Actualidade

Un total de 3264 resultado(s) para Outras novas

2º Hackatón de desenvolvemento dos GPUL Labs

Logo de GPUL labsGPUL anuncia o segundo Hackathon de desenvolvemento de Software Libre. A cita será o vindeiro sábado día 30 de abril.

Igual que no anterior hackaton IoT, desenvolvido o pasado 9 de abril, o obxectivo é facer piña e crear unha comunidade de desenvolvedores preocupados polas tecnoloxías libres que impulsen proxectos de código aberto na nosa comunidade galega.

Desta volta o evento decántase polo desenvolvemento colaborativo de ferramentas que dean resposta a necesidades comúns do día a día dos participantes ou do seu entorno laboral ou familiar. Trátase polo tanto dunha temática aberta polo que convértese nunha xornada ideal para compartir coñecementos e motivacións cos demais participantes.

O CPETIG organiza un curso para formadores de Scratch este venres

Cartel do cursoO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organiza o vindeiro venres 22 de abril un curso especializado para formadores de Scratch.

Nesta ocasión o curso céntrase na formación de formadores co obxectivo de incrementar o número de persoas especializadas nesta ferramenta que poidan colaborar e participar no crecente número de actos divulgativos e formativos de formación, xa orientados a rapaces e pais, baseados nesta ferramenta.

Os obxectivos xerais da xornada formativa son Aprender a desenvolver aplicacións coa ferramenta Scratch, comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica, coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch, desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en eventos e coñecer as técnicas de organización e realización de eventos de programación.

Agasol organiza LibreTeo, evento de software, cultura e coñecemento libre

Agasol organiza o evento “LibreTeo, Software libre. Cultura libre. Coñecemento libre” en colaboración co Concello de Teo, Melisa, GALPon, Comunidade O Zulo, Boa idea, Orienta Galicia e Imaxin software.

Imaxe de portada de LireTeo 2016

A filosofía detrás deste evento é achegar ao público de xeito sinxelo os diferentes aspectos da cultura libre. Será posible coñecer xente que traballa ou constrúe software libre; xente que comparte a idea de que a cultura faise entre todos, e gusta de crear e compartir as súas creacións; e xente que comparte os seus coñecementos e desfruta facéndoo convencida de que o coñecemento compartido chega máis lonxe.

O evento terá lugar o 30 de abril no Auditorio da Ramallosa do Concello de Teo.

Remata o prazo de inscrición de varios cursos de tecnoloxías libres do CNTG

Logo do CNTGO vindeiro luns 11 de abril remata o prazo de inscrición para varios dos cursos de tecnoloxías libres ou metodoloxías de programación ofertados polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), que xa vos anunciamos no mes de xaneiro.

Concretamente finaliza o prazo para se inscribir nos seguintes cursos:

  • Seguridade baseada en software libre. Configuración de servizos e sistemas
  • Desenvolvedor big data para Apache Spark con Cloudera
  • Certified Scrum Developer de Scrum Alliance

A inscrición estará aberta ate o luns 11 de Abril e as probas de selección terán lugar o luns 18 de abril no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, ás que se aplicarán os criterios de selección habituais.

Celebración do 1º Hackatón GPUL IoT

Logo de GPUL labsComo xa anunciamos no seu día, GPUL vai celebrar o seu primeiro hackatón dentro do marco das actividades do seu programa GPUL Labs.

Este hackatón celebrase este sábado 9 de abril en Coruña, nas oficinas da empresa Igalia, que é patrocinador de ouro desta iniciativa dos GPUL labs.

Segundo anunciaban onte no seu facebook, xa están cubertas todas as prazas para participar no hackaton, boa proba do interese que está a espertar esta inciativa promovida por GPUL entre a comunidade de desenvolvedores galega.

Liberada a tradución de GNOME 3.20 en galego

Logo de GNOME en galegoRecentemente foi anunciada a publicación da nova versión da contorna de escritorio GNOME. Esta versión está dispoñible 100% na nosa lingua, grazas como sempre aos esforzos do equipo galego de tradución de GNOME. 

Así o anunciaban a finais do pasado marzo que xa tiñamos dispoñible a nova versión da contorna de escritorio GNOME 3.20 completamente traducida ao galego. Este fito completa o ciclo de desenvolvemento que supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

Open Source nos cursos na Aula de Formación Informática da UDC

Logo da UDCA UDC acaba de abrir os prazos de preinscrición para os cursos de maio que realizarán na Aula de Formación Informática (AFI) da propia universidade.

Como vén sendo xa norma habitual, dentro dos cursos para o mes de maio existe unha nutrida presenza de ferramentas de software libre. Nesta ocasión, ofertaranse prazas para diversos cursos:

  • Programación orientada a obxectos e interfaces gráficas de usuario en Python
  • Boas prácticas na elaboración de documentos ofimáticos con exemplos prácticos en LibreOffice
  • Edición de vídeo con ferramentas libres como Shotcut

Libérase o software de animación 2D OpenTOONZ

OpenTOONZ logotipoDigital Video, os fabricantes de TOONZ, e DWANGO, editorial xaponesa, anunciaron este sábado 26 de marzo no Anime Japan de Tokio a materialización do acordo asinado por ambas partes para a adquisición e liberación como Open Source do software de animación TOONZ, software de animación que foi desenvolvido orixinalmente por Digital Video de xeito independente. Digital Video e DWANGO chegaron a ese acordo baixo a condición de que DWANGO publicase e desenvolvera dito software baixo unha plataforma de código aberto baseada en TOONZ que se chamaría OpenTOONZ.

A materialización desta liberación chegou este sábado coa publicación dos fontes do código na plataforma de xestión de proxectos Github.com. Así pois OpenTOONZ xa está accesible dende o sábado baixo licenza BSDv3 compatible coa licenza GPL de GNU.

A empresa iCarto organiza un obradoiro de OpenStreetMap e un mapatón humanitario

Obradoiro OSMO vindeiro venres 8 de abril, en colaboración co Laboratorio de Cartografía da Universidade da Coruña (CartoLab), a empresa galega iCarto organiza un obradoiro de introdución a OpenStreetMap xunto con un mapatón humanitario dunha rexión de Mozambique.

iCarto vén traballando dende fai varios anos na rexión norte de Mozambique en proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento a través das convocatorias de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Estes proxectos teñen por obxectivo o fortalecemento institucional da Administración Rexional de Augas do Norte de Mozambique (ARA-Norte) a través do emprego de tecnoloxías de información xeográfica de Software Libre.

A xornada do 8 de abril terá dúas partes diferenciadas, pola maña presentarase o traballo que iCarto está levando a cabo en Mozambique e farase un obradoiro de introdución a OpenStreetMap, para aquelas persoas que queiran coñecer e empezar a colaborar con este proxecto. Xa pola tarde farase un mapatón humanitario, que consiste en traballar con OpenStreetMap creando cartografía en Mozambique que será empregada para poder facer un estudo de riscos de inundacións, polo que o mapatón centrarase no mapeado de elementos vulnerables como vivendas ou infraestruturas.

GPUL organiza un hackatón de IoT dentro das súas actividades dos GPUL Labs

Logo GPUL LabsA asociación GPUL segue coas activades dos seus GPUL Labs, que están a ter unha grande acollida ata o momento.

Ademais de anunciar que xa teñen unha nova remesa de actividades para as vindeiras citas, informan de que van a celebrar un Hackatón de desenvolvemento sobre IoT na cidade da Coruña, no que os asistentes desenvolverán pequenos prototipos baseados en software e hardware libre durante un día completo de traballo colaborativo.

Segundo nos indican a entrada será de balde, e os asistentes disporán de hardware para desenvolver o seu proxecto como Raspberrys, Arduinos e sensores para facer probas, ademais de almorzo e comida a cargo da organización, todo co obxectivo de facer piña e crear unha comunidade de desenvolvedores preocupados polas tecnoloxías libres que impulsen proxectos de código aberto.

Pax. 20 de 327« Primeiro...10...1819202122...304050...Último »

Pin It on Pinterest