Actualidade

Un total de 503 resultado(s) para Empresa

O 25% dos provedores do catálogo ModaTIC.gal ofrecen solucións libres

  • ModaTIC.gal é unha iniciativa da AMTEGA que constitúe o primeiro catálogo específico de solucións e provedores tecnolóxicos galegos para o sector téxtil.
  • Esta primeira edición inclúe 40 empresas TIC e 5 axentes de innovación que ofrecen en conxunto máis de 70 solucións e servizos tecnolóxicos.
  • O 25% das empresas TIC presentes neste catálogo ofrecen solucións con licenza libre. Estas solucións libres supoñen aproximadamente o 20% das solucións totais recollidas.

O catálogo ModaTIC.gal nace co obxectivo de ofrecer unha ferramenta, única ata o momento, onde as empresas do téxtil poidan atopar solucións tecnolóxicas específicas para o seu sector así como a información relativa aos diversos actores que conforman parte do ecosistema tecnolóxico en Galicia especializado no Téxtil.

Imaxe do catálogo ModaTIC.galPara a elaboración desta primeira edición de ModaTIC.gal tomouse como punto de partida o MapaTIC.gal, o punto de encontro virtual da oferta e a demanda tecnolóxicas de Galicia. Ademais contouse coa colaboración das diferentes asociacións tecnolóxicas galegas, Agasol, Agestic, Cluster TIC, Eganet e Ineo, así como da plataforma tecnolóxica, Vindeira e do Clúster Téxtil Moda.

Esta primeira edición inclúe 40 empresas TIC e 5 axentes de innovación que ofrecen en conxunto máis de 70 solucións e servizos tecnolóxicos.

Software libre para o sector téxtil

O 25% das empresas TIC presentes neste catálogo ofrecen solucións con licenza libre, que supoñen aproximadamente o 20% das solucións totais recollidas.

A Xunta inicia o estudio previo para migrar a software libre os ordenadores dos empregados públicos

  • Agasol elaborará unha análise exhaustiva para identificar o impacto económico desta actuación e as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas para afrontala
  • Analizará tamén cal é a mellor solución para consolidar un modelo estándar de plataforma de teleformación da Administración autonómica
  • Ademais, creará un conxunto de solucións baseadas en software de fontes abertas deseñadas especificamente para a xestión de micropemes e autónomos que poderán probar no Centro Demostrador TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) contará a finais de ano cunha análise pormenorizada para poder elaborar un plan de migración a software libre dos ordenadores dos empregados da Administración Xeral. Esta medida, enmarcada no Plan de Software Libre da Xunta, é unha das actuacións recollidas no convenio asinado esta mañá entre a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), Alejandro Escobar.

Durante os vindeiros meses Agasol realizará un estudo para identificar o impacto económico do cambio a ferramentas ofimáticas de fontes abertas nos postos de usuario, así como as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas que require esta medida. Os resultados desta análise, que se prevé ter rematada a finais de ano, determinarán a dimensión e os prazos do plan de migración, que se elaborará en base ao estudo.

Un de cada catro provedores do MapaTIC ofrece solucións con licenza libre

  • O MapaTIC é un servizo do Centro Demostrador TIC. É un directorio categorizado de empresas, produtos e servizos tecnolóxicos que permite ás empresas de todos os sectores produtivos visualizar as solucións máis innovadoras para a súa área de actividades.
  • Un total de 178 empresas TIC están xa rexistradas e ofrecen ata un total de 400 solucións tecnolóxicas a través deste escaparate virtual onde poden ter contacto con potenciais demandantes das súas solucións.
  • Case un de cada catro provedores rexistrados (23,40%) ofrecen os seus servizos sobre solucións tecnolóxicas con licenza libre. Estas solucións representan o 22,30% do total.

Un ano despois da súa posta en marcha o MapaTIC.gal ofrece máis de 400 produtos e servizos tecnolóxicos e conta con 178 provedores. O 22,30% das solucións ofrecidas posúen licenzas libres e o 23,40% dos provedores son provedores de servizos en torno a ditas solucións libres.

O Mapa, outros dos servizos que ofrece o Centro Demostrador TIC, é unha plataforma web que ten como obxectivo servir de punto de encontro virtual entre as empresas TIC e as empresas doutros sectores que demandan solucións tecnolóxicas.

O perfil predominante de provedores TIC neste escaparate virtual é o das micropemes, que representan o 52% do total, seguidas das pemes (25%) mentres que a mediana empresa e a gran empresa supoñen un 10% e un 3%, respectivamente. No caso dos demandantes, o sector que solicita máis produtos TIC é o do comercio, seguido do eido da educación a Industria cultural e empresas dos sectores primarios agricultura, pesca e gandaría.

A Amtega e o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia colaboran na liberación de dous aplicativos pioneiros na xestión turísitica

  • A liberación destas ferramentas permitirá a creación dunha comunidade de desenvolvedores en torno a elas abrindo a posibilidade de xeración de negocio para as empresas TIC
  • A aplicación de xestión de pequenos establecementos hostaleiros foi presentada ao sector durante os meses de xullo a setembro de 2012, espertando o interese doutros organismos e entidades turísticas do resto do estado
  • A aplicación de captura e explotación de datos turísticos implantouse en 7 paneis táctiles nas Oficinas de Turismo da Xunta e permite extraer datos sobre o perfil do viaxeiro en Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a colaborar co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) para liberar dous aplicativos desenvolvidos por este organismo e que están a ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Tráase do aplicativo de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativo de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.

A liberación destas ferramentas no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, permitirá crear unha comunidade de desenvolvemento e de usuarios ao redor delas, na que distintas empresas ou entidades poidan colaborar no seu mantemento e evolución, revertendo en beneficio de todos e permitindo xerar negocio.

Curso sobre a Xestión de relacións cos clientes e xestión de tenda virtual na Aula TIC PEME da USC

Cartel do curso da Aula TIC Peme da USCA Aula TIC Pemes da USC oferta un curso de formación en liña de 100 horas de duración sobre Xestión de relacións cos clientes e xestión de tendas virtuais que se impartirá a partir do 15 de xaneiro de 2013, e que xa ten o prazo de inscrición aberto.

O obxectivo do curso é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade, dende o control interno dos clientes ata a administración da súa propia tenda virtual. Para isto empregaranse as ferramentas Vtiger CRM, para a xestión de relacións co cliente, e Prestashop para a xestión das tendas virtuais. Ambas ferramentas distribúense con licenza libre.

Libreplan Audiovisual: Sistema de control da execución do gasto para o sector audiovisual

O equipo de desenvolvemento de LibrePlan infórmannos da recente publicación da web adicacada á nova adaptación sectorial de LibrePlan orientada á xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais: LibrePlan Audiovisual.

Pantalla do editor de modelos de Orzamentos en LibrePlan AudiovisualEste proxecto naceu da necesidade detectada no sector audiovisual de dispoñer dunha ferramenta que permitira estandarizar a creación de orzamentos de forma colaborativa e que facilitase o control dos desvíos sobre a estimación inicial, tanto en tempo como en custo, frecuentes na elaboración de produtos audiovisuais, solucionando problemas derivados do uso doutras ferramentas non específicas.

Así, Igalia e Wireless Galicia, coa colaboración do Cluster do Audiovisual de Galicia CLAG e cofinanciado con fondos públicos, puxéronse mans á obra. Tomando como base de partida o xestor web de proxectos LibrePlan, traballouse na súa adaptación co obxectivo de cubrir todas as etapas relacionadas coa definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos.

Logo de meses de traballo, o produto xa é está dispoñible a través da sección específica para o Audiovisual dentro da web do proxecto LibrePlan.

Ademais hoxe 23 de novembro, no Edificio Ágora de A Coruña estarán presentando o seu produto participando no VII Pitching "I+P Ideas para producir", xornada de exposición de proxectos e entrevistas one to one entre empresas e participantes individuais do sector audiovisual, organizada polo Cluster do Audiovisual de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de A Coruña.

Xornada de traballo sobre licenzas libres en Santiago de Compostela

Cartel das Xornadas sobre Licenzas da OSL

O vindeiro mércores, 21 de novembro, dende as 17:30 ata as 21:00 celebrarase a Xornada de traballo sobre como licenciar e traballar con Licenzas Libres, organizada pola OSL do CIXUG que terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.

Se ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda moi deficiente. Así existe moita confusión respecto das licenzas libres, dúbidas sobre por exemplo que licenza escoller?, estou condicionado polo software empregado para o meu proxecto?, cales son as implicacións da licenza escollida?, cales son os meus dereitos se publico cunha licenza libre?, como debo aplicar a licenza ao meu código?, é suficiente con poñer o meu código nunha forxa pública e dicir que é GPL? …

Conscientes desta problemática, a OSL do CIXUG organiza unha xornada de traballo que pretende botar luz sobre estas e moitas outras preguntas. Así o obxectivo da mesma será achegar aos profesionais TIC galegos que son as licenzas, cales son os diferentes tipos que hai e como poden publicar correctamente os seus proxectos mediante unha licenza libre. A xornada correrá a cargo de dous expertos especialistas en temas de propiedade intelectual e dereito das novas tecnoloxías como son David Maeztu Lacalle e Javier Prenafeta.

Obradoiros de capacitación en realidade virtual e aumentada con Software Libre

O Centro Demostrador TIC de Galicia para a última semana do mes de novembro unha serie de obradoiros para a capacitación en Realidade Virtual e Realidade Aumentada agrupadas baixo o epígrafe “Talleres de capacitación sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEMES” no que se empregarán ferramentas con licenza libre naqueles aspectos onde existen solucións libres de calidade que cobren as necesidades eficazmente.

Logotipo do CDTICOs seminarios serán impartidos por persoal con ampla experiencia profesional que ofrecerán unha formación básica onde se darán a coñecer os procesos de identificación, análise, creación e xeración de contidos de Realidade Virtual e Realidade Aumentada utilizando ferramentas de software libre, amosándose casos de éxito e as súas aplicacións.

A asistencia é gratuíta, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña no portal web http://cdtic.xunta.es/formacion

O 26 de novembro de 10:00 a 14:30 terá lugar o primeiro dos seminarios, “Aplicacións da realidade virtual e a realidade aumentada na empresa”, dirixido a directivos xerentes, directores de proxecto, xefes de oficina técnica e directores comerciais. Este seminario, de carácter divulgativo, versará sobre as diversas aplicacións e posibilidades que ofrece a Realidade Virtual e Aumentada na fabricación industrial, na construción, no turismo, formación ou sanidade.

II xornadas de Software Libre na empresa na UDC

A Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego, dependente do CIXUG, coa colaboración da Facultade de Informática da UDC, organiza as II Xornadas de Software Libre na Empresa para o vindeiro xoves 22 de novembro de 16:00 a 20:30 horas, que toma a testemuña das I xornadas de Software Libre na Empresa celebrada o pasado setembro na USC.

Imaxe dunha das mesas redondas da I Xornadas de SwL na empresa na USCÇEstas xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar na aula de graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. A asistencia é libre, aínda que a organización agradece que todos aqueles interesados en asistir se inscriban a través do formulario habilitado aos efectos, para un mellor control do aforo e organización das xornadas.

O obxectivo das mesmas é amosar aos asistentes que o Software Libre é unha aposta de calidade á hora de afrontar un proxecto empresarial así como as moitas oportunidades do mercado laboral para o profesional experto en software libre. Están pois especialmente dirixidas aos futuros profesionais das TIC da nosa comunidade, aínda que están abertas á participación do público en xeral

II Xornadas de Xestión de Empresas con Software Libre no CDTIC

O Centro Demostrador TIC acollerá o vindeiro martes 06 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas as “II Xornadas de Xestión de Empresas con Software Libre”.

O obxectivo da xornada é facer un percorrido por distintas solucións tecnolóxicas que permitan incrementar a produtividade das empresas a través da mellora da súa xestión, co nexo común de seren todas elas solucións con licenza libre. Isto permite, como se puido ver na pasada LSWC, un aforro no investimento TIC ademais de contribuír a xerar negocio entre as empresas TIC locais mellorando a economía galega.

Logo do CDTICDurante esta xornada tres empresas galegas amosarán diversas solucións tecnolóxicas da man de emrpesas de referencia en Galicia que compartirán cos asistentes a súa experiencia no uso destas solucións e ferramentas con licenza libre.

A xornada comezará coa intervención da empresa Conexiona quen presentará un sistema de xestión intelixente das comunicacións baseado en Asterisk, a continuación Igalia amosará a ferramenta colaborativa LibrePlan para planificar, monitorizar e controlar proxectos nas empresas. Pechará a xornada Queres Tecnología, que exporá as claves do xestor documental Alfresco, para que as empresas colaboren e xestionen eficazmente a información corporativa.

Os casos de éxito de implantación e uso destas solucións virán da man das empresas Begano e Hijos de Rivera, que compartirán cos asistentes a súas experiencia.

Pax. 20 de 51« Primeiro...10...1819202122...304050...Último »

Pin It on Pinterest