Actualidade

Un total de 592 resultado(s) para Educación

A iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos” chega aos internos do centro de inserción social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” de A Coruña

Dende hoxe, 21 de outubro e ata finais deste mes, 6 internos do centro de inserción social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” de A Coruña recibirán formación en novas tecnoloxías e software libre da man dun voluntario da asociación de usuarios GNU/Linux de Ordes que colabora nesta ocasión coa asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), promotora desta iniciativa en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

A asociación Melisa está a prestar dende o mes de Xullo a súa colaboración á iniciativa “Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos” do Programa Voluntariado Dixital. Esta actividade forma parte das actividades que esta asociación desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración para o fomento do software libre asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Este terceiro obradoiro da iniciativa desenvolverase dende o 21 de outubro ata o 31 de outubro na aula CeMIT da Biblioteca Pública Miguel González Garcés.

GPUL achegará a docentes de ensino secundario os aplicativos educativos do contorno KDE

Logo de GpulComo vos contabamos a semana pasada, GPUL está a organizar unha serie de actividades para o desenvolvemento e difusión do proxecto KDE-Edu, que desenvolve aplicativos educativos do contorno KDE.

Así, o vindeiro venres 25 de outubro ás 18:00 horas, GPUL celebrará un encontro con mestres de colexios e institutos, na Facultade de Informática da UDC.

O principal obxectivo deste encontro é poñer en contacto directo aos desenvolvedores cos usuarios dos aplicativos. Os mestres terán a ocasión de coñecer as posibilidades que lles ofrece o software educativo de KDE, as novidades que se están a implementar para as próximas versións do software de forman que se animen a empregalos nas súas clases… e por outra parte, os desenvolvedores de KDE presentes poderán obter feedback dos propios mestres que xa o estean a usar que poderán comentarlles cales serían as funcionalidades que máis utilizan ou aquelas que botan de menos nos distintos aplicativos.

A asistencia é gratuíta, aínda que para a mellor planificación da actividade dende GPUL solicitan que quen queira participar se inscriba no formulario de inscrición habilitado ao efecto.

Entrevista de PortalProgramas ao coordinador da OSL do CIXUG

Marcos Fernández e Rafael Gayoso, da OSL do CIXUGComo informamos o pasado mes de maio, os resultados da segunda edición do Ranking de Universidades en Software Libre amosan que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades, habendo escalado as nosas 3 universidades notablemente en dito ranking, ocupando a Universidade de Vigo a novena posición, a de Santiago de Compostela a sexta posición e a Universidade da Coruña a terceira posición.

Co obxectivo de profundar no uso, coñecemento, difusión e o apoio das universidades galegas ao software libre, e concretamente a Universidade de A Coruña, dende PortalProgramas quixeron entrevistar ao coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG, Rafael Rodríguez Gayoso.

Esta entrevista vai na mesma liña que a publicada o pasado mes de Xuño con Juan Julián Merelo Guervós, director da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, primeira clasificada no ranking, quen casualmente está participando hoxe mesmo nas Xornadas "Como licenciar e traballar con licenzas libres" que a OSL do CIXUG organiza en Vigo e Santiago de Compostela.

A continuación reproducimos a entrevista:

Encontro de desenvolvedores de KDE-Edu na Coruña a finais de Outubro

Logo do proxecto Kde-EduA Coruña acollerá a desenvolvedores do contorno de escritorio KDE que, durante unha semana, traballarán conxuntamente no desenvolvemento de obxectivos concretos de diversos aplicativos de KDE, no que se denomina un sprints de KDE, neste caso concretamente do proxecto KDE-Edu.

Logo de GpulGPUL organiza para os vindeiros días 24 e 30 de outubro o sprint 2013 de KDE-Edu, que terá lugar na Facultade de Informática da UDC.

Oito desenvolvedores traballarán intensivamente esa semana para acadar unha serie de obxectivos definidos previamente entre os que destacan por exemplo a mellora na integración e usabilidade dos aplicativos matemáticos ou o impulso ao desenvolvemento dun novo aplicativo de aprendizase de linguas; Artikulate, aplicativo para a práctica e prefeccionamento das habilidades de pronunciación de idiomas que é actualmente un proxecto KDE Edu Playground para o que se agarda a súa publicación proximamente, polo que moi probablemente este sprint de A Coruña teña moito que ver nesta publicación.

Obradoiro Virtual sobre Xestión de Relacións cos Clientes (CRM) da Aula TIc Pemes da USC

Cartel do curso da Aula TIC Pemes da USCA Aula TIC Pemes da USC oferta a VII Edición do Obradoiro Virtual sobre Xestión de Relacións cos Clientes (CRM), baseado na ferramenta de software libre vTigerCRM. O curso terá unha duración de 50 horas, entre o 2 de novembro e o 15 de decembro, cun carácter eminentemente práctico e celebrarse a través da plataforma en liña da Aula TIC.

O curso está dirixido tanto a profesionais autónomos e pemes como a público en xeral. O obxectivo do mesmo é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade e do control interno dos clientes.

Vtiger CRM é un completo xestor de relacións cos clientes que permite que os equipos de ventas, asistencia técnica e marketing poidan organizarse e colaborar para mellorar considerablemente as experiencias dos clientes así como as ventas. Ademais inclúe ferramentas de correo electrónico, inventario, xestión de proxectos, … o que o convirte nunha completa suite para a xestión do negocio. Distribúese con licenza libre, e está dispoñible para a súa descarga e instalación gratuíta, ou tamén pode accederse a unha versión de proba nos servizos na nube durante 15 días.

Xornada "Como licenciar e traballar con licenzas libres" en Vigo e Santiago de Compostela

Cartel das xornada sobre licenzas da OSLSe ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda bastante deficiente.

Conscientes desta problemática, a OSL do CIXUG organiza para o vindeiro día 16 de outubro a xornada Como licenciar e traballar con licenzas libres.

A xornada celebrarase pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas na Universidade de Vigo, na aula 4 do Edificio Miralles, e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela.

O programa da xornada é o seguinte:

  • Carlos Gómez Otero – Comunidade universitaria e titularidade do software
  • Juan Julián Merelo – O software libre contado aos universitarios
  • Javier de la Cueva – Licenzas creativas
  • Mesa redonda – Como liberar as nosas obras

A OSL do CIXUG achegará os seus servizos á Escola Politécnica de Lugo

Cartel da xornada da OSL na EPS de LugoMañá martes 8 de outubro, a oficina móbil da OSL estará presente na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo para achegar aos estudantes do campus universitario de Lugo os servizos que lles ofrece esta oficina, así como as vantaxes do Software Libre, as posibilidades deste tipo de solucións para a incorporación ao mundo laboral así como o Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira (ou fin de grao) en Software Libre.

Dentro das súas actividades de difusión e promoción do software libre dentro do ámbito universitario, a OSL trasládase desta volta ata as instalacións da Escola Politécnica, en horario de 10 a 14. As persoas interesadas en contactar co persoal da OSL poderá localizar o punto informativo na Ampliación da Escola, situada ao carón da cafetería.

Paralelamente, de 11 a 12 da mañá, terá lugar no Salón de actos da Escola, unha charla para dar a coñecer de primeira man a realidade das empresas privadas que traballan con software libre.

A programación formativa do CNTG en Software Libre inclúe novas materias

Imaxe do CNTGO CNTG vén de facer pública a súa programación de cursos para o vindeiro 2013/2014 cun total de 51 cursos, 811 prazas e aproximadamente 3.000 horas de formación, que se complementarán coa realización de diversos seminarios técnicos de libre acceso para as persoas interesadas.

Dentro desta oferta formativa o software libre ten un peso importante, con algo máis do 40% das accións formativas relacionadas con últimos produtos e ferramentas libres demandadas actualmente polo mercado, tales como LPI, Red Hat, Zentyal, Asterisk, Zend, Cloudera etc .

Todas as accións formativas teñen unha clara orientación laboral. Trátase de accións formativas para o emprego de carácter técnico, intensivo e especializado, dirixidas preferentemente aos/ás profesionais galegos/as do sector das TIC. Na constante evolución da oferta formativa para adaptala ás demandas de profesionais polo mercado, o CNTG incorpora novos cursos de temáticas non tratadas en programacións anteriores como por é o caso de administración e/ou desenvolvemento Cloudera para Apache Hadoop.

IX Xornadas de introdución a GNU/Linux e Software Libre para alumnos noveis da Facultade de Informática da UDC

Cartel  das IX xornadas de introdución a alumnos noveis de GPULGPUL anuncia unha nova edición das súas xa tradicionais Xornadas de introdución a GNU/Linux e Software Libre para alumnos noveis.

Trátase dunha actividade fundamentalmente orientada aos novos alumnos da Facultade de Informática de A Coruña para darlles a coñecer o funcionamento do sistema operativo GNU/Linux co que traballaran case a diario nas súas prácticas durante os seus estudos universitarios.

A actividade celebrarase o vindeiro día 10 de outubro na Facultade de Informática da Universidade, no laboratorio 0.2, en dúas quendas, unha de mañá ás 11:30 e outra de tarde ás 17:30.

GALPon amplia a toda Galicia a axuda en forma de colaboración para un Proxecto de automática/robótica sobre Hardware e Software Libre

Imaxe engranaxe hardware libreLogotipo de GALPonO pasado mes de xuño, GALPon anunciaba a súa iniciativa a prol da difusión do hardware e software libre.

Tratábase da convocatoria dunha axuda en forma de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de automática ou robótica empregando hardware e software libre, dirixida a centros educativos da provincia de Pontevedra.

Onte, 30 de setembro, remataba o prazo para a presentación de candidaturas, pero debido a que todos os proxectos recibidos ou non están debidamente informados ou non acadan un mínimo de calidade, anuncian un importante cambio nas bases:

Amplíase a zona xeográfica a toda Galicia e o prazo de entrega de propostas ata o día 27 de outubro. Polo que agora calquera centro educativo galego pode participar desta axuda.

Para todos os interesados en participar, lembramos que a oferta de GALPon, de forma resumida consiste na cesión do hardware libre necesario para o proxecto ademais do asesoramento técnico para o correcto desenvolvemento. Se o proxecto acada os seus obxectivos o equipo recibirá un premio en metálico de 300€.

Pax. 16 de 60« Primeiro...10...1415161718...304050...Último »

Pin It on Pinterest