Actualidade

Un total de 544 resultado(s) para Empresa

Curso práctico de programación e adaptación de Prestashop

Logo do CPEIGO CPEIG organiza un Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop, dirixido a desenvolvedores web que queiran capacitarse no uso de Prestashop para implementar proxectos web complexos de comercio electrónico. O curso celebrarase do 25 ao 28 de maio en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas.

Prestashop é un dos xestores de tendas de comercio electrónico máis empregados na actualidade. Está programado en PHP e conta coa posibilidade de configurar diferentes plantillas, módulos e extensións.

Este curso formativo consta dunha duración de 18 horas presenciais, divididas en 4 sesións de 4:30 horas cada unha. Seguirá unha metodoloxía da acción formativa totalmente práctica, onde o alumnado, desde a primeira lección, creará e modificará un portal a través dos exercicios propostos. O curso ten prazas limitadas, ofertándose un total de 20 prazas.vogal4@cpeig.org.

Xeopesca participará na primeira xornada demostrativa do Proxecto Stamar

Cartel do programa da XornadaO vindeiro mércores 6 de maio, de 10:00 a 15:30 horas, terá lugar a primeira xornada demostrativa do proxecto Stamar, na que se presentarán diversas solucións tecnolóxicas relacionadas coa xestión pesqueira. Esta xornada celebrarase no Centro Demostrador TIC de Galicia.

Concretamente, neste primeiro encontro presentarase o catálogo BAT (Best Avaliable Technologies), unha preselección rexional das mellores tecnoloxías, que será posta a disposición das empresas do sector e demais axentes implicados.

Entre estas tecnoloxías que se van presentar, destacamos a presenza do proxecto Xeopesca, proxecto galego con licenza libre e gañador de diversos premios e recoñecementos.

O CNTG organiza un seminario de securización de servizos habituais en contornos GNU/Linux

Logo do CNTGMañá martes 24 de marzo, de 16:30 a 20:30 horas, o CNTG acolle nas súas instalacións un seminario sobre seguridade en Linux aplicada a securización de determinados servizos de uso cotián: Securización de servizos habituais en contornas GNU/Linux.

O obxectivo deste seminario consiste en explicar e trasladar aos asistentes a securización dos servizos máis habituais dunha contorna Linux con especial fincapé naqueles asociados a Internet: firewalls (iptables & tcpwrappers), sistemas de detección de intrusos (IDS), securización web e GPG básico (xestión de credenciais de acceso, cifrado de información sensible …)

A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese na temática de seguridade .

Seminario de xestión avanzada de WordPress no CDTIC

O CDTIC organiza un novo obradoiro de formación sobre sistemas de xestión de contidos con licenza libre, desta volta trátase do seminario “Xestión avanzada de WordPress”. Terá lugar o próximo xoves 26 de Marzo, de 16:00 a 20:00 horas nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela.

Banner do seminario de Wordpress

O seminario está fundamentalmente dirixido a profesionais das TIC, responsables da xestión web da empresa, autónomos etc. que queiran crear unha páxina web en WordPress ou ben xa administran unha e desexan afondar na súa utilización e na incorporación de máis funcións

Os asistentes profundarán na utilización e configuración de WordPress con características avanzadas do sistema. Contarán cun equipo informático para pór en práctica os conceptos e as ferramentas descritas na clase.

O seminario será impartido por D. David Arias Vázquez, responsable de desenvolvemento de software en Ingenyus, Marketing Inteligente S.L.

Xornada divulgativa sobre a aplicación Xeshostal no CDTIC o mércores 11 de Marzo

  • Trátase dunha ferramenta pioneira, creada pola Axencia de Turismo, para mellorar a xestión dos pequenos aloxamentos turísticos.
  • Xeshostal está dispoñible no CDTIC Virtual, un servizo permite ás empresas a posibilidade de analizar e probar solucións empresarias libres que están aloxadas na nube.

O CDTIC acolle, este mercores 11 de marzo, unha sesión demostradora sobre Xeshostal, un software para a xestión hoteleira, desenvolvido pola Axencia de Turismo da Xunta e liberado no Repositorio de Software Libre de Galicia en colaboracion coa Amtega.
Banner da xornada de demostración de Xeshostal
Na  xornada, que se desenvolverá en horario de 16.30 a 18.00 horas, amosarase o funcionamento da aplicación Xeshostal, unha ferramenta deseñada para que os pequenos establecementos hoteleiros poidan xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes. Así mesmo, permite fixar e modificar os prezos dos cuartos en función das súas características e obter informes de xestión e planificación semanais ou mensuais de limpeza, de datos de ocupación etc.   

Esta sesión está destinada a profesionais do sector turístico, principalmente os do sector hoteleiro. A demostración correrá a cargo de Antón Macías de Miguel, enxeñeiro en Informática de Sistemas cunha longa experiencia como programador tanto no sector público coma no privado, e con experiencia no mantemento do aplicativo Xeshostal.

Curso Online sobre Xestión de Tendas Virtuais empregando Prestashop

Cartel do curso de prestashopA Aula TIC Pemes da USC oferta a VII Edición do curso online de Xestión de Tendas Virtuais baseado na ferramenta de software libre Prestashop. O obxectivo do mesmo é capacitar ao alumnado para ser quen de poñer en marcha unha tenda virtual, personalizala e xestionala de forma económica, de forma que introducirse no comercio electrónico non supoña un problema para as pequenas empresas e autónomos.

Trátase dun curso práctico e 100% online cunha duración de 50 horas. O curso celebrarase entre o 20 de febreiro e o 27 de marzo a través da plataforma en liña da Aula TIC.

O prezo xeral ascende a 50 euros, mentres que para os alumnos e ex-alumnos da Universidade de Santiago de Compostela o prezo ascende a 25 euros. Tamén existen descontos para grupos de máis de 5 persoas. Aqueles participantes que finalicen satisfactoriamente o taller recibirán un diploma acreditativo da Aula TIC PEMEs da USC.

As empresas Balidea e Frutos secos El Nogal fálannos da súa experiencia na implantación de OpenERP/Odoo

  • Balidea e Frutos secos El Nogal, da man dos seus provedores Pexego e Anubía, son dous casos de éxito de uso da solución de xestión empresarial Odoo (OpenERP).
  • Modularidade, adaptabilidade e escalabilidade son os aspectos destacados de Odoo (OpenERP) por parte de clientes e provedores.
  • O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia é o punto de referencia para identificar solucións tecnolóxicas e provedores en Galicia é fonte de  información para a elaboración destes artigos de difusión tecnolóxica.

Odoo (anteriormente coñecido como OpenERP) é a solución escollida para o segundo artigo de difusión tecnolóxica publicado hoxe no portal: Solucións de planificación e xestión dos recursos empresarias (ERP) con Software Libre: Odoo/OpenERP.

Odoo, coñecida como OpenERP ata o pasado ano, naceu como unha solución libre para a xestión empresarial, aínda que co paso do tempo foi evolucionando e adaptándose ás novas necesidades dos seus usuarios, converténdose hoxe en día nunha completa suite de aplicacións de negocio.

Logo de El NogalLogo de BalideaFalamos con Frutos secos el Nogal e Balidea que actualmente están empregando Odoo. 

Logo de PexegoLogo de AnubíaFalamos tamén cos seus respectivos provedores, Pexego e Anubía, que achegan a súa experiencia como partners experimentados na implantación e desenvolvemento de Odoo.

A Coruña acollerá a Open Source Conference en Maio

Logo da conferenciaSegundo nos informan dende a organización, A Coruña acollerá a Open Source Conference ’15 que pretende cubrir o oco deixado pola Open Source World Conference no ano 2012 cando se celebrou por última vez na cidade de Granada.

Esta conferencia, que chega da man de Grupo Barrán SL, conta entre os seus obxectivos servir de punto de encontro entre profesionais do sector TIC, e en particular no eido do software libre.

Ademais, segundo a información xa dispoñible no portal web do evento, haberá un espazo adicado aos emprendedores TIC, que poderán expoñer os seus proxectos ante inversores que poidan estar interesados en apoialos, así como relacionarse con profesionais experimentados que lles poidan asesorar e guiar nos comezos das súas iniciativas empresariais. Finalmente tampouco se esquecen dos usuarios de software libre, que terán tamén o seu espazo para coñecer as vantaxes do software libre, as novidades do sector e aos profesionais que traballan en torno a el. 

O CDTIC Virtual ofrece unha nova aplicación para o sector hostaleiro: Xeshostal

  • A través do Centro Demostrador TIC Virtual os establecementos hostaleiros poderán probar e avaliar Xeshostal, a aplicación liberada pola Amtega en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia
  • Xeshostal é unha ferramenta pioneira no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos
  • As solicitudes de acceso ao CDTIC Virtual realízanse a través da páxina web do CDTIC: http://cdtic.xunta.es

Imaxe ilustrativa da aplicación XeshostalO Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incorpora unha nova aplicación libre na nube ao CDTIC Virtual. Trátase de Xeshostal, unha ferramenta pioneira no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos, que foi liberada o ano pasado pola Amtega en colaboración co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) dependente da Axencia de Turismo de Galicia.

A través do CDTIC Virtual os pequenos establecementos poderán pois probar directamente as utilidades de Xeshostal e avaliar a súa adecuación ás necesidades do seu negocio, sen necesidade de facer ningunha instalación ou configuración que requira de infraestrutura tecnolóxica ou de coñecementos informáticos.

Este servizo do CDTIC Virtual busca facilitar aos xerentes e propietarios dos establecementos a toma de decisións de cara a realizar a inversión que requira o despregue do aplicativo no seu negocio.

Agasol e Clúster TIC suman forzas para impulsar o crecemento do sector TIC galego

AGASOL e o Clúster TIC Galicia asinaron onte un importante acordo co obxectivo de sumar as súas forzas para contribuir a mellora da competividade e o crecemento do hipersector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións. Foto posterior á sinatura do Convenio entre os presidentes de Agasol e Clúster TIC

En virtude deste acordo, AGASOL e o Clúster pasarán a traballar de forma integrada e coordinada, como se dunha soa organización se tratase, e falarán cunha voz única a nivel institucional, asumindo o Clúster a representatividade no sector de ambas as dúas entidades. O Clúster TIC creará na súa organización interna un grupo de interese de Software Libre, así como un portavoz para esta materia, que participará nas reunións do seu Comité de Dirección. Os socios de AGASOL pasarán automáticamente a selo tamén do Clúster.

Pax. 17 de 55« Primeiro...10...1516171819...304050...Último »

Pin It on Pinterest