Actualidade

Un total de 544 resultado(s) para Empresa

Odoo e CiviCRM incorpóranse á oferta de aplicacións do CDTIC Virtual

  • A Amtega ofrece a empresas e entidades do terceiro sector dúas novas solucións libres na nube do CDTIC virtual: Odoo e CiviCRM.
  • Odoo é un xestor de recursos empresarial para as actividades de produción e distribución e CiviCRM é unha ferramenta de xestión das relacións con clientes orientada para organizacións do terceiro sector
  • As solicitudes de acceso ao CDTIC Virtual realízanse a través da páxina web do CDTIC: http://cdtic.xunta.es/

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon hoxe a disposición das empresas e entidades do terceiro sector dúas novas aplicacións de software libre no Centro Demostrador TIC Virtual, o servizo de proba de solucións TIC na nube.

Imaxe dos novos aplicativos do VCDTIC

Polo tanto xa é posible probar o xestor de recursos empresarial (ERP) “Odoo”, orientado á xestión dos procesos internos dunha empresa, como a facturación, a contabilidade, o almacén ou o proceso de produción. Tamén está dispoñible o xestor de relacións cos clientes CiviCRM orientado a mellorar a comunicación coa masa social e á realización de campañas de captación de fondos en entidades do terceiro sector.

A través da páxina web do CDTIC (http://cdtic.xunta.es/) pódese solicitar xa un período de proba de calquera destas dúas solucións de software libre.

Obradoiro de desenvolvemento de aplicacións en Android

Mañá 20 de outubro de 16:00 a 20:00 horas celébrase na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís, un obradoiro de desenvolvemento de aplicacións Android organizado polo Centro Demostrador TIC.

Banner do obradoiro de android

O curso vai dirixido a profesionais TIC con coñecementos de programación, preferiblemente Java, aínda que ao ser unha introdución a Android calquera persoa pode asistir.

O curso correrá a cargo dos docentes Rafael Gonzáles Centeno e Óscar López, colaboradores da compañía Alén Multimedia, S.L.L., empresa dedicada ao desenvolvemento e implantación de servizos de comunicación multimedia, que abarca un extenso abanico de campos: web, multimedia, deseño, solucións publicitarias, formación, hosting etc.

A vindeira semana Galicia será novamente referente das tecnoloxías abertas e negocio: LibreCon 2015

  • Os días 29 e 30 de outubro, a Cidade da Cultura acollerá a quinta edición da LibreCon
  • Coñeceremos de primeira man algúns casos de éxito sobre o automóbil conectado e o “Internet das Cousas”, máis relevantes do panorama internacional
  • Por primeira vez, a LibreCon contará cun espazo adicado aos máis pequenos da familia, coa sección LibreKids
  • A asistencia é totalmente gratuíta previo rexistro: Registro LibreCon

Banner da LibreCon 2015Como xa adiantabamos o mes pasado, AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia están a organizar a quinta edición de LibreCon, a conferencia de negocio e tecnoloxías abertas, con presencia de importantes poñentes do panorama internacional.

Durante dous días, a Cidade da Cultura acollerá a responsables do mundo da empresa, a administración e a educación para coñecer as tendencias e casos de éxito baseados en tecnoloxías abertas que están facendo máis competitivas e innovadoras a empresas e administracións públicas.

Esta mesma semana deuse a coñecer a axenda completa da LibreCon onde se confirma a participación, ademais de Roberto Zompi, de GENIVI e Magnetti Marelli (grupo Chrysler-Fiat), e Victor Tuson Palau, vicepresidente de Canonical, doutros expertos de talla internacional como Dominig Ar Foll de Intel Open Source, Tin Hang Liu de Open Source Vehicle e Jim Groom creador de EDUPUNK que ofrecerán sesións maxistrais sobre o Internet das Cousas, automóbil conectado e educación.

Co obxectivo de compartir coñecemento, unha trintena de charlas e obradoiros conforman unha axenda cargada de sesións adicadas a dar a coñecer novas inciativas que amosen como as tencnoloxías libres axudan á xeración de negocio en todos os sectores de actividade. Teremos iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que dicir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio; iniciativas estatais como ASPGems, Irontec, IBM, SuSE ou Teléfonica e de organizacións como a Junta de Andalucía ou a Universidade de Granada, entre outros. A zona expositiva, premios e actividades sociais, completan dúas xornadas repletas de tecnoloxía. 

Canonical, creadora de Ubuntu, e Magneti Marelli, líder na tecnoloxía do automóbil conectado, estarán presentes na LibreCon 2015

  • A LibreCon 2015, o maior evento de tecnoloxías abertas e negocio terá lugar en Santiago de Compostela os días 29 e 30 de outubro
  • Agasol, Asolif e o Clúster TIC Galicia son os organizadores da LibreCon 2015
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) , a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de Santiago de Compostela, ademais da operadora R colaboran coa organización deste importante encontro

Banner da LibreCon 2015

Roberto Zompi, un dos grandes expertos na aplicación de software de código aberto no automóbil conectado, e Victor Tuson Palau, que é vicepresidente de Canonical, a empresa creadora do sistema operativo Ubuntu, participarán como relatores en LibreCon 2015.

Roberto Zompi é xerente de Enxeñaría Avanzada na multinacional de compoñentes e sistemas de alta tecnoloxía para o automóbil Magneti Marelli, pertencente ao Grupo Fiat Chrysler, histórico propietario de marcas do prestixio de Ferrari, Lancia, Alfa Romeo e Maserati. É tamén vicepresidente de Genivi Alliance, un consorcio que promove a aplicación de software de código aberto na automoción.

Victor Tuson Palau é viceperesidente de Canonical, a empresa que está detras do sistema operativo Ubuntu, e é o responsable dos proxectos para a aplicación deste sistema operativo de código aberto aos dispositivos móbiles.

Ambos os dous expertos participarán nas sesións plenarias da quinta edición de LibreCon, para a que se estima unha participación de 1.500 profesionais e unhas 600 empresas.

A Cidade da Cultura acollerá a LibreCon 2015 os días 29 e 30 de Outubro

  • AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición da LibreCon
  • Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada serán os eixos temáticos desta edición
  • Canonical entre as primeiras organizacións confirmadas para a LibreCon 2015
AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición da LibreCon que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de outubro co apoio institucional da Xunta de Galicia.

Logo da LibreCon 2015

Santiago converterase unha vez máis, no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional , en cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queiran coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres.

A Confederación de Empresariaos de A Coruña acolle unha xornada de solucións de xestión empresarial

Logo de AgasolAgasol organiza unha nova xornada de difusión de solucións TIC libres para empresas baixo o nome de Xornada para a Xestión integral de empresas.

Nesta ocasión, celebrarase na sede da Confederación de Empresarios de A Coruña, o vindeiro martes 30 de xuño de 10:00 a 14:00 horas.

Como o propio nome indica, esta xornada ten como obxectivo achegar solucións de xestión empresarial baseadas en software libre ao público asistente, a fin de que coñezan ferramentas que lles axuden a mellorar na súa xestión, a vender máis, a ser máis competitivos e incrementar a súa produtividade. Presentaranse solucións de e-commerce, mercadotecnia na rede, deseño web, xestión documental na nube e xestión integral de empresas, fancendo énfase na utilidade das solucións e na presentación de casos de empresas que actualmente fan uso das mesmas.

O CDTIC acolle unha sesión demostradora de Odoo, solución para a xestión avanzada de cadeas de produción

Este mércores 17 de xuño, o CDTIC acolle nas súas instalacións unha nova sesión demostradora, da man da empresa Anubía en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, na que se amosará as vantaxes de Odoo, anteriormente coñecido como OpenERP, para a xestión de almacéns e da produción.

Cartel da sesión de Odoo - Anubía

A xornada leva por título “Xestión avanzada da produción cos novos módulos de Odoo”, está especialmente deseñada para empresas de produción, empresas consultoras no ámbito industrial, enxeñeiros industriais e estudantes de enxeñería e desenvolverase en horario de 16:30 a 20:30 horas.

A Amtega e AGASOL celebran a xornada (r)evoLuƧión, que abordará novos modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto

  • O 12 de xuño na Cidade da Cultura expertos e empresas con presenza internacional presentarán o software libre aos sectores industriais desde unha perspectiva de modelos de negocio e dirección de empresas
  • A asistencia é de balde previa inscrición previa na web de Agasol http://www.agasol.gal/eventos/
  • Esta iniciativa enmárcanse no convenio asinado recentemente entre Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, AGASOL

Cartel da xornadaA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) celebrarán o vindeiro día 12 de xuño unha xornada de difusión dos modelos de negocio do software libre que leva por título (r)evoLuƧión.

Esta xornada ofrece un punto de encontro de experiencias inspiradoras para profesionais do eido tecnolóxico e para todas aquelas persoas interesadas en tecnoloxías de código aberto en calquera sector da sociedade.

O obxectivo é profundar e estudar os diferentes aspectos das tecnoloxías libres desde diferentes perspectivas, os modelos de negocio que as sustentan, a lexislación actual que permite a súa explotación de maneira regulada, a visión desde a dirección das empresas e da importancia que ten o agrupamento do tecido empresarial.

Oito de cada dez empresas galegas empregan software libre, 10 puntos máis que hai un ano

  • Por primeira vez iguálase o uso do software de fontes abertas entre as empresas do sector tecnolóxico e o resto de sectores.
  • As aplicacións libres máis empregadas nos ordenadores seguen a ser os navegadores e a ofimática.
  • Por primeira vez a porcentaxe de empresas TIC con servidores con sistemas operativos libres é superior ás que os empregan privativos.
  • O produto libre máis ofrecido continúa a ser o software para E-commerce xunto coas solucións de e-learning, de xestión de contidos de portais e páxinas web e servidores web.

Oito de cada dez empresas de Galicia con 10 ou máis empregados empregan software libre, o que supón un crecemento de 10,6 puntos porcentuais respecto ao ano anterior. Por primeira vez o uso de software libre nas empresas sitúase no mesmo nivel que nas empresas do sector TIC galego onde o empregan o 84,7%. No que respecta ás empresas con menos de 10 empregados, algo máis da metade usan software libre, o que supón un incremento de 6,9 puntos respecto do ano anterior.

Son datos recollidos nos informes sobre o nivel de implantación do “Software Libre nas pequenas e medianas empresas de Galicia” e do “Software Libre nas empresas informáticas de Galicia” correspondentes ao ano 2014 elaborados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega).

Os axentes galegos do Software Libre colaboran coa Amtega en preto do 30% das acción do plan de Software Libre da Xunta de 2015

  • A Amtega asinou hoxe coas universidades e asociacións de empresas e usuarios de software libre os convenios para o desenvolvemento de 26 das 95 accións do Plan de Software Libre 2015 da Administración autonómica.
  • A Xunta iniciou xa a migración a software libre de 1.500 postos de traballo de empregados públicos
  • Aposta polas ferramentas de software libre en proxectos de calado para a Administración como o Arquivo Electrónico Administrativo (ARPAD) ou o sistema de rexistro único da Xunta de Galicia (AIRES)
  • Incorporará ao Centro Demostrador TIC Virtual dúas novas solucións libres que as pemes galegas poderán probar de balde

Sinatura dos Convenios de colaboración con AGUSL, CIXUG e AGASOL

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinou esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas.

Un ano máis a Amtega colaborará co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas; coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); e coas seis Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) para impulsar a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía. As AGUSL que participan nesta iniciativa son GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Asociación Cultural Proxecto Trasno e XeoPesca.

Pax. 16 de 55« Primeiro...10...1415161718...304050...Último »

Pin It on Pinterest