE DE EPILINUX e formará parte da mesa: "Servizos sanitarios, información sanitaria e metodoloxía" que terá lugar o día 27 no auditorio 1, entre as 15:00 e as 16:30.

A IV edición do Máster en Software Libre de Igalia impartirase tamén en Vigo

Segundo anunciaron os organizadores do Máster en Software Libre, logo de avaliar as solicitudes recibidas nas últimas semanas, abriuse a posibilidade de inscribirse nunha nova edición en Vigo para o ano académico 2010-2011. Esta edición impartirase na sede da Obra Social de Caixanova en Vigo, grazas á colaboración de Caixanova.

O prazo de matriculación único e ordinario para a edición de Vigo está aberto ata o vindeiro día 12 de Outubro de 2010, para que todas as persoas interesadas poidan anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición.

Ao igual que na correspondente edición de A Coruña, cuxo prazo de matriculación extraordinario está aínda aberto ata o vindeiro día 1 de Outubro, o máster ten un custe de 7000 euros que pode verse reducido grazas a unha interesante política de descontos aplicable a recen titulados, aos mellores expedientes dos últimos anos, participantes no premio ao mellor proxecto de fin de carreira con SwL, membros de colectivos como certos colexios profesionais, certas asociacións galegas de usuarios de software libre, persoal de empresas de AGASOL ou ASOLIF …

Formación oficial en administración de sistemas operativos Linux LPIC

Centro de novas tecnoloxías de Galicia

Como xa informamos no mes de Agosto, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) fixo público o seu plan formativo para o vindeiro curso. LPI ATP Entre a súa oferta en tecnoloxías FLOSS para o último trimestre do ano hai dous cursos sobre administración de sistemas operativos LINUX a través dos que se poderán optar as certificacións LPIC de nivel 1 e 2. Os cursos son gratuítos e inclúen tamén de xeito gratuíto a posibilidade de realizar un dos dous exames oficiais necesarios para obter a certificación correspondente. As prazas son limitadas.

Tegnix Aqueles interesados en recibir esta formación que non consigan a súa praza, ou non poidan desprazarse ata Santiago para seguir estes cursos no CNTG, teñen a opción de realizar os cursos de certificación LPIC ofrecidos por TEGNIX, empresa formadora LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux LPI.

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización do Máster universitario en consultoría de software libre

Logotipo do Máster en Consultoría de Software Libre

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.

Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

A OSL da USC sitúa a tradución ao galego do Netbeans no 50%

A OSL da USC informa que o pasado 15 de xuño publicouse a versión 6.9 de NetBeans, e que pese a non dispoñer de todo o tempo que desexarían, acadaron que o nivel de tradución ao galego deste IDE (contorno gráfico de desenvolvemento) acadase o 50%. A tradución deste coñecido IDE, usado para desenvolver software en diversas linguaxes de programación, comezouse co gallo da I Edición do ETSE Open de SL do pasado ano, e en pouco máis dun ano pasou do 0% ao 50%.

Os alumnos do Máster en Consultoría de Software Libre presentarán os seus proxectos empresariais de fin de Máster a inversores

Máster en Consultoría en Software Libre O Máster en Consultoría de Software Libre da Escola Superior de Enxeñería Informática inclúe un novidoso formato para a presentación do traballo de final de Máster. Este traballo consiste no desenvolvemento dun proxecto de empresa tecnolóxica, e a novidade é que o alumnado deberá presentar e defender o seu proxecto diante de posibles inversores. O tribunal que avaliará estas iniciativas estará formado tanto por profesores como por inversores.

Durante dous días, o 16 e 17 de xullo, os alumnos reuniranse cos inversores para convivir e intercambiar puntos de vista. Deberán presentarlles as súas ideas ata convencelos de que invistan diñeiro nelas. Durante a defensa dos proxectos, será tan importante o acto da exposición como a cea posterior cos inversores, o que obrigará ao alumnado a saber expresar e comunicar axeitadamente a súa idea aínda que se trate dunha cea de dúas horas con inversores que son xente da que precisan pero que lles resulta allea. É imprescindible ter a idea ben desenvolvida e traballada así como saber comunicala da forma máis elocuente posible para evitar que os inversores perdan o interese e decaia a súa atención.

Descontos adicionais no Máster en software libre para os participantes no Premio ao mellor PFC con SwL

Dende a web do Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, informan que este ano ofrecerán un desconto adicional do 10% nas taxas de inscrición do Máster en Software Libre a todos os participantes que cumpran os requisitos para ser avaliados para o Premio. Deste xeito pretenden apoiar á xente que comeza a ter a súas primeiras experiencias co movemento FLOSS e que queira seguir aumentando o seu coñecemento sobre as tecnoloxías abertas a través dos estudos do máster.

Segundo os organizadores trátase dun paso lóxico, xa que o espírito do Premio é fomentar o uso do software libre e a participación no mesmo amosa un forte compromiso cos fundamentos do movemento, baseados no libre intercambio de coñecemento e o traballo colaborativo. Por outra parte o Máster en Software Libre proporciona a formación completa para posicionarse no ámbito profesional.

Pax. 29 de 59« Primeiro...1020...2728293031...4050...Último »

Pin It on Pinterest