Actualidade

Un total de 106 resultado(s) para Administración pública

O Centro Ramón Piñeiro publica novas ferramentas web con licenzas libres

Nun acto celebrado no Clube Internacional de Prensa de Santiago, e no que interviu o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades presentou a nova versión do CORGA, o Corpus de Referencia do Galego Actual, alén de novas ferramentas web que permiten aproveitar estes desenvolvementos.

O CORGA consiste nun corpus de documentos en formato electrónico no que están representados os diferentes tipos de textos (xornalísticos, divulgativos, literarios, etc.) da lingua galega actual, desde 1975 ata a actualidade. Entre os principais avances que incorpora esta última versión do CORGA atópase o desenvolvemento do Etiquetador / Lematizador do Galego Actual (XIADA), que engade información gramatical sobre as palabras e un sistema de busca por palabra moito máis avanzada. Os outros dous recursos lingüísticos que se proporcionan son a lista completa de formas ortográficas diferentes (386.000) presentes no CORGA, xunto coa súa frecuencia de ocorrencias e unha ferramenta que achega diversa información sobre cada palabra.

A lista completa das formas ortográficas pode obterse cunha licenza libre, a LGPL e, asemade, as buscas realizadas a través do CORGA tamén son libres, se ben e necesario rexistrarse (de forma totalmente gratuíta) para obter un usuario e contrasinal.

Ademais, tamén está previsto que en setembro se libere o corpus etiquetado, que distingue case 260 mil formas gráficas e máis de 300 mil elementos gramaticais…

O CENATIC acaba de liberar a primeira versión estábel do software de xestión para ONG

O software, chamado GONG, foi lanzado polo CENATIC en febreiro de 2008 e presentado posteriormente na OSWC de Málaga ’08, no mes de outubro.

Esta primeira versión é a 0.93 e atópase dispoñíbel en español, catalán e inglés. Ademais inclúe un novo instalador que simplifica bastante o proceso de instalación.

Todas aquelas persoas que estean interesadas, poden descargar GONG desde o repositorio do proxecto na forxa do CENATIC: http://forja.cenatic.es/news/?group_id=76 ou desde a seguinte ligazón.

Os elementos de xestión principal da ferramenta son os proxectos, socios, recursos humanos, provedores, contactos, Administración financeira e cadro de ordes…

Os funcionarios do concello de Lalín reciben formación en OpenOffice.org

OpenOffice.orgVisto na "Gaceta Tecnológica":
"Todos os traballadores do concello de Lalín pasarán pola sala de informática do auditorio onde recibirán un curso de 20 horas de formación en OpenOffice.org, para adaptárense ás novas ferramentas informáticas. Isto é o primeiro paso para levar a cabo, o proxecto anunciado polo alcalde José Crespo o pasado mes de abril, de migrar os equipos de consistorio paulatinamente a programas de software libre, coa finalidade de conseguirlle un aforro importante ás arcas municipais polo custo de licenzas que poida repercutir no propio concello.

Este proceso de renovación informática está a ser realizado pola empresa Ofitiendas e a súa aposta por programas de filosofía de código aberto, segundo Crespo, vén avalada pola opinión dos técnicos que traballan no proceso e que apoian a súa calidade.

O Concello de Lugo celebra o Día de Internet con computadores preinstalados con Galinux

A iniciativa enmarcada no programa "Eu Conecto" promoverá o uso de aplicativos libres, entre outras actividades

Día de InternetA Concellería de Servizos Xerais de Lugo organiza mañá, día 14 de maio, o programa de actividades previsto na cidade con motivo da celebración do Día Mundial de Internet o vindeiro 17 de maio -coincidente por outra banda, coa celebración do Día das Letras Galegas na nosa terra.

Mancomún colaborará coa iniciativa local achegando o seu completo sistema operativo libre, Galinux, que será preinstalado en todos os equipos habilitados para a realización dos obradoiros. Asemade, distribuiranse gratuitamente exemplares do Galinux entre todos os participantes na xornada.

A cita terá lugar na planta baixa da Praza de Abastos de Lugo entre as dez da mañá e as oito do serán, horas nas que se sucederán os obradoiros previstos: Facebook, You Tube, Skype e Google. Ademais, haberá actividades paralelas como a exposición A Historia de Internet, que constará de 16 paneis con imaxes e textos explicativos, desde os anos 50 ata a actualidade, narrando a historia da rede de redes a nivel mundial. Por outra banda, haberá un espazo de ocio con dúas zonas de xogo e todos os participantes entrarán no sorteo dun computador.

A empresa galega SIXTEMA desenvolve o Noticiario Ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía

O pasado día 25 de abril, a Sociedade Galega de Ornitoloxía  presentou o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, un Sistema de Información Xeográfica (SIX) para o avistamento de aves, desenvolvido pola empresa galega Sixtema. A principal novidade que achega esta ferramenta é a aplicación dos SIX ao campo da ornitoloxía co valor engadido de facelo empregando software libre adaptado por unha empresa galega.

Noticiario ornitolóxico

No acto de presentación, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou o interese xeral deste tipo de ferramentas, que permiten achegarse a un elevado número de usuarios, e serven para difundir a riqueza ambiental e de biodiversidade coa que conta a comunidade galega.

Mancomún promoverá o uso do galego no eido das novas tecnoloxías na cidade da Coruña

A campaña “O galego medra contigo” habilitará un espazo expositivo dedicado ás novas tecnoloxías, no que o protagonista será o Galinux

Mancomún promoverá o uso do galego nas novas tecnoloxías no marco da campaña “O galego medra contigo”, que arranca este sábado día 2 no Concello da Coruña. Esta actividade, organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña, busca promocionar o uso da lingua galega nos distintos ámbitos socioculturais cunha carpa móbil que percorrerá diferentes barrios da cidade herculina durante o mes de maio e comezos de xuño, con motivo das celebracións do Día das Letras Galegas.

A iniciativa despregará un amplo programa de actividades, onde se mesturarán xogos, música e monicreques para os máis pequenos, con espazos expositivos de materiais en galego procedentes dos campos máis diversos, entre eles, o das novas tecnoloxías.

Esta sección tecnolóxica correrá a cargo de Mancomún, quen achegará todo o seu material promocional do sistema operativo libre e en galego, Galinux, así como uns 1.000 exemplares deste para a súa distribución gratuíta entre os asistentes. Aínda que o Galinux foi escollido neste ocasión como o produto máis adecuado para exemplificar o uso do galego nas novas tecnoloxías, son moitos outros os proxectos que Mancomún está a desenvolver no campo da localización e, concretamente, na promoción do uso galego nun eido como é o da innovación tecnolóxica: Manual de Localización, glosario de termos, coordinación da tradución de diversos aplicativos libres (OpenOffice.org, aplicativos Mozilla…)

Pax. 11 de 11« Primeiro...7891011

Pin It on Pinterest