Actualidade
A OpenDocument Format Alliance medra ata os 138 membros
A OpenDocument Alliance parece ter un gran apoio á iniciativa do formato OpenDocument, según se demostra polo rápido crecemento da alianza, que en apenas un mes pasou de contar con 36 membros ata os 138 cos que conta na actualidade.
O grupo de membros contén agora grandes empresas de venta de software como son: Corel Software, EDS, EMC, IBM, Novell, Opera Software, Optaros, Inc., Oracle,Software AG, e Sun Microsystems (entre moitos) e por outra parte temos a BellCom OpenSource A/S, Free Standards Group, GNOME, Mandriva, OpenOffice.org, OSDL, e Red Hat (ademáis de moitos outros) no lado do Software Libre….
Presentada na LinuxWorld a Suse Linux 10.1 con 1500 programas de Código Aberto
Durante a ‘LinuxWorld Conference’, celebrada en Boston (Massachusetts) a pasada semana, a compañía Novell anunciou o lanzamento de ‘SUSE Linux 10.1’, a última versión da súa distribución para [[GNU/Linux]]. Trátase da primeira versión ‘SUSE Linux’ desenvolvida en completa colaboración coa comunidade de Código Aberto (‘Open Source’), con máis de 1.500 paquetes que conteñen as últimas novidades de Software Libre, tales como a suite ofimática OpenOffice, o navegador web Firefox e outras ferramentas multimedia.
HP simplifica a integración de Software Libre e comercial
HP introduciu o pasado 4 de abril, o primeiro ofrecemento en hardware, software e servizos ás empresas, para simplificar a integración do Software Libre e o software comercial.
Deseñado para acelerar a adopción do Software Libre nos centros de procesamentos de datos, o novo HP Open Source Integrated Portfolio (OSIP) prové aos seus clientes cunha maneira máis fácil de despregar un amplo abano de Software Libre, comercial e aplicacións híbridas sobre Linux, Windows e entornos HP-UX 11i…
LinuxWorld – A adaptación de estándares é fundamental para o Software Libre
Debuntu.org – Trucos para ubuntu e debian
debuntu.org é un weblog no que se mostran programas de ubuntu e de debian en forma de paquetes .deb, así como numerosas configuracións de programas destas distribucións tan estendidas.
Evolution para Mac OS X
O xestor de correo electrónico e organizador persoal Evolution está xa dispoñible para Mac OS X. Ademais, contén o plug-in de Exchange, que non fora incluído na anterior versión.
Certificación LPI para a distribución Ubuntu.
Kernel 2.6.16: Sistema de archivos para cluster de Oracle.
Este sistema mostra maiores vantaxes no manexo de arquivos en servidores en cluster.
O martes pasado Oracle anunciou que o seu sistema de arquivos para clustering (Cluster File System 2 for Linux), será distribuído co núcleo de Linux, que é o software base das distribucións de Linux.
O sistema de arquivos para clustering está deseñado para permitir a varios servidores de Linux, utilizar o mesmo arquivo e facilitar o manexo dos servidores de Linux. O lanzamento destacouse por traballar como un sistema de arquivos de uso xeral, en lugar de ser un sistema de arquivos especifico.
Observatorio pola neutralidade tecnolóxica
A Asociación LINUX ESPAÑOL e o avogado José María Lancho xunto coa Asociación de abogados LEGALVENTURE e a revista Linux Magazine veñen de desenvolver un proxecto para vixianza da neutralidade tecnolóxica co fin de acadar que a infraestructura informática da Administración do Estado deixe de ser un monopolio dunha tecnoloxía propietaria…