Actualidade

Un total de 140 resultado(s) para Administración pública

O parlamento de Navarra fai publica a súa resolución para o Plan de Migración a Software Libre

O pasado día 10 de novembro fíxose pública no boletín oficial do Parlamento de Navarra a resolución debatida e aprobada o pasado 28 de Outubro no mesmo parlamento de elaborar un Plan de migración da Administración Foral de Navarra ao Software Libre. A publicación da...

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Novembro

Xa está publicado o número 28 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de outubro. O proxecto destacado deste mes é Nexcloud, un fork de ownCloud levado a cabo polo propio creador do mesmo e do que falamos...

O parlamento de Holanda lexisla sobre o emprego de estándares abertos

O parlamento holandés vén de aprobar unha lei que entrará en vigor no ano 2017 e que fai obrigatorio para todas as súas administracións o emprego de estándares abertos.

Con esta medida esperan incrementar a interoperabilidade dos seus servizos cara a cidadanía e reducir os custos para estes e para as empresas. Na mesma lei tamén se introduce a recomendación de que dende o goberno se promova activamente o software libre.

Cada vez son máis os gobernos que lexislan neste sentido, introducindo a obrigación de empregar estándares abertos. Este caso holandés vén a sumarse ao do Reino Unido, que fai uns meses adoptaba tamén o ODF como estándar para os seus documentos.

O uso do Software Libre nas empresas galegas crece 30 puntos nos últimos 2 anos

  • Os estudos constatan que existe un amplo conxunto de provedores galegos de Software Libre, e que están a aliñar a súa oferta coa demanda crecente deste tipo de produtos e servizos
  • Case o 60% das empresas que ofrecen servizos de software ofertan produtos de software libre
  • Esta oferta incrementouse en máis dun 15% no período 2008-2010
  • Mar Pereira realizou esta intervención durante a comisión executiva de Centro Nacional de Referencia para o fomento do Software Libre que se celebrou hoxe por primeira vez en Galicia
  • Na xuntanza participaron o director xerente de CENATIC, Miguel Jaque, e o director xeral de red.es, Carlos Cano

Rolda de prensa da Xornada do presentación do Programa de Mellora para a competitividade da empresa de CENATICO Software Libre está presente no 63,6% das pemes galegas, cun crecemento de 30 puntos porcentuais con respecto entre os anos 2008 e 2010. Así se recolle en dous informes: un sobre o uso do Software Libre nas pemes, e outro específico sobre Software Libre nas empresas informáticas de Galicia, elaborados polo Observatorio para a Sociedade da Información de Galicia (Osimga) e que foron presentados esta mañá pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira.

Oferta e demanda aliñadas

Os estudos do Osimga sinalan que preto do 60% das empresas informáticas de Galicia que ofertan produtos ou servizos de software aos seus clientes ofrecen produtos de software libre, incrementando esta oferta en máis dun 15% no período 2008-2010. Estes datos poñen de manifesto que existe un amplo conxunto de provedores galegos de software libre, e que están a aliñar a súa oferta coa demanda crecente deste tipo de produtos e servizos, o que demostra a boa lectura do mercado que está a facer o sector TIC galego.

Valoración positiva

A responsable de Modernización destacou entre os datos do informe que o 35% das empresas que aínda non empregan Software Libre consideran que usalo sería beneficioso para elas. Ademais, o 53,4% das empresas galegas opina que o uso de Software Libre se incrementará e o 58,2% valora positivamente os produtos de Software Libre.

Presentada a Guía de Boas Prácticas para a Licitación de Desenvolvemento Libres nas Administracións Locais

Hoxe presentouse en Madrid a Guía de Boas Prácticas para a Licitación de Desenvolvemento Libres nas Administracións Locais. A presentación correu a cargo do director xeral de red.es, Sebastián Muriel; do presidente de ASOLIF, Pablo Gómez e do director xerente de CENATIC, Miguel Jaque.

 De esq. a dta. Miguel Jaque, Sebastián Muriel e Pablo Gómez durante a presentación

Logotipo do proxecto ALiALEsta guía é o primeiro dos produtos xerados no proxecto ALIAL, que ten como principal obxectivo que as entidades locais contraten, empreguen, compartan e reutilicen solucións libres en base ás condicións técnica de licitación das mesmas.

Proxecto europeo para a creación dun sistema libre de tradución automática de confianza

A tecnoloxía desenvolvida neste proxecto publicarase como bibliotecas con licenza GNU LGPL

Os organismos da UE gastan aproximadamente mil millóns de euros ao ano na tradución de documentos entre as 23 linguas oficiais da UE. Esta suma podería verse considerablemente reducida de existir un sistema de tradución automática realmente efectivo e cuns resultados de calidade.

Este é un dos principais motivos do financiamento do Proxecto MOLTO (Multi-lingual Online Translation) a través do VII Programa Marco, cunha subvención de 2,3 millóns de euros ao longo de 3 anos. O obxectivo principal é desenvolver unha ferramenta de tradución automática de confianza entre a maioría das linguas oficias da UE.

Os membros do consorcio do Proxecto MOLTO, liderados pola universidade de Goteburgo en Suecia, afirman que os idiomas se incluirán na ferramenta como módulos independentes, e que se crearán prototipos para a maioría das linguas oficiais da UE. Este proxecto, en contraste con outros servizos de tradución en liña, como por exemplo o de Google, ten como obxectivo proporcionar unha tradución o máis precisa posible en lugar de primar a exhaustividade. Os destinatarios do proxecto son principalmente institucións e empresas que precisan documentos e sitios web correctamente traducidos. En palabras do profesor Ranta, coordinador do proxecto, “desexabamos traballar cunha técnica de tradución tan precisa que as persoas que producen os textos poidan empregar as traducións directamente. Unha vez conseguida a precisión, comezamos a buscar unha maior cobertura, engadindo máis idiomas á ferramenta e á base de datos”.

A OSL da UDC traduce ao galego o terceiro capítulo do manga de Ubuntu

OSL DA UDCA Oficina de Software Libre da UDC a través da súa páxina web, acaba de publicar a versión en galego do terceiro capítulo da banda deseñada “Ubunchu”. Novamente e grazas ao traballo de tradución da Oficina de Software Libre da UDC, podemos gozar desta educativa banda deseñada.

O terceiro episodio deste manga, que conta as aventuras dun club de administradores de sistemas que empregan Ubuntu, leva por título “Hora de estrear os foros!?” e conta, nesta ocasión, como os protagonistas tentan arranxar un erro do sistema operativo empregando para iso, os foros de asistencia técnica da comunidade

O terceiro capítulo do manga pode descargarse nas seguintes ligazóns:

Hora de estrear os foros!? [pdf] Hora de estrear os foros!? [svg]

II xunta directiva da federación nacional de empresas de software libre, ASOLIF

AGASOLA semana pasada celebrouse en Madrid, na sede de “Madrid on Rails”, centro de innovación do concello de Madrid, a II xunta directiva de ASOLIF (Asociaciones de Software Libre Federadas).

Neste encontro, de carácter interno, participou tamén o presidente da asociación galega AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), Roberto Brenlla, que así o comunica no seu blogue:

“Este encontro ten un dobre obxectivo. Por unha banda permitirá que, dado o espectacular crecemento no número de empresas incorporadas ás diferentes Asociacións que compoñen ASOLIF, os seus representantes e directores técnicos poidan coñecerse e realizar actividades de networking, consolidando o movemento empresarial arredor do software libre en España.

Pola outra banda, terán lugar diferentes actividades orientadas ao deseño e redacción de proxectos conxuntos, que se desenvolverán en comunidade utilizando software e contidos libres.”

ASOLIF conta na actualidade con algo máis de 160 empresas pertencentes ás diferentes asociacións federadas, polo que aspira a que este sexa o encontro empresarial máis importante celebrado en España arredor do software libre."…

Galicia colabora co Proxecto Mature, que conta cunha plataforma e-learning de código aberto

A plataforma Mature Project, un proxecto que naceu en outubro de 2008 coa finalidade de proporcionar aos empresarios diversas fórmulas que lles permitan poder manter nas súas empresas aos empregados de máis de 50 anos, estará operativa en 16 idiomas no primeiro trimestre do próximo ano. Así se decidiu na terceira reunión transnacional do proxecto Mature que se celebrou nas dependencias da Consellería de Traballo e Benestar en San Lázaro.

Este proxecto, que está previsto que remate no ano 2010, artéllase arredor dunha plataforma e-learning de código aberto e unha serie de ferramentas de recollida de materiais de formación para facilitar a introdución de políticas e prácticas de contratación de persoal de diversas idades.

Pax. 13 de 14« Primeiro...1011121314

Pin It on Pinterest