Actualidade

Un total de 1784 resultado(s) para software

Xeoposicionamento con OpenStreeMap

Logo de OSMOs días 26 e 27 de maio, a asociación Xeopesca, en colaboración coa aula CeMIT de Poio, impartirá un obradoiro sobre “XeoPosicionamento con OpenStreetMap”.

O obxectivo do obradoiro será introducir aos asistentes no funcionamento de OpenStreetMap, amosando como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluílos en OSM. Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa están referenciados son correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluídos no mapa.

Máis do 84% das pemes galegas empregan Software Libre

  • Os programas libres con maior implantación son os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas
  • O crecemento do Software Libre nas empresas informáticas galegas continúa a súa escalada, incrementándose en 2 puntos no último ano e situándose no 86,7%
  • No último ano aumentou en máis de 7 puntos a porcentaxe de empresas informáticas, provedoras de solucións TIC, que venden Servidores web e Servidores de correo
  • Máis da metade das empresas informáticas galegas considera que a tendencia de software libre no mercado será expansiva

O uso do Software Libre nas empresas galegas de 10 ou máis traballadores sitúase no 84,9%, por riba doutras Comunidades Autónomas como Madrid, Cataluña ou o País Vasco. No caso das microempresas a porcentaxe de uso é menor, aínda que segue a incrementarse respecto a 2014, e acada o 52,1%.

Imaxe do resumo executivo do uso de software libre nas pemes TIC no 2015

En canto ás empresas informáticas galegas, o uso do Software Libre crece en 2 puntos respecto ao ano anterior e sitúase no 86,7%. Son datos recollidos nos dous estudos sobre “O uso de Software libre nas empresas e no sector TIC de Galicia. Ano 2015”, publicados hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Estes estudos enmárcanse nas actuacións de impulso do Software libre que se establecen no Plan de Acción Software Libre anual que desenvolve a Amtega.

Seminarios sobre Big Data e cloud con software libre no CNTG

Imaxe do CNTG

O CNTG organiza durante o mes de maio diversos seminarios sobre Big Data e cloud baseados no uso de ferramentas libres. Así, o 12, 18 e 23 de maio respectivamente terán lugar nas súas instalacións os seminarios:

O acceso a calquera dos tres seminarios, é de balde e condicionado ao aforo do local, polo que se recomenda realizar a inscrición previa en liña a través do portal web do CNTG. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. A data límite de inscrición é o día antes de cada un dos seminarios.

As persoas interesadas en asistir a estes seminarios que non poidan desprazarse a Santiago, poden consultar na rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

A FIC acolle o sábado o Scratch Day organizado polo CPETIG

O vindeiro sábado 7 de maio a Facultade de Informática da Coruña (FIC) acolle o “Scratch Day” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa propia FIC.

Imaxe da comunidade Scratch

O obxectivo deste evento é difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais. Diríxese fundamentalmente a rapazas e rapaces de entre 10 e 14 anos, que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo, profundando e divertíndose coa informática a través do contorno de programación Scratch.

O evento comezará cunha breve presentación e demostración de Scratch para pasar logo á parte totalmente práctica con dous obradoiros paralelos de programación con Scratch de nivel iniciación e nivel avanzado.

Ubuntu 16.04, a nova versión LTS, xa está dispoñible en galego

Ranking de idiomas na tradución de Ubuntu 16.04A semana pasada publicouse a nova versión de Ubuntu 16.04 (LTS), que terá mantemento e actualizacións durante 5 anos. Dende o proxecto Trasno, infórmannos que esta nova versión está dispoñible ao 93% na nosa lingua.

Aínda que poida parecer unha cifra baixa, comparada co 100% doutras versións, compre aclarar que as estatísticas de tradución agora recollen tanto software do ambiente de escritorio coma do novo sistema móbil polo que o 100% de nivel de tradución non estivo desta volta ao alcance de ningún idioma, nin sequera para a mínima adaptación do inglés británico.

Novos videotitoriais de MiniNo PicarOS

Logo de PicarOSO equipo de desenvolvemento de MiniNo e o seu sabor para cativos PicarOs, achégannos información sobre as últimas novidades do seu traballo. Concretamente sobre a publicación de novos videotitoriais sobre PicarOs e sobre a participación nas Xornada de boas prácticas docentes 2016 en Tudela, Navarra.

Así mesmo estarán tamén presentes na próxima xornada que organiza AGASOL o vindeiro 30 de abril, Libreteo, da que vos falamos hai uns días.

Así infórmannos da publicación de oito novos videotitoriais de uso de PicarOs, que deesta volta van adicados á edición gráfica, presentando solucións para actividades útiles para a educación primaria. Os novos vídeos dispoñibles son:

2º Hackatón de desenvolvemento dos GPUL Labs

Logo de GPUL labsGPUL anuncia o segundo Hackathon de desenvolvemento de Software Libre. A cita será o vindeiro sábado día 30 de abril.

Igual que no anterior hackaton IoT, desenvolvido o pasado 9 de abril, o obxectivo é facer piña e crear unha comunidade de desenvolvedores preocupados polas tecnoloxías libres que impulsen proxectos de código aberto na nosa comunidade galega.

Desta volta o evento decántase polo desenvolvemento colaborativo de ferramentas que dean resposta a necesidades comúns do día a día dos participantes ou do seu entorno laboral ou familiar. Trátase polo tanto dunha temática aberta polo que convértese nunha xornada ideal para compartir coñecementos e motivacións cos demais participantes.

O CEPIG organiza un curso de Hardening Linux

Logo de CPEIGO CPEIG organiza o curso Hardering Linux co obxectivo de presentar diferentes técnicas para fortificar sistemas Linux e os servizos que se poden executar en dito sistema. O curso vai guiado polo modelo de defensa en profundidade (DiD), o cal permite ir protexendo diferentes capas ou escenas da organización.

O curso terá unha duración de 20 horas presenciais que se distribuirán en 4 sesións intensivas os venres pola tarde e sábados pola mañá durante dous fins de semana, o 29 e 30 de abril, e 6 e 7 de maio de 2016. O horario será de 16:30 a 21:30 os venres e de 09:00 á 14:00 os sábados. O curso celebrarase na ESEI da Universidade de Ourense.

Liberada a tradución de GNOME 3.20 en galego

Logo de GNOME en galegoRecentemente foi anunciada a publicación da nova versión da contorna de escritorio GNOME. Esta versión está dispoñible 100% na nosa lingua, grazas como sempre aos esforzos do equipo galego de tradución de GNOME. 

Así o anunciaban a finais do pasado marzo que xa tiñamos dispoñible a nova versión da contorna de escritorio GNOME 3.20 completamente traducida ao galego. Este fito completa o ciclo de desenvolvemento que supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

Xamarin será liberado coma Open Source coma parte da .NET Foundation

Logo de XamarinO pasado 31 de Marzo, Nat Friedman, actual CEO e co-fundador de Xamarin, anunciou publicamente no blog oficial de Xamarin o compromiso de abrir o código de SDK de Xamarin, incluindo o runtime, as bibliotecas e ferramentas de liña de ordes, como parte dos proxectos da .NET Foundation nos vindeiros meses.

Estos proxectos uniranse aos que Microsoft vén liberando en torno á platorma .NET dende finais de 2014.

Pax. 28 de 179« Primeiro...1020...2627282930...405060...Último »

Pin It on Pinterest