Actualidade

Un total de 582 resultado(s) para Educación

Curso de online de NavTable sobre gvSIG 1.12

Cartolab informa que están a organizar, en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña, diferentes cursos online sobre os SIX a desenvolver nos próximos meses que comezan xa cun curso de NavTable.

Cartel do curso sobre NAvTableNavTable é unha extensión para gvSIG desenvolvida por Cartolab no ano 2009 que facilita o traballo cos datos alfanuméricos asociados ás capas vectoriais. Segundo a información ofrecida por Cartolab, o éxito de acollida entre a comunidade de usuarios impulsounos a desenvolver novas funcionalidades e mesmo unha biblioteca propia para xerar formularios personalizados.

Este curso é sen dúbida unha excelente oportunidade para todos aqueles que teñen que traballar con gvsig para coñecer o funcionamento e potencial desta extensión da man dos seus creadores.

Lista de correo para a comunidade interesada no LPIC en Galicia

Logo de LPIEn resposta á petición recibida por parte de usuarios do portal mancomun, a semana pasada creouse unha nova lista de correo, lpic-gal co obxectivo de servir de canle de comunicación entre as persoas certificadas ou interesadas en certificarse en administración de sistemas GNU/Linux ofertadas polo LPI

Segundo nos informou Rafael Rodríguez, presidente de Melisa, a idea xurdía entre os asistentes ao último dos cursos de preparación para a certificación LPIC impartido no CNTG, co obxectivo de servir de punto de encontro entre a comunidade galega interesada nestas certificacións.

Así esta lista permitirá que os asistentes aos diferentes cursos de preparación da certificación LPIC poidan compartir experiencias na certificación, dúbidas sobre os exames, enviar consultas, ofertas de traballo, etc. En resumo disporán dunha canle onde poder estar en contacto e tratar calquera tema de interese en torno á formación en administración de sistemas GNU/Linux en xeral e concretamente en torno á certificación LPIC. A lista vai ser administrada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA).

Curso de Drupal 7 avanzado organizado polo CPEIG

Logo do CPEIGO CPEIG organiza o curso Drupal 7 avanzado dirixido a desenvolvedores web con coñecementos básicos de Drupal que requiran implementar proxectos web complexos con Drupal 7, xa sexa para terceiros ou para emprender cunha idea de negocio propia. O obxectivo do mesmo é que o alumnado ao final do curso poida desenvolver tendas de eCommerce e Redes Sociais sobre Drupal, así como realizar tarefas de optimización do rendemento de portais baseados en Drupal. Logo de drupal

O curso terá unha duración de 20 horas presenciais que se distribuirán en 4 sesións intensivas os venres pola tarde e sábados pola mañá durnte dous fins de semana do mes de marzo, 21 e 22 de marzo e 28 e 29 de marzo. O horario será de 16:00 á 21:00 os venres e de 09:00 á 14:00 os sábados.

A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea un portal a través dos exercicios propostos. As sesións presenciais acompañaranse pois con exercicios e prácticas, así como cun dossier formativo con actividades adicionais para que este curso sirva de punto de inicio no desenvolvemento de sistemas web complexos en Drupal, como son tendas de eCommerce e Redes sociais.

Tegnix anuncia o Curso de introdución ao uso de wikis en educación

Logotipo de Aula TegnixTegnix anuncia que vén de publicar en aberto e de balde, tanto en galego como en castelán, en Aula Tegnix o curso de introdución ao uso de wikis en educación.

Este curso baséase nos materiais elaborados dentro do proxecto europeo WikiSkills, no que participaron o CESGA en colaboración con outras seis institucións europeas baixo a coordinación da fundación Ynternet.org. Co obxectivo de incrementar a difusión dos materiais formativos dispoñibles, o CESGA encomendou a Tegnix a coordinación e xestión desta nova fase do proxecto para completar os materiais iniciais e difundilos a través da Aula Tegnix. No pasado mes de novembro, xa vos informamos da participación de Tegnix no grupo wikiskills.

Para esta tarefa Tegnix contou tamén coa colaboración de Antonio Gregorio e Elisardo Juncal, integrantes de Galipedia, para crear os contidos da sección "Comunidade" así como para a tradución do curso completo á nosa língua.

Obradoiro de introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Uvigo

Logo de GALPonDende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.

O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.

O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2013-2014 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 10 de abril de 2014 cunha duración de 30 horas impartidas todos os martes e xoves (agás festivos) en horario de 14:00 a 16:00 horas no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións.

Nova remesa de equipos reciclados polo Gruvi

Iamxe do GruviO GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo) reciclará nos próximos meses os equipos destinados ás 24 asociacións sen ánimo de lucro que foron seleccionadas na última convocatoria deste ano e que lles dará a oportunidade de informatizarse e potenciar a súa actividade.

A selección dos destinatarios finais fíxose entre as máis de 60 solicitudes recibidas tendo en conta ademais de seren organizaciósn sen arela de lucro e centrar a súa actividade nas provincias de Ourense e Pontevedra, outros aspectos como o seu modo de financiamento, a actividade que desenvolven e a finalidade do equipamento que solicitaban.

O DUVI entrevistou a dous dos voluntarios que traballan no DUVI, Daniel Díaz e Abraham Jorge, sobre esta labor de reciclaxe do equipamento informático en desuso con software libre para darlle unha segunda vida.

O Gruvi doará 100 equipos con Software Libre a organizacións sen ánimo de lucro

Logo de Gruvi

O GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo), coa colaboración de GALPon, realizará unha nova entrega de cen equipos, reparados e listos para usar, a distintas organizacións sen ánimo de lucro de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Unha vez máis, isto é posible grazas ao traballo dos voluntarios do programa Gruvi e a colaboración da asociación GALPon. Os voluntarios encargáronse de reciclar e actualizar con software libre os equipos informáticos en desuso e obsoletos para o traballo diario da propia universidade. Logo de MiniNoTras a recollida dos equipos realizaron unha completa limpeza dos mesmos, repararon os que non funcionaban, obtendo en ocasións un equipo funcional xuntando pezas de dous ou tres equipos e finalmente axustan e configuran os equipos coa distribución GNU/Linux especialmente deseñada para este tipo de equipos, GALPon MiniNo, concibida para sacarlles o máximo rendemento.

GALPon inaugura o II ciclo de Sábados Libres na Altamar cun obradoiro de introdución a GIT

GALPon comeza o novo ano presentando o 2º ciclo de Sábados Libres na Altamar, despois do éxito acadado con esta iniciativa o pasado ano.

Este ciclo desenvolverase o último sábado dos meses de xaneiro – xuño e setembro-novembro.

Banner do 2º ciclo de Sábados Libres na AltamarO ciclo para este 2014 inaugúrase o próximo sábado 25 de xaneiro co primeiro obradoiro práctico Introdución ao Sistema de Control de Versións GIT (I) que vai ser dirixido por Jesus Amieiro Becerra.

Como nos anteriores casos, a participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral, mais por motivos de aforo e pola complexidade do curso estableceuse un límite de 24 prazas, polo que é obrigatorio formalizar a inscrición a través do formulario de inscricións.

Xeopesca e Abioxénese gañadores da VI edición do Premio ao mellor Proxecto de fin de carreira con licenza libre

  • A amtega concedeu o pasado venres o premio ao mellor proxecto fin de carreira con licenza libe
  • O gañador foi Pablo Belay polo proxecto Xeopesca, que permite coñecer os puntos con maior probabilidade de pesca en función das condicións meteorolóxicas de cada día
  • O segundo premio recaeu en Esperanza Natalia González pola súa instalación interactiva Abioxénese.

Foto de grupo: Xurado do premio e finalistas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o pasado venres 29 de novembro o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2013 a Pablo Belay polo proxecto Xeopesca. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo Consorcio para o desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG).  O xurado destacou o esforzo realizado polo candidato ademais de na liberación do seu proxecto, na creación dunha comunidade de desenvolvemento e de usuarios en torno a él.

Ademais, concedeuse un segundo premio a Esperanza Natalia González polo proxecto Abioxénese, cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL. O xurado destacou o bo traballo realizado pola candidata na liberación do seu proxecto, amosando que non é preciso ser de carreiras técnicas para desenvolver e empregar software libre.

Esta iniciativa, que vai xa pola súa VI edición, dá continuidade ao premio creado pola empresa Igalia no ano 2007 e enmárcase na estratexia do Plan de Software Libre 2013 da Xunta para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega.

Mañá comeza a Open Source Hardware Demonstration (OSHWDEM-13) no centro Ágora de A Coruña

Imaxe da OSHWDEM-13Como vos anunciamos hai unhas semanas, os días 30 de novembro e 1 de decembro terá lugar Centro Cultural Ágora de A Coruña a segunda edición da Open Source Hardware Demonstration organizada por Bricolabs e a asociación Ghandalf.

O programa xa está pechado, e conta con relatorios, obradoiros, espazos de demostración e concursos.

A inscrición para os obradoiros abriuse onte mesmo. Todos eles teñen prazas limitadas para garantir a calidade e interactividade das actividades. A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Dende a organización solicitan que só se inscriban se están seguros de poder asistir ao obradoiro, e que se teña conta de non apuntarse a obradoiros co mesmo horario.

Por suposto, ademais dos obradoiros hai moitas outras actividades interesantes durante toda a fin de semana. Se queres asistir aínda estás a tempo de te inscribir como asistente.

Pax. 13 de 59« Primeiro...1112131415...203040...Último »

Pin It on Pinterest