Actualidade

Un total de 114 resultado(s) para Administración pública

Os funcionarios do concello de Lalín reciben formación en OpenOffice.org

OpenOffice.orgVisto na "Gaceta Tecnológica":
"Todos os traballadores do concello de Lalín pasarán pola sala de informática do auditorio onde recibirán un curso de 20 horas de formación en OpenOffice.org, para adaptárense ás novas ferramentas informáticas. Isto é o primeiro paso para levar a cabo, o proxecto anunciado polo alcalde José Crespo o pasado mes de abril, de migrar os equipos de consistorio paulatinamente a programas de software libre, coa finalidade de conseguirlle un aforro importante ás arcas municipais polo custo de licenzas que poida repercutir no propio concello.

Este proceso de renovación informática está a ser realizado pola empresa Ofitiendas e a súa aposta por programas de filosofía de código aberto, segundo Crespo, vén avalada pola opinión dos técnicos que traballan no proceso e que apoian a súa calidade.

O Concello de Lugo celebra o Día de Internet con computadores preinstalados con Galinux

A iniciativa enmarcada no programa "Eu Conecto" promoverá o uso de aplicativos libres, entre outras actividades

Día de InternetA Concellería de Servizos Xerais de Lugo organiza mañá, día 14 de maio, o programa de actividades previsto na cidade con motivo da celebración do Día Mundial de Internet o vindeiro 17 de maio -coincidente por outra banda, coa celebración do Día das Letras Galegas na nosa terra.

Mancomún colaborará coa iniciativa local achegando o seu completo sistema operativo libre, Galinux, que será preinstalado en todos os equipos habilitados para a realización dos obradoiros. Asemade, distribuiranse gratuitamente exemplares do Galinux entre todos os participantes na xornada.

A cita terá lugar na planta baixa da Praza de Abastos de Lugo entre as dez da mañá e as oito do serán, horas nas que se sucederán os obradoiros previstos: Facebook, You Tube, Skype e Google. Ademais, haberá actividades paralelas como a exposición A Historia de Internet, que constará de 16 paneis con imaxes e textos explicativos, desde os anos 50 ata a actualidade, narrando a historia da rede de redes a nivel mundial. Por outra banda, haberá un espazo de ocio con dúas zonas de xogo e todos os participantes entrarán no sorteo dun computador.

A empresa galega SIXTEMA desenvolve o Noticiario Ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía

O pasado día 25 de abril, a Sociedade Galega de Ornitoloxía  presentou o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, un Sistema de Información Xeográfica (SIX) para o avistamento de aves, desenvolvido pola empresa galega Sixtema. A principal novidade que achega esta ferramenta é a aplicación dos SIX ao campo da ornitoloxía co valor engadido de facelo empregando software libre adaptado por unha empresa galega.

Noticiario ornitolóxico

No acto de presentación, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou o interese xeral deste tipo de ferramentas, que permiten achegarse a un elevado número de usuarios, e serven para difundir a riqueza ambiental e de biodiversidade coa que conta a comunidade galega.

Mancomún promoverá o uso do galego no eido das novas tecnoloxías na cidade da Coruña

A campaña “O galego medra contigo” habilitará un espazo expositivo dedicado ás novas tecnoloxías, no que o protagonista será o Galinux

Mancomún promoverá o uso do galego nas novas tecnoloxías no marco da campaña “O galego medra contigo”, que arranca este sábado día 2 no Concello da Coruña. Esta actividade, organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña, busca promocionar o uso da lingua galega nos distintos ámbitos socioculturais cunha carpa móbil que percorrerá diferentes barrios da cidade herculina durante o mes de maio e comezos de xuño, con motivo das celebracións do Día das Letras Galegas.

A iniciativa despregará un amplo programa de actividades, onde se mesturarán xogos, música e monicreques para os máis pequenos, con espazos expositivos de materiais en galego procedentes dos campos máis diversos, entre eles, o das novas tecnoloxías.

Esta sección tecnolóxica correrá a cargo de Mancomún, quen achegará todo o seu material promocional do sistema operativo libre e en galego, Galinux, así como uns 1.000 exemplares deste para a súa distribución gratuíta entre os asistentes. Aínda que o Galinux foi escollido neste ocasión como o produto máis adecuado para exemplificar o uso do galego nas novas tecnoloxías, son moitos outros os proxectos que Mancomún está a desenvolver no campo da localización e, concretamente, na promoción do uso galego nun eido como é o da innovación tecnolóxica: Manual de Localización, glosario de termos, coordinación da tradución de diversos aplicativos libres (OpenOffice.org, aplicativos Mozilla…)

Pax. 12 de 12« Primeiro...89101112

Pin It on Pinterest