Actualidade

Un total de 3264 resultado(s) para Outras novas

A galega Librebit foi certificada pola The Document Foundation para os procesos de migración a LibreOffice

Logo certificación LibreOfficeA empresa galega Librebit foi certificada pola The Document Foundation, a fundación encargada do desenvolvemento de LibreOffice, como consultora especializada en procesos de migración a esta suite ofimática.

Este recoñecemento é de especial importancia xa que garante a dispoñibilidade de soporte especializado en Galicia sobre esta solución, así como nos procesos de migración a esta suite ofimática dende outras solucións privativas.

Librebit ten xa experiencia neste tipo de proxectos xa que colabora, como empresa membro de AGASOL, no proceso de migración a software libre do posto de traballo de empregado público da Xunta de Galicia.

A edición deste ano 2016 da OSHWDem xa ten data para o vindeiro mes de Novembro

Logo OSHWDemA OSHWDem, un dos eventos de referencia no mundo maker, que se ven celebrando anualmente en Galicia anuncia a data para a edición deste ano, que será xa a quinta.

A data escollida é o vindeiro 5 de Novembro, sábado, na Domus da cidade de A Coruña. Nas vindeiras semanas irase publicando pouco a pouco o programa previsto, que virá cargado de actividades de todo tipo arredor do hardware e a cultura libre.

Nesta actividade colabora a Asociación GHANDALF ao abeiro do Convenio de colaboracion entre as AGULS e a AMTEGA para a difusion do Software Libre en Galicia.

Xa está dispoñible a versión 5.2 de LibreOffice con varias novidades

Logo LibreOfficeA nova versión da suite de ofimática de software libre de referencia actualízase con varias novidades, estando dispoñible xa para a súa descarga nos sistemas operativos máis habituais.

Das que máis chaman a atención están o soporte para clasificación de documentos seguindo o estándar TSCP (Transglobal Secure Collaboration Program) que permite clasificar os documentos segundo a súa confidencialidade e establecer quen pode ter acceso a eles segundo os criterios marcados dentro dunha organización. E o soporte para varias sinaturas dixitais nun documento, permitindo a importación e exportación das mesmas en formato OOXML.

Govstrap.io, unha versión do tema oficial dos sitios web do goberno do Reino Unido para Bootstrap

Govstrap.ioUnha iniciativa da comunidade de software libre do Reino Unido crea unha versión do tema oficial Gov.UK para Bootsrap. Govstrap.io é unha iniciativa levada a cabo por OpusVL, unha empresa do Reino Unido especializada en software libre. Esta iniciativa consiste en portar a Bootstrap, o coñecido framework de deseño web liberado por Twitter, o tema oficial para sitios web do goberno do Reino Unido, Gov.UK.

Gov.UK é unha iniciativa levada a cabo polo goberno do Reino Unido para a creación dun tema oficial para os seus sitios web altamente accesible, no que se inverteron dous anos de investigación para deseñar unha interface que permita o acceso aos servizos ao maior número de cidadáns posibles. Todo este traballo foi liberado polo goberno cunha licenza de software libre, xa que en propias palabras dos seus responsables: "A maioría do que estamos a facer é posible só grazas ao software libre e a xenerosidade da comunidade de deseño web. Tiñamos que devolverllo dalgunha forma."

OSKARI: Ferramenta do goberno de Finlandia para a creación de mapas

Ferramenta OSKARIA través do blog das IDEE facémonos eco do proxecto OSKARI, unha ferramenta de software libre desenvolvida pola National Land Survey, do goberno de Finlandia, que permite a creación de aplicacións de mapas baseadas nunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) distribuída.

A potencialidade desta ferramenta é que permite a creación de diferentes visores web de mapas sen necesidade de programar. Isto permite, a partir dos datos publicados nunha IDE, xerar diferentes visualizacións a través de mapas que permiten combinar e analizar todos eses datos xeográficos segundo o contexto que máis interese.

Valencia reusa Epoptes, software desenvolto polo ITC grego

Logotipo da Comisión EuropeaA cidade de Valencia usa Epoptes para permitir aos profesores xestionar todos os PCs dunha aula. O software é unha das aplicacións que están incluídas no Lliurex, a distribución GNU/Linux empregada en 120.000 PCs escolares. Segundo conta Hector García Huerta un dos mantedores de Lliurex, "Epoptes é o noso principal xestor de clase, e é utilizado intensamente desde 2013."

Este é un exemplo clásico de reutilización de software dentro da administración pública. A cidade de Valencia é un dos moitos usuarios de Epoptes, software desenvolvido como código aberto pola administración pública grega desde o ano 2008. O programa é mellorado por membros do persoal do departamento de TI da cidade, compartindo o seu código publicamente.

Francia desprega servizos pilotos en nube baseados en código aberto

Comisión EuropeaO goberno francés está a experimentar con varias alternativas baseadas en código aberto para a construción da súa propia infraestrutura de computación en nube. Segundo a unidade de modernización do goberno francés, "o software libre permite a modernización dos sistemas de TI, incluíndo os seus novos proxectos"

Firefox bloqueará Adobe Flash por defecto nas vindeiras versións

Logotipo Mozilla FirefoxMozilla e a Web como un todo están a tomar medidas para reducir a necesidade de contido en Flash na navegación diaria. Desde agosto, Firefox bloqueará certos contidos en Flash que non son esenciais para a experiencia do usuario, mentres tanto continuará a soportar o contido do Flash legacy. Este e outros cambios futuros mellorarán a seguridade dos usuarios de Firefox, mellorarán a autonomía da batería, a velocidade de carga das páxinas web e mellora a capacidade de resposta do navegador.

Publicación da nova versión distribuíble de ARCHIVE

Logotipo do CTT

Publicouse unha nova versión do paquete distribuíble da aplicación ARCHIVE. Do mesmo xeito que a anterior versión, esta inclúe o código fonte coa licenza EUPL así como os binarios, bibliotecas e a documentación necesaria para a súa instalación.

ARCHIVE é unha aplicación web de archivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos que cumpre co disposto ao respecto no RD 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica.

A Comisión europea auditará Apache HTTP Server e Keepas

Logotipo da CEA Comisión Europea está preparando unha auditoría de seguridade do código fonte de dúas solucións de software, servidor Apache HTTP e Keepass, un xestor de contrasinais.

O código fonte será analizado e probado para identificar potenciais problemas de seguridade, os resultados serán compartidos cos desenvolvedores do software. As auditorías comezarán nas vindeiras semanas.

Pax. 14 de 327« Primeiro...1213141516...203040...Último »

Pin It on Pinterest