Actualidade

Un total de 585 resultado(s) para Educación

Curso de “Desenvolvemento de aplicativos en HTML5 e para dispositivos móbiles Firefox O.S.”

O vindeiro día 11 de Novembro dará comezo o curso “Desenvolvemento de aplicativos en HTML5 e para dispositivos móbiles Firefox O.S.

Imaxe dos logotipos de FirefoxOS e HTML5Trátase dun curso MOOC que se impartirá a través da plataforma MiriadaX. Consta de 10 capítulos e terá unha duración de 6 semanas e é gratuíto. Ao tratase dunha modalidade MOOC non hai límite de alumnos.

Este é un curso para principiantes que os capacita para un primeiro nivel de desenvolvemento de aplicativos móbiles xenéricos en HTML5 e para Firefox OS.

Firefox OS é o novo sistema operativo libre para teléfonos móbiles e tabletas da Fundación Mozilla, utiliza software libre e prográmase en HTML5, utilizando HTML, CSS e Javascript, como os grandes portais de Internet, Google, Twitter, Facebook, Amazon. etc. A súa calidade e carácter aberto conseguiron o apoio de empresas como Telefónica, Qualcomm, LG, Huawei Foxconn, etc.

GALPon anuncia o proxecto de robótica con Hardware e Software Libre gañador da axuda en forma de colaboración

Logotipo de GALPonGALPon anunciou o pasado domingo o proxecto gañador da achega de material e axuda segundo a convocatoria lanzada hai uns meses.

Segundo contan dende GALPon, unha vez analizados todos os proxectos presentados, só un superou a fase previa administrativa, xa que dos (poucos) proxectos presentados todos, agás un, non cumprían as bases. Uns por non acompañar o orzamento estimado, outros por presentar un proxecto excesivamente ambiguo e outros por consistir na compra dun «kit» e proceder a montalo, o que consideraron máis como unha manualidade.

O proxecto que se fixo pois merecedor da achega de material conforme ao convenio foi o presentado por: Alberte Xosé (Tucho) Méndez López en representación do CPI Alcalde Xosé Pichel de Traba (Santa María) en Coristanco, cun orzamento total de 807,59 € (sen incluír o I.V.E.)

Galicia exporta a Europa a súa experiencia de Cloud Computing e Software Libre nas escolas rurais

  • A Xunta de Galicia participa en RuralSchoolCloud, proxecto de investigación europeo no que escolas rurais traballarán coa computación na nube para mellorar a formación do alumnado e a colaboración entre os docentes.
  • Escolas do noso rural, de Dinamarca, Grecia, Italia, Macedonia e Reino Unido experimentarán con metodoloxías e ferramentas na nube baseadas en Software Libre baixo a coordinación do Centro de Supercomputación de Galicia.
  • O CESGA coordinará esta iniciativa, tomando como partida a súa experiencia ‘cloud’ como a posta en marcha en colaboración coa Consellería e a Amtega nos CRA de Boqueixón, Vilaboa, Ponteceso e Ribadavia no galardoado proxecto Rede de Escolas na Nube.

Imaxe do proxecto Escolas na nubreA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vai participar no proxecto de investigación europeo “RuralSchoolCloud. Cloud Computing for School Networking & Learning” (Computación na Nube para a Colaboración e a Aprendizaxe na Escola), que estudará metodoloxías e ferramentas TIC innovadoras no ámbito da educación en centros educativos rurais para mellorar a formación e colaboración de alumnos e docentes.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), acompañado polo grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa da USC- coordinará esta iniciativa que contará ademais co apoio da firma informática compostelá Balidea Consulting & Programming e da compañía tecnolóxica HP, que colaboraron tamén en iniciativas precedentes neste ámbito. O resto de socios pertencen a institucións educativas de Dinamarca, Grecia, Italia, Macedonia e Reino Unido con relación directa con centros educativos ubicados no rural ou en zonas con dispersión poboacional.

Este proxecto parte da experiencia e coñecementos adquiridos nos galardoados proxectos Escolas na nube, e o proxecto piloto ‘Rural Schools & Cloud computing‘ .

Ambos baséanse integramente no uso de Software Libre para o desenvolvemento da plataforma cloud: Debian O.S., Xen cloud platform , Apache, EyeOS 1.9. como sistema operativo na nube (escritorio virtual), OpenMeetings para o servizo de multiconferencia, SQLite como xestor de BBDD e Clam AV como antivirus de servidor.

A iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos” chega aos internos do centro de inserción social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” de A Coruña

Dende hoxe, 21 de outubro e ata finais deste mes, 6 internos do centro de inserción social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” de A Coruña recibirán formación en novas tecnoloxías e software libre da man dun voluntario da asociación de usuarios GNU/Linux de Ordes que colabora nesta ocasión coa asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), promotora desta iniciativa en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

A asociación Melisa está a prestar dende o mes de Xullo a súa colaboración á iniciativa “Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos” do Programa Voluntariado Dixital. Esta actividade forma parte das actividades que esta asociación desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración para o fomento do software libre asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Este terceiro obradoiro da iniciativa desenvolverase dende o 21 de outubro ata o 31 de outubro na aula CeMIT da Biblioteca Pública Miguel González Garcés.

GPUL achegará a docentes de ensino secundario os aplicativos educativos do contorno KDE

Logo de GpulComo vos contabamos a semana pasada, GPUL está a organizar unha serie de actividades para o desenvolvemento e difusión do proxecto KDE-Edu, que desenvolve aplicativos educativos do contorno KDE.

Así, o vindeiro venres 25 de outubro ás 18:00 horas, GPUL celebrará un encontro con mestres de colexios e institutos, na Facultade de Informática da UDC.

O principal obxectivo deste encontro é poñer en contacto directo aos desenvolvedores cos usuarios dos aplicativos. Os mestres terán a ocasión de coñecer as posibilidades que lles ofrece o software educativo de KDE, as novidades que se están a implementar para as próximas versións do software de forman que se animen a empregalos nas súas clases… e por outra parte, os desenvolvedores de KDE presentes poderán obter feedback dos propios mestres que xa o estean a usar que poderán comentarlles cales serían as funcionalidades que máis utilizan ou aquelas que botan de menos nos distintos aplicativos.

A asistencia é gratuíta, aínda que para a mellor planificación da actividade dende GPUL solicitan que quen queira participar se inscriba no formulario de inscrición habilitado ao efecto.

Entrevista de PortalProgramas ao coordinador da OSL do CIXUG

Marcos Fernández e Rafael Gayoso, da OSL do CIXUGComo informamos o pasado mes de maio, os resultados da segunda edición do Ranking de Universidades en Software Libre amosan que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades, habendo escalado as nosas 3 universidades notablemente en dito ranking, ocupando a Universidade de Vigo a novena posición, a de Santiago de Compostela a sexta posición e a Universidade da Coruña a terceira posición.

Co obxectivo de profundar no uso, coñecemento, difusión e o apoio das universidades galegas ao software libre, e concretamente a Universidade de A Coruña, dende PortalProgramas quixeron entrevistar ao coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG, Rafael Rodríguez Gayoso.

Esta entrevista vai na mesma liña que a publicada o pasado mes de Xuño con Juan Julián Merelo Guervós, director da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, primeira clasificada no ranking, quen casualmente está participando hoxe mesmo nas Xornadas "Como licenciar e traballar con licenzas libres" que a OSL do CIXUG organiza en Vigo e Santiago de Compostela.

A continuación reproducimos a entrevista:

Encontro de desenvolvedores de KDE-Edu na Coruña a finais de Outubro

Logo do proxecto Kde-EduA Coruña acollerá a desenvolvedores do contorno de escritorio KDE que, durante unha semana, traballarán conxuntamente no desenvolvemento de obxectivos concretos de diversos aplicativos de KDE, no que se denomina un sprints de KDE, neste caso concretamente do proxecto KDE-Edu.

Logo de GpulGPUL organiza para os vindeiros días 24 e 30 de outubro o sprint 2013 de KDE-Edu, que terá lugar na Facultade de Informática da UDC.

Oito desenvolvedores traballarán intensivamente esa semana para acadar unha serie de obxectivos definidos previamente entre os que destacan por exemplo a mellora na integración e usabilidade dos aplicativos matemáticos ou o impulso ao desenvolvemento dun novo aplicativo de aprendizase de linguas; Artikulate, aplicativo para a práctica e prefeccionamento das habilidades de pronunciación de idiomas que é actualmente un proxecto KDE Edu Playground para o que se agarda a súa publicación proximamente, polo que moi probablemente este sprint de A Coruña teña moito que ver nesta publicación.

Obradoiro Virtual sobre Xestión de Relacións cos Clientes (CRM) da Aula TIc Pemes da USC

Cartel do curso da Aula TIC Pemes da USCA Aula TIC Pemes da USC oferta a VII Edición do Obradoiro Virtual sobre Xestión de Relacións cos Clientes (CRM), baseado na ferramenta de software libre vTigerCRM. O curso terá unha duración de 50 horas, entre o 2 de novembro e o 15 de decembro, cun carácter eminentemente práctico e celebrarse a través da plataforma en liña da Aula TIC.

O curso está dirixido tanto a profesionais autónomos e pemes como a público en xeral. O obxectivo do mesmo é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade e do control interno dos clientes.

Vtiger CRM é un completo xestor de relacións cos clientes que permite que os equipos de ventas, asistencia técnica e marketing poidan organizarse e colaborar para mellorar considerablemente as experiencias dos clientes así como as ventas. Ademais inclúe ferramentas de correo electrónico, inventario, xestión de proxectos, … o que o convirte nunha completa suite para a xestión do negocio. Distribúese con licenza libre, e está dispoñible para a súa descarga e instalación gratuíta, ou tamén pode accederse a unha versión de proba nos servizos na nube durante 15 días.

Xornada "Como licenciar e traballar con licenzas libres" en Vigo e Santiago de Compostela

Cartel das xornada sobre licenzas da OSLSe ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda bastante deficiente.

Conscientes desta problemática, a OSL do CIXUG organiza para o vindeiro día 16 de outubro a xornada Como licenciar e traballar con licenzas libres.

A xornada celebrarase pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas na Universidade de Vigo, na aula 4 do Edificio Miralles, e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela.

O programa da xornada é o seguinte:

  • Carlos Gómez Otero – Comunidade universitaria e titularidade do software
  • Juan Julián Merelo – O software libre contado aos universitarios
  • Javier de la Cueva – Licenzas creativas
  • Mesa redonda – Como liberar as nosas obras

A OSL do CIXUG achegará os seus servizos á Escola Politécnica de Lugo

Cartel da xornada da OSL na EPS de LugoMañá martes 8 de outubro, a oficina móbil da OSL estará presente na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo para achegar aos estudantes do campus universitario de Lugo os servizos que lles ofrece esta oficina, así como as vantaxes do Software Libre, as posibilidades deste tipo de solucións para a incorporación ao mundo laboral así como o Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira (ou fin de grao) en Software Libre.

Dentro das súas actividades de difusión e promoción do software libre dentro do ámbito universitario, a OSL trasládase desta volta ata as instalacións da Escola Politécnica, en horario de 10 a 14. As persoas interesadas en contactar co persoal da OSL poderá localizar o punto informativo na Ampliación da Escola, situada ao carón da cafetería.

Paralelamente, de 11 a 12 da mañá, terá lugar no Salón de actos da Escola, unha charla para dar a coñecer de primeira man a realidade das empresas privadas que traballan con software libre.

Pax. 15 de 59« Primeiro...10...1314151617...203040...Último »

Pin It on Pinterest