Actualidade

Un total de 3264 resultado(s) para Outras novas

Obradoiro de iniciación a Arduino

A asociación xeoPesca realizará un obradoiro de iniciación a Arduino o vindeiro venres 23 de Setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela). Este obradoiro completa un fin de semana dedicado á cultura maker, xa que o domingo 25 haberá tamén un obradoiro sobre impresoras 3D.

Obradoiro Arduino

O obradoiro consistirá en coñecer as estructuras básicas de Arduino así como nunha serie de exercicios prácticos. A inscrición no obradoiro, no que tamén colabora Recuncho Maker, é de balde e pode realizarse a través deste formulario.

Entrevista con José Millán, gañador da edición 2012 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Foto José Millán"Creo que a miña participación do premio me axudou, ao permitirme desenvolverme con soltura nos fluxos de traballo habituais no Software Libre."

Nova entrega da serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Hoxe publicamos a feita a José Millán, gañador da edición de 2012, cun proxecto de colaboración con KDE, mellorando a accesibilidade das aplicacións. José levaba xa tempo vencellado ao software libre antes de participar no premio, colaborando en diversas actividades dentro da Asociación GPUL.

Publicado o programa completo do Maker Faire Galicia 2016

Durante o dia de onte anunciouse a programación completa da Maker Faire Galicia 2016. A xuntanza maker terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro. O detalle completo pode atoparse na propia web do evento mais os medios xa están a facerse eco do mesmo, como é o caso da publicación especializada CódigoCero onde se fala tamén do detalle do programa.

Programa de Maker Faire de Galicia

O exercito italiano move os seus primeiros 8000 ordenadores a LibreOffice

Logo do proxecto de migración LibreDifesaO exercito italiano acaba de comenzar a implantación de LibreOffice nos equipos de traballo baixo e seu control. Trátanse dos primeiros 8000 computadores nos que o software de código aberto substituirá á anterior suite ofimática.

Durante os vindeiros catro anos, o proxecto LibreDifesa pretende migrar todos os 100.000 postos de traballos dos militares italianos a LibreOffice. Esta acción converteríase de feito na transición a software libre máis grande feita por calquera das administracións estatais dentro da Unión Europea. Co proxecto LibreDifesa o goberno italiano estima un aforro en custos de licenza de entre 26 a 29 millóns de euros.

Entrevista con Sabela Ramos, gañadora da edición 2009 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre

Foto de Sabela Ramos"Recomendaríalles aos alumnos, non só que fixesen o PFC con Software Libre, senón que aproveitasen para facer as súas achegas a distintos proxectos e publicar os seus traballos".

Sabela Ramos protagoniza esta seguinte entrega da nosa serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Sabela foi a gañadora da edición 2009 cun proxecto que a día de hoxe está integrado no proxecto de software libre MPJ Express. Na súa entrevista cóntanos como a raíz do proxecto se interesou máis polo software libre e como a día de hoxe no seu traballo segue a publicar software libre.

GNOME manterá o nivel 100% de tradución ao galego na versión 3.22

Logotipo GNOME en galego

O equipo de tradución a Galego para o proxecto GNOME manterá o nivel 100% de traducións para a seguinte versión, a 3.22 aínda en desenvolvemento. Deste modo o equipo galego de tradución de GNOME seguirá a manter o nivel acadado na anterior release do célebre contorno de escritorio.

O estado actual da tradución pódese seguir na páxina de estado do equipo de internacionalización para o proxecto GNOME. Segundo amosa o resumo do equipo galego de tradución de GNOME séguense os esforzos por continuares co gran traballo de tradución, xa que manteñen o nivel de tradución da interface no 100% ao galego incluíndo os novos aplicativos do contorno de escritorio, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados polo Proxecto Trasno.

O equipo de tradución, coordinado por Fran Dieguez, está formado por un total de nove membros con diferentes niveis de dedicación. Lémbrase que o equipo de tradución sempre está aberto á axuda e participación dos interesados en botar unha man e colaborar na revisión e actualización da documentación base dos aplicativos. Neste senso, o equipo galego de tradución de GNOME conta cunha serie de manuais de introdución aos procedementos de tradución de GNOME para orientar aos novos colaboradores.

Obradoiro de construción dunha impresora 3D

A asociación xeoPesca realizará un obradoiro de montaxe dunha impresora 3D o vindeiro domingo 25 de Setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela).Cartel obradoiro impresora 3D

O obradoiro consisitirá en construir unha impresora DELTA, exactamente a Kossel que ten lincenza GPL, da que se pode consultar mais información no seu repositorio.

A inscrición no obradoiro, no que tamén colabora Recuncho Maker, é de balde e pode realizarse a través deste formulario.

Presentación da Maker Faire de Galicia

Maker Faire de GaliciaO pasado día 6 de Setembro a concelleira de Turismo do concello de Santiago fixo a presentación oficial da Maker Faire de Galicia.

En outubro de 2015 celebrouse a primeira Maker Faire da historia de Galicia en Santiago de Compostela, no centro comercial Área Central. Desta volta, a Maker Faire de Galicia celebrarase os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos.

A Compostela Maker Faire convértese neste ano, na súa segunda edición, na Maker Faire Galicia, co obxectivo de, como xa comentabamos en Xullo, converterse nun evento anual que sirva de punto de encontro para a comunidade creadora, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa.

Entrevista con Vreixo González, gañador da edición 2014 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre

Foto de Vreixo González"Penso que o desenvolvemento de software libre me axudou de cara a ter un repositorio público no que poder ensinar todo o meu código e así poder mostrar os meus coñecementos."

Vreixo González é o protagonista de hoxe da nosa serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Vreixo foi o gañador da edición 2014 grazas a súa colaboración co proxecto de software libre OpenTripPlanner. Na entrevista, Vreixo cóntanos como a día se hoxe segue vencellado a este proxecto, colaborando, e como o seu desenvolvemento potenciou á comunidade do mesmo.

Incentivos para Open Data na Educación en Irlanda do Norte

Logo do departamento de finanzas de Irlanda do NorteFacémonos eco dunha nova recentemente enlazada no Observatorio Europeo do programa para a Interoperabilidade de Solucións para as Administracións Públicas. O chamado Desafío OpenDataNI e unha iniciativa do estado de Irlanda do Norte para promover o uso de estándares abertos na consolidación de ferramentas que empreguen os datos publicados polo OpenDataNI.

O OpenDataNI é unha iniciativa do goberno norteirlandés para promover e mellorar as capacidades dixitais non só a través do empuxe das administracións do goberno senón tamén a través da implicación das compañías locais, o que pode ser o equivalente ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia encadrado a nivel europeo na Estratexia “Europa 2020” .

Pax. 11 de 327« Primeiro...910111213...203040...Último »

Pin It on Pinterest