Actualidade

Un total de 3258 resultado(s) para Outras novas

Publicación do listado de aplicacións destacadas do CTT para o primeiro semestre do 2016

Logotipo CTTO Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT) vén de publicar o listado de solucións dispoñibles destacadas do primeiro semestre de este ano. O listado fai referencia as solucións máis consultadas e tamén as solucións máis descargadas.

Dentro das solucións tecnolóxicas publicadas no CTT máis consultadas, destacan as solucións de validación e verificación de fimas e identidades electrónicas como son Plataforma de validación de firma electrónica @firma, o Cliente de firma electrónica de @firma e a CL@ve: Plataforma de intermediación de identidades electrónicas.

As outras destacadas son as solucións liberadas relacionadas coa xestión de documentos como FACE – Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas de la AGE, a Sustitución de Certificados en papel ou SIR – Sistema de Interconexión de Registros.  

Emapic, aplicación de Software Libre para a realización de enquisas xeolocalizadas

Logo EmapicEmapic é unha aplicación desenvolvida polo Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña (CartoLab), e que permite a realización de enquisas xeolocalizadas, é dicir, que ademais do resultado propio das enquisas podemos saber tamén dende que lugar foron contestadas.

A aplicación naceu como resposta á inquietude deste grupo de investigación sobre a posibilidade de poñer calquera cousa nun mapa, incluso emocións, así por exemplo a primeira enquisa rexistrada era un mapa da felicidade.

A potencialidade de unir as enquisas coas tecnoloxías de información xeográfica, en palabras de Alberto Varela, profesor responsable deste grupo de investigación, "pode ser de utilidade en diversos aspectos como en temas de participación cidadá, en estudos de mercado a calquera escala ou practicamente en calquera tipo de análise".

Entrevista con Iago Suárez, gañador da edición 2015 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Foto Iago Suárez"Dende a miña experiencia recoméndolles a todos os estudantes que publiquen o seu software baixo unha licenza libre, xa que isto supón un impulso á comunidade e ademais posibilita que se poida recoñecer o traballo realizado mediante premios coma este".

Nova entrega da serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Hoxe publicamos a entrevista feita a Iago Suárez, gañador da edición do pasado ano co proxecto Ancoweb, unha aplicación web para a análise do comportamento humano en zoas transitadas.

O Proxecto Abalar emprega a solución libre EPOPTES para a xestión de aulas

Logotipo Proxecto AbalarSeguindo a traza doutras administracións públicas, o Proxecto Abalar emprega dende o pasado curso académico a solución de xestión remota de equipos EPOPTES para as aulas dos centros públicos pertencentes á CCeOU e que se encontran adscritos ao mesmo Proxecto Abalar, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obradoiro de iniciación a Arduino

A asociación xeoPesca realizará un obradoiro de iniciación a Arduino o vindeiro venres 23 de Setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela). Este obradoiro completa un fin de semana dedicado á cultura maker, xa que o domingo 25 haberá tamén un obradoiro sobre impresoras 3D.

Obradoiro Arduino

O obradoiro consistirá en coñecer as estructuras básicas de Arduino así como nunha serie de exercicios prácticos. A inscrición no obradoiro, no que tamén colabora Recuncho Maker, é de balde e pode realizarse a través deste formulario.

Entrevista con José Millán, gañador da edición 2012 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Foto José Millán"Creo que a miña participación do premio me axudou, ao permitirme desenvolverme con soltura nos fluxos de traballo habituais no Software Libre."

Nova entrega da serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Hoxe publicamos a feita a José Millán, gañador da edición de 2012, cun proxecto de colaboración con KDE, mellorando a accesibilidade das aplicacións. José levaba xa tempo vencellado ao software libre antes de participar no premio, colaborando en diversas actividades dentro da Asociación GPUL.

O exercito italiano move os seus primeiros 8000 ordenadores a LibreOffice

Logo do proxecto de migración LibreDifesaO exercito italiano acaba de comenzar a implantación de LibreOffice nos equipos de traballo baixo e seu control. Trátanse dos primeiros 8000 computadores nos que o software de código aberto substituirá á anterior suite ofimática.

Durante os vindeiros catro anos, o proxecto LibreDifesa pretende migrar todos os 100.000 postos de traballos dos militares italianos a LibreOffice. Esta acción converteríase de feito na transición a software libre máis grande feita por calquera das administracións estatais dentro da Unión Europea. Co proxecto LibreDifesa o goberno italiano estima un aforro en custos de licenza de entre 26 a 29 millóns de euros.

Publicado o programa completo do Maker Faire Galicia 2016

Durante o dia de onte anunciouse a programación completa da Maker Faire Galicia 2016. A xuntanza maker terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro. O detalle completo pode atoparse na propia web do evento mais os medios xa están a facerse eco do mesmo, como é o caso da publicación especializada CódigoCero onde se fala tamén do detalle do programa.

Programa de Maker Faire de Galicia

Entrevista con Sabela Ramos, gañadora da edición 2009 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre

Foto de Sabela Ramos"Recomendaríalles aos alumnos, non só que fixesen o PFC con Software Libre, senón que aproveitasen para facer as súas achegas a distintos proxectos e publicar os seus traballos".

Sabela Ramos protagoniza esta seguinte entrega da nosa serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Sabela foi a gañadora da edición 2009 cun proxecto que a día de hoxe está integrado no proxecto de software libre MPJ Express. Na súa entrevista cóntanos como a raíz do proxecto se interesou máis polo software libre e como a día de hoxe no seu traballo segue a publicar software libre.

GNOME manterá o nivel 100% de tradución ao galego na versión 3.22

Logotipo GNOME en galego

O equipo de tradución a Galego para o proxecto GNOME manterá o nivel 100% de traducións para a seguinte versión, a 3.22 aínda en desenvolvemento. Deste modo o equipo galego de tradución de GNOME seguirá a manter o nivel acadado na anterior release do célebre contorno de escritorio.

O estado actual da tradución pódese seguir na páxina de estado do equipo de internacionalización para o proxecto GNOME. Segundo amosa o resumo do equipo galego de tradución de GNOME séguense os esforzos por continuares co gran traballo de tradución, xa que manteñen o nivel de tradución da interface no 100% ao galego incluíndo os novos aplicativos do contorno de escritorio, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados polo Proxecto Trasno.

O equipo de tradución, coordinado por Fran Dieguez, está formado por un total de nove membros con diferentes niveis de dedicación. Lémbrase que o equipo de tradución sempre está aberto á axuda e participación dos interesados en botar unha man e colaborar na revisión e actualización da documentación base dos aplicativos. Neste senso, o equipo galego de tradución de GNOME conta cunha serie de manuais de introdución aos procedementos de tradución de GNOME para orientar aos novos colaboradores.

Pax. 10 de 326« Primeiro...89101112...203040...Último »

Pin It on Pinterest