O ITG implanta a súa solución aberta de ERP (HGPyme) a tres entidades galegas

Así, na entidade BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), están a piques de rematar a implantación despois de 6 meses de traballo. A estrutura modular do software, o código aberto e a súa accesibilidade a través da Internet desde calquera dispositivo móvil foron algúns dos factores máis determinantes á hora de elexir a solución ERP HGPyme para o proxecto, segundo comentan na propia web.
As outras dúas empresas nas que se está implantando son:
- Electrónica del Noroeste onde o traballo realizado polo ITG está nunha primeira fase centrada na personalización do módulo de xestión de proxectos e a interactividade web con clientes e provedores.
- Construcciones Vixoy, empresa construtora especializada en edificación, obra civil e urbanismo que elixiu HGPyme para controlar de forma rápida e eficiente os custos de todas e cada unha das súas obras.
Outros dos aplicativos de software libre que implanta o ITG e que poden integrarse co seu software de xestión son:
- Eclipse Birt, ferramenta de cadro de mandos e xestor de informes avanzados
- Factura electrónica