Actualidade

Un total de 3264 resultado(s) para Outras novas

Austria concederá unha bolsa de ata 200.000 euros para proxectos de código aberto

O goberno austríaco concederá ata 200.000 euros para proxectos de código aberto sobre eGovernent, eHealth, eLearning, eInclusion, ou produtos e servizos comerciais. Segundo Muna Duzdar, Secretario de Estado de Dixitalización austríaco o "Open source ten efectos macroeconómicos positivos, mellorando as posibilidades de uso e desenvolvemento", explica nun comunicado para a prensa.

O certificado raíz da FNMT preto de ser incluído en Firefox

Logotipo de Firefox

Logo de moitos anos, finalmente vislúmbrase a luz ao final do túnel. Firefox vén de anunciar que incluirá en breve á FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre de España) na súa base de entidades certificadores recoñecidas. É dicir que o navegador Firefox recoñecerá automaticamente que os sitios web das sedes electrónicas da administración pública española son sitios seguros e confiables sen necesidade de realizar complexos pasos previos de instalación manual de certificados.

Deixaremos de ver por fin o aviso inicial de "sitio non seguro" ao acceder por primeira vez á calquera sede electrónica española se non temos engadido o certificado raíz da FNMT ou se non temos engadida unha excepción.

Captura do erro de conexión non segura

Deste modo, Mozilla Firefox converterase no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración. 

Sen dúbida unha excelente nova para o software libre e para o avance da administración electrónica en España.

Publicada a Guía Dixitalíza-T

Logotipo do CTTA Dirección Tecnolóxica da Información e as Comunicacións (DTIC) acaba de publicar a Guía Dixitalíza-T unha guía para facilitar ás Entidades Locais o cumprimento das obrigas dixitais das Leis 39 e 40/2015 e o das ferramentas tecnolóxicas da DTIC.

Esta lei supón un forte impulso á dixitalización das Administracións públicas españolas que establece varias obrigas en torno á Administración electrónica que propician unha maior eficacia, innovación e modernización.

¡Dixitalíza-t! Preséntase como a guía para facilitar o cumprimento por parte das Entidades Locais das novas obrigas, a través das ferramentas tecnolóxicas que poñen a súa disposición a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC).

25 aniversario da publicación de Linux

O sistema operativo Linux chega aos 25 anos de idade estes días. Foi un 25 de Agosto do ano 1991 cando Linus Torvals, daquela un simple estudante de Ciencias da Computación en Helsinki, anunciou ao mundo Linux a publicación de “un sistema operativo libre, só por afección, que non será tan grande é profesional coma GNU pero que servirá para ordenadores 386”.

Dende aquel anuncio ata hoxe, este sistema operativo, creado inicialmente como un pasatempo, acadou unha penetración e uso inimaxinables polo seu autor chegando a ser o sistema operativo hexemónico en moitas das areas da computación actual.

Así amosaba a súa visión actual o mesmo Linus Torvals na pasada Embedded Linux Conference: “Hoxe podes usar o teléfono Linux para conectarte a un datacenter baseado en Linux a través dun router tamén baseado en Linux para que unha intelixencia artificial che axude a elixir que dispositivo baseado en Linux mercar a continuación”.

Balance do Aula CeMIT de Celanova

Logotipo CeMITO Concello de Celanova acaba de publicar os datos do balance do que foi o ano 2015 para a aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do mesmo concello integrada na Rede CeMIT de Galicia.

O resultado do peche do ano 2015 cun total de 112 novos usuarios na Aula CeMIT de Celanova, que sumados aos existentes, fan un total de 825. A análise dos datos tamén amosa un maior uso por parte de mulleres, 58% en fronte do 42% en homes. A media de idade dos usuarios da aula é de 43 anos, e cuns porcentaxes de coñecementos do 32% sen coñecementos, un 30% con coñecementos moi básicos e xa nun 35% con coñecementos a nivel usuario e só un 3% usuarios con coñecementos avanzados.

Unha asociación de municipios franceses libera a súa plataforma de goberno electrónico

Plataforma PléiadeA plataforma de goberno electrónico Pléiade foi liberada como software libre pola asociación francesa de municipios e-Collectivités Vendée, que integra centos de usuarios desta solución. Con esta publicación queren potenciar a súa reutilización por parte doutras administracións, que ademais poidan colaborar no seu desenvolvemento e mellora.

Pléiade é unha solución web, despregada a través de servidores con GNU/Linux e que está formada por unha pila de solucións de software libre. A páxina base está construída sobre Drupal, inclúe Alfresco como xestor da documentación, unha solución libre de sinatura electrónica, iParapeur, transmisión de ficheiros con FileZ e un bus de servizos, soportando tamén a autenticación centralizada mediante OpenLDAP.

Aínda que acaba de ser liberada, a solución é madura e fiable, xa que leva en produción dende o ano 2014, sendo empregada por un total de 213 municipios e 133 empresas de xestión municipal.

Manual de deseño con LibreOffice con licenza Creative Commons

Desinning with LibreOffice non é a usual guía de aprendizaxe que adoitamos atopar e que serve para aprender a traballar coa típica ferramenta ofimática. Lonxe deste arquetipo de manual, este libro opta por unha aproximación máis fresca facendo fincapé na importancia do uso de estilos e padróns de documentos. Este enfoque de edición, algo máis custoso de primeiras, permite concentrarse no contido do documento en troques do formato, permitindo facer moito máis sinxelos os cambios visuais e formato a posteriori.

O libro está liberado con licenza Creative Commons Attribution-Share Alike. Baixo esta licenza, o posuidor dunha copia pode distribuíla ou copiala ou mesmo editala en tanto en canto se manteña a mención do autor da obra e os cambios e non se modifique as condicións da licenza.

Unha rexión de París publica como software libre unha ferramenta de transparencia

A rexLogo da rexión Ile de Franceión Parisina de Île-de-France publicará a súa ferramenta Babylone, unha solución de software libre que xestiona a información dos funcionarios electos, co obxectivo de que outras rexións poidan reutilizala.

Esta ferramenta permite xestionar toda a información dos funcionarios, incluíndo datos de contacto, afiliación política, composición dos comités… así como axendas de reunións e mesmo documentación das mesmas.

Desenvolvida en base a compoñentes de software libre, está previsto que sexa publicada antes de que finalice o presente ano, baixo a licenza de software libre francesa, Cecill version 2. A documentación estará dispoñible tamén de xeito libre baixo unha licenza Creative Commons.

A AMTEGA libera unha nova versión de XEA, o software de xestión das aulas CeMIT

Captura de XEAA Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta é a cuarta versión que se publica desta aplicación de xestión das aulas CeMIT, dende que fora inicialmente liberada como software libre a finais do ano 2014.

Esta nova versión, que está posta xa en produción na rede CeMIT, corrixe erros que se foron detectando así como incorpora pequenas melloras de usabilidade para as usuarias e usuarios, así como para as e os axentes TIC, quenes se encarga da xestión das aulas.

Deste xeito a AMTEGA mantén a súa aposta por facilitar as posibilidades de reutilización desta aplicación por calquera outra iniciativa similar, poñendo a disposición as diferentes versións con melloras derivadas do uso diario e das peticións das usuarias e usuarios da rede.

As axencias gobernamentais de Estados Unidos liberarán polo menos o 20% do software que desenvolven como software libre

Imaxe da Casa BrancaHoxe facémonos eco dun completo artigo no que Mark Bohannon, Vicepresidente de Políticas Públicas Globais e Asuntos de Goberno de Red Hat, repasa a política de software libre da Administración Americana.

Neste artigo reflexiona sobre se o cambio de administración con motivo das próximas eleccións suporá un cambio nesta política, chegando á conclusión de que realmente houbo un cambio na última década e que agora o debate non é se usar software libre ou non, senón como facelo, xa que o primeiro xa está totalmente instaurado.

Proba deste cambio é a Federal Source Code Policy, que vén de ser publicada recentemente, e na que se fai énfase no emprego de software libre, non só para reducir custos senón como política de innovación e beneficio público.

Pax. 13 de 327« Primeiro...1112131415...203040...Último »

Pin It on Pinterest